Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.104

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE MADRID (SALA DO SOCIAL-SECCIÓN CUARTA)

EDICTO (289/2001).

Ana López-Medel Bascones, secretaria da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, sección cuarta, fago saber que nesta sala se segue o recurso de casación para a unificación de doutrina número 289/2001, interposto por María Dolores Álvarez González e outros, contra Grupo Empresarial Ence, S.A. e outros, foi dictada a seguinte resolución:

«R.C.U.D. número 289/2001, R.S. número 3028/2001, autos número 446/1998, M-4.

Cédula de notificación e emprazamento.

No recurso de casación para a unificación de doutrina á marxe referenciada, interposto pola parte demandada, Grupo Empresarial Ence, S.A. e sendo parte recorrida María Dolores Álvarez González e outros, o Ministerio Fiscal, dictouse a seguinte:

Providencia:

Luelmo Millán, Presidente.

Gilolmo López.

Ureste García.

En Madrid o 9 de maio de 2002.

Tense por preparado en tempo e forma pola parte demandada no procedemento recurso de casación para a unificación de doutrina, contra a sentencia dictada neste proceso. Iníciese peza separada co escrito de preparación do citado recurso. E segundo o establecido no artigo 206 da vixente Lei de procedemento laboral, emprácense as partes para que comparezan persoalmente ou por medio de avogado ou representante ante a Sala do Social do Tribunal Supremo para usar do seu dereito no prazo de quince días hábiles e no prazo de vinte días proceda a interpoñe-lo recurso, contados ámbolos prazos desde a data de notificación desta cédula, e, verificado, remítanse as actuacións dentro dos cinco días seguintes ó do emprazamento con atento oficio ó dito alto tribunal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Na súa virtude, para que lle sirva de notificación e emprazamento á parte a quen por medio desta cédula emprazo para que no prazo de quince días compareza ante a Sala do Social do Tribunal Supremo a facer uso do seu dereito en mérito do recurso de casación interposto, expido a presente en Madrid e coa mesma data da resolución dictada. O secretario. Rubricado».

E para que lles sirva de notificación a José L. Santiago Rodríguez, herdeiros de Miguel Barragas Lorenzo, Isabel Fernández Moldes, José Graña Capelo, José Juncal Solla, Juan Jorge Oller Sibina, Antonio Manuel Pallarés Abela, Alfredo Mariano Rivas Beltrán, Víctor Luis Urtázar Pazos, Adolfo Luis Vázquez Martínez e José Luis Salgado Boo, actualmente en domicilio descoñecido ou ignorado paradoiro, expido e asino a presente en Madrid o 12 de xuño de 2002.

O secretario

Rubricado