Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.096

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Neg Micón Eólica, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Neg Micón Eólica, S.A. (código 2700872), da provincia de Lugo, asinado o día 20 de marzo de 2002, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 22 de marzo de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo ano 2002

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo regula as relacións e condicións de traballo entre a empresa Neg Micón Eólica, S.A. e o seu persoal do centro de traballo de Chavín (Viveiro).

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Afecta este convenio a tódolos traballadores da empresa que prestan o seus servicios no centro de traballo de Chavín (Viveiro), así como os que ingresen neste con posterioridade.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este convenio subscríbese desde o día 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro de 2002, con independencia da súa publicación no BOP ou DOG.

Artigo 4º.-Comisión de interpretación e vixilancia.

Co obxecto de velar polo cumprimento do convenio nos termos pactados e dirimir cantas cuestións suscite a súa aplicación créase a presente comisión, composta por dous representantes dos/as traballadores/as e dous representantes da empresa.

Artigo 5º.-Denuncia.

O convenio considerarase denunciado automaticamente ó remate da súa vixencia, acordando as partes xuntarse no prazo de dous meses para inicia-las negociacións.

Artigo 6º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será a que figure no convenio laboral do sector siderometal da provincia de Lugo.

Artigo 7º.-Traballo en réxime de quendas.

A xornada laboral en réxime de quendas será de 8 horas continuadas, cun descanso de 30 minutos, considerado como tempo efectivo de traballo, non recuperable.

Artigo 8º.-Vacacións.

Para o persoal que permanecese de alta na empresa durante todo ó ano, as vacacións serán de 22 días laborais, pactadas entre a empresa e o traballador.

Para traballadores que estean de alta na empresa por un período inferior o ano, farase un cálculo proporcional ós día naturais que estea de alta na empresa.

Nos períodos vacacionais, o salario incluirá: salario base, complemento de compensación, complemento de asistencia e complemento de transporte.

Artigo 9º.-Permisos retribuídos.

Como complemento ó reflectido no convenio laboral do sector siderometal de Lugo, os traballadores terán permisos retribuídos por:

Para asistencia á consulta do médico de cabeceira, sempre que sexa xustificada, e cun máximo de 24 horas ó ano.

Para acudir a especialistas médicos con volante ou xustificante.

Artigo 10º.-Permisos non retribuídos.

Por asuntos propios, os traballadores podar coller dous días de permiso non retribuído anualmente,

este permiso deberá ser aceptado e comunicado á empresa, cunha antelación cando menos de 24 horas.

Artigo 11º.-Complemento por IT.

En caso de IT derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional, a empresa cubrirá ata o 100% da base reguladora, entendido desde o primeiro día que se dean estes casos de incapacidade.

En caso de IT derivada de accidente non laboral ou enfermidade común, a paga da base reguladora quedará cuberta como segue:

Do día 1 ó día 21: 60% da base reguladora.

Do día 22 ó día 90: 90% da base reguladora.

Do día 91 en diante: 100% da base reguladora.

Artigo 12º.-Préstamos.

Para préstamos a traballadores, a empresa crea o seguinte marco, segundo as condicións que figuran no convenio laboral do sector siderometal da provincia de Lugo, aplicable a traballadores con contrato indefinido, e logo de acordo de concesión entre taballador e empresa:

Contía do préstamo por traballador: 15% do soldo bruto anual, cun máximo de 3.000 euros.

Prazo máximo devolución: 12 mensualidades.

Período sen dereito a préstamo: 6 meses desde a última devolución dun préstamo anterior.

Artigo 13º.-Seguro colectivo.

En caso de morte, incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional, terá unha indemnización de 30.100 euros.

Artigo 14º.-Condición máis beneficiosa.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas, que, a título persoal, puidese posuír calquera traballador afectado por este convenio.

Artigo 15º.-Convenio siderometal.

As condicións reflectidas neste convenio nunca podaran ser inferiores a/as recollida/as no convenio provincial de siderometal de Lugo vixente en cada momento. En caso de pactarse, neste último, algunha mellora que supere as recollidas no presente convenio, con indepenccia da vixencia, apliacarase, desde e polo tempo que a mellora subsista e non sexa superada por convenio ou acordo entre as partes.

Artigo 16º.-Táboas salariais.

Por acordo das partes, chégase ó acordo de manter como salarios as seguintes cantidades, as reflectidas na seguinte táboa:

Para traballadores fábrica

Categoría S.B.A.

Oficial 1ª12.000 A

Oficial 2ª11.500 A

Oficial 3ª11.000 A

Categoría S.B.A.

Xefe almacén13.000 A

Almaceneiro11.000 A

Carretilleiro11.000 A

Mozo almacén10.600 A

Axud. c. calidade11.500 A

S.B.A= salario bruto anual mínimo para as categorías aquí reflectidas nas que se recollen os conceptos retributivos seguintes: salario base, complemento asistencia e complemento compensación.

A maiores cobraranse os seguintes conceptos salariais extras:

1. Réxime de quendas (mañá ou tarde): 4 A por día a quenda de mañá ou de tarde.

2. Horas extras normais:

CategoríaPercepción

Oficial 1ª8.5 A

Oficial 2ª8 A

Oficial 3ª7 A

Aplicando a día laborables, incluídos sábados.

3. Horas extras festivas:

CategoríaPercepción

Oficial 1ª9.5 A

Oficial 2ª9 A

Oficial 3ª8.5 A

Aplicando a días festivos e domingos.

4. Desprazamentos a parque:

Horas parque normais: 3 A ata un máximo de 8 horas por día e traballador.

Hora parque extra oficial 1ª: 9 A por encima das 8 horas por hora e traballador.

Hora parque extra oficial 2ª: 8.5 A por encima das 8 horas por hora e traballador.

Hora parque extra oficial 3ª: 8 A por encima das 8 horas por hora e traballador.

5. Desprazamento a parque días festivos.

Oficial 1ª: 10 A por encima das 8 horas por hora e traballador.

Oficial 2ª: 9.5 A por encima das 8 horas por hora e traballador.

Oficial 3ª: 9 A por encima das 8 horas por hora e traballador.

O tempo que se vai considerar é desde a saída da fábrica ata o regreso á fábrica, excluíndo 1,5 horas para a comida se é un día completo.

O xantar será por conta do traballador.

O aloxamento (pensión completa), se fose necesario, será por conta da empresa. O coche será por conta da empresa ou ben pagaranse os quilómetros ó prezo de 0.17 A.

6. Complemento transporte: 50 A/mes.