Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.090

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Sertosa Norte, S.L. (San Cibrao).

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Sertosa Norte, S.L. (San Cibrao) (código 2700701), da provincia de Lugo, asinado o día 20 de febreiro de 2002, pola representación da citada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 4 de marzo de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo da empresa de ámbito local que regula as condicións de traballo na actividade de tráfico interior do porto de Alúmina-Aluminio de San Cibrao

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Territorialmente, este convenio afecta os remolcadores de Sertosa Norte, S.L., con base no porto de Alúmina-Aluminio (Alcoa) en San Cibrao (Lugo).

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Este convenio regula as relacións laborais dos traballadores de Sertosa Norte, S.L., asignados ós remolcadores da base de San Cibrao (Lugo).

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2002 e rematará a súa vixencia o 31 de decembro de 2005.

Rematada a súa vixencia, entenderase denunciado polas partes, segundo establece a lei. O delegado de persoal comprométese a presentarlle á empresa un anteproxecto de novo convenio antes do 31 de decembro de 2005 e as negociacións iniciaranse antes do 15 de xaneiro de 2006.

Os incrementos económicos en cada ano serán:

-Para o ano 2002, segundo as táboas anexas.

-Para o ano 2003, o IPC, resultante ó 31-12-2002.

-Para o ano 2004, o IPC, resultante ó 31-12-2003.

-Para o ano 2.005, o IPC, resultante ó 31-12-2004.

Artigo 4º.-Cláusula de compensación e absorción.

O total das condicións salariais pactadas neste convenio absorberá e compensará, en cómputo anual, calquera mellora parcial que por disposición legal de carácter xeral ou específica para o sector, pactada ou por calquera orixe que fose, que nun futuro se puidese establecer.

Ademais do disposto no parágrafo anterior, a publicación e entrada en vigor de calquera disposición de carácter xeral ou específica para o sector, que mellorase calquera dos temas pactados, non salariais, terá que ser de aplicación no seu contido e regulación sobre o establecido neste convenio.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que a autoridade laboral, facendo uso das súas facultades, non dese a súa aprobación ós pactos deste convenio, este quedaría sen efecto, téndose que proceder á reconsideración do seu articulado.

Artigo 6º.-Cláusula de interpretación.

Co obxecto de velar polo cumprimento do convenio nos termos pactados e dirimir cantas cuestións suscite a súa aplicación, créase a comisión paritaria composta por un representante de cada unha das partes negociadoras. A parte social estará representada polo delegado de persoal. Esta comisión reunirase nun prazo máximo de 15 días por requirimento de cada unha das partes.

Ámbalas partes poderán acudir co seu asesor.

Os acordos da comisión tomaranse por maioría.

En caso de desacordo esta comisión poderá recorrer á xurisdicción competente.

Artigo 7º.-Tripuacións e cardro de persoal.

Os remolcadores con base no porto de San Cibrao, serán tripulados por tres homes para os servicios de remolques de porto e baía, empuxe, atraque e desatraque de buques, e comporanse de: 1 patrón maior de cabotaxe e/ou patrón de cabotaxe, 1 mecánico naval maior e 1 mecamar.

Os equipos sertoganch serán manexados polo mecánico naval maior. Aínda que o actual cadro de persoal é de 14 tripulantes (5 P.M.C., 4 M.N.M. e 5 mecamares), organizándose o traballo segundo as tripulacións fixadas no punto anterior; nun futuro quedarán 12 tripulantes (4 P.M.C./P.C, 4 M.N.M. e 4 mecamares). Neste sentido, a empresa comprométese a non practicar ningún despedimento que teña por causa a reducción das tripulacións, nin o traslado pactado con el afectado, reservando para si, non obstante, a empresa os dereitos para os despedimentos disciplinarios segundo a lei.

Alcánzase o compromiso por parte dos mecamares de cubri-las necesidades operativas da lancha Parrulo cando por calquera circunstancia esta teña asignados dous tripulantes. A elección para cubrir este posto farase por consenso entre estes ou, no seu defecto, por decisión da empresa.

Artigo 8º.-Permutas.

Os tripulantes pertencentes a unha mesma empresa poderán solicitar permuta dos seus respectivos postos, sempre que concorran as seguintes circunstancias:

a) Que desempeñen cargos ou funcións da mesma categoría ou especialidade.

b) Que reúnan ambos a actitude necesaria para o novo destino, pero non soamente desde o punto de vista da súa competencia profesional, senón tamén en razón doutras circunstancias que a empresa poida apreciar.

c) Que se fundamente un motivo xustificado.

d) Que ningún dos permutantes fose sancionado coa perda deste dereito.

Será facultade privativa da empresa acceder ou non ás peticións de permutas, e a resolución que se adopte notificáraselles ós interesados dentro dos 30 días seguintes á recepción da petición.

De consumarse a permuta, o persoal afectado aceptará as modificacións que nas súas remuneracións se puidesen producir.

Artigo 9º.-Traballos diferentes ós da súa categoría.

Non se lle ordenará a ningún traballador a realización de traballos diferentes ós da súa categoría profesional, excepto nos casos en que a xuízo do empresario, para garanti-la organización do traballo e as tripulacións, á seguridade da navegación e ó salvamento de buques, tamén a xuízo do capitán ou patrón polos motivos antes citados.

Artigo 10º.-Traballos de categoría superior.

Todo o persoal destinado a traballos de categoría superior, percibirá os aboamentos que correspondan a esta. Este cambio de categoría non poderá ser dunha duración superior a 3 meses ininterrompidos, debendo o interesado, ó cabo deste tempo, reintegrarse ó seu antigo posto.

No suposto de que o traballo de categoría superior que se vai realizar, esixise un período de tempo maior có sinalado, haberá de proverse definitivamente do cargo superior de acordo co disposto en O.T.E.T.I.P.

O disposto no parágrafo anterior non é aplicable ós casos de substitución por servicio militar, enfermidade ou accidente de traballo ou outros análogos, nos que a substitución poderá comprender todo o tempo que duren as circunstancias que motivaron o cambio.

Artigo 11º.-Traballos especiais.

Teñen a consideración de traballos especiais todos aqueles que non sexan de conducción e de mantemento. Teñen tal consideración os seguintes:

-Secado e pintado de cadeas (completo).

-Secado e pintado de tanques de lastre.

-Encalichado de tanques.

-Picado e pintado de sentinas de máquinas.

-Limpeza do cárter do motor principal.

Pola realización destes traballos, establécese unha compensación económica segundo o anexo 3.

Artigo 12º.-Seguridade e hixiene a bordo.

Co fin de coincidir coa normativa, en canto a seguridade e hixiene no traballo se refire, a empresa, formará un comité de seguridad e hixiene, composto por un representantes da empresa e polo delegado de persoal.

Este comité elaborará o seu propio regulamento e velará polo seu cumprimento.

Cando exista risco grave de accidente de traballo, este comité poderá proporlle ó capitán, patrón ou persoa responsable, a adopción de medidas para evitalo, debendo figura-la proposta no diario de navegación do buque. A empresa comprométese a mellora-las condicións de traballo e seguridade nas manobras de popa con grandes barcos.

Artigo 13º.-Local de vestiarios.

Non será necesario un local de vestiarios xa que os remolcadores están debidamente acondicionados para iso.

Artigo 14º.-Licencias retribuídas.

Tódolos traballadores afectados por este convenio terán dereito a licencia retribuída, logo de aviso e xustificación nos seguintes casos:

a) Por contraer matrimonio: 16 días naturais.

b) Parto de esposa, enfermidade grave ou morte do cónxuxe, enfermidade grave de fillos ou pais: 3 días naturais.

En caso de desprazamento superior a 100 km: 5 días naturais.

c) Por morte de fillos, pais, pais políticos, netos, avós ou irmáns: 3 días naturais.

d) Por matrimonio de fillos ou irmáns: 1 día natural.

e) Polo tempo necesario por ser citado a xuízo, como testemuña, como parte demandante ou demandada.

f) Por morte de tíos, sobriños, cuñados e avós políticos: 1 día natural.

g) Polo tempo necesario para ou desempeño de cargo público ou institucional, logo de aviso. De acordo co artigo 37.3º d) do Estatuto dos traballadores.

Os traballadores comprométense a supli-las ausencias que por dereito poidan pertencer ó traballador, devengando retribución extraordinaria o traballador que faga a substitución a requirimento da empresa; nos demais casos, non se devengará ningunha cantidade.

Enténdese como traballos extras en tempo libre aqueles traballos realizados por solicitude da empresa cando o traballador está libre, así como os de retén, despois das 12 horas, sempre que non sexan para manobras ou forza maior.

-Para suplir un compañeiro: salario hora (táboas salariais).

-Para facer traballos: horas extras (segundo táboas salariais).

Artigo 15º.-Xornada laboral.

Debido a ter que distinguir entre traballo efectivo e as horas de presencia por permanencia a bordo, expectativas, servicios de garda, avarías, etc., ámbalas partes, de mutuo acordo, conveñen que, debido ás especiais circunstancias do traballo a bordo dos remolcadores da base de San Cibrao, a xornada de traballo nos tres remolcadores será a que seguidamente se describe e queda resumida no cadro de traballo adxunto (anexo 1), que se confecciona a petición do persoal para así evitar maiores gastos en desprazamento:

a) Garda-retén-libre-libre, en período non vacacional.

b) Garga-retén-libre, en período vacacional, sen devengo de máis retribucións.

Garda: efectuarase no primeiro remolcador desde as 8 horas dun día ata as 8 horas do día seguinte.

Retén: efectuarase desde as 8 horas ata as 8 horas do seguinte. Desde as 8 horas ata as 12 horas efectuarase o mantemento, de luns a venres, no remolcador que dispoña a empresa. Este traballo de mantemento non se efectuará os sábados, domingos, días festivos e en época vacacional. Das 12 horas en diante o persoal estará perfectamente localizable.

Durante o 1º día libre en época non vacacional e o día libre en vacacional, o persoal atenderá os servicios que xurdan para o terceiro remolcador, polo que percibirán os seguintes emolumentos.

-1.039,75 euros/mes, para os 4 patróns: 259,94 euros/mes por cada patrón

-1.009,70 euros/mes, para os 4 mecánicos: 252,43 euros/mes por cada mecánico.

-889,50 euros/mes, para os 4 mecamares: 222,37 euros/mes por mecamar.

Estas cantidades globais están calculadas segundo 10±1 manobras mes en cómputo anual e dunha duración aproximada de 3±1 horas.

Estas cantidades serán incrementadas durante a vixencia deste convenio, na mesma proporción cós salarios de acordo co establecido no artigo 3º.

Así mesmo, serán revisables o un de xaneiro de cada ano, en función das manobras realizadas o ano anterior, ben á alza se se superasen as 10 manobras de media ou ben á baixa se non se chegase á media de 7 manobras.

As horas por prestación de servicios que excedan das 8 h. Do segundo día libre pagaránselle ó tripulante ó valor de salario/hora.

Artigo 16º.-Vacacións.

As vacacións serán de 30 días naturais ó ano. O período de desfrute será entre os meses de xuño e setembro (ambos incluídos). Os traballadores están obrigados á realización dos traballos derivados da substitución por vacacións do resto dos traballadores sen percepción de máis retribucións.

Artigo 17º.-Axudas por fillos minusválidos, físicos ou psíquicos.

Os traballadores con fillos minusválidos, percibirán a cantidade de 45,06 euros/mes por cada fillo minusválido.

Artigo 18º.-Exercicio do cargo sindical.

A designación para un cargo sindical, faculta o seu titular a exercer libremente mentres dure o seu mandato.

Artigo 19º.-Lugar de reunión.

O lugar de reunión será o centro de traballo, ou sexa, calquera dos tres remolcadores que compoñen a flota.

Artigo 20º.-Reserva de horas para asuntos sindicais.

O representante sindical disporá dunha reserva de horas, segundo a lei, das que poderá facer uso nos seguintes casos:

a) Asistencia a congresos, asembleas, consellos e, en xeral, a calquera clase de reunión que fose convocado pola súa central sindical.

b) Participación en seminarios, cursos de actividades de carácter formativo pola central sindical a que pertenzan.

c) Actos de xestión que teña que realizar por encarga da súa central sindical ou por razón das súas obrigas específicas.

Se na empresa houbese máis dun delegado, non se poderán acumular horas de reserva entre delegados.

Non se incluirá no cómputo de horas, o tempo empregado en actuacións ou reunións levadas a cabo por iniciativa do empresario, a participación en órganos de colaboración, convenios ou outros semellantes.

Artigo 21º.-Dereitos e funciósn de delegados de persoal.

a) Cando o delegado de personal actúe en representación dos traballadores, considerando que está en comisión de servicio, percibirá o salario como se estivese traballando, por ter que negociar convenios ou calquera outro motivo que afecte os traballadores e a empresa conxuntamente.

b) Ningún delegado de persoal poderá ser trasladado do seu centro de traballo, excepto ós remolcadores que teñan a súa base no porto de Alúmina-Aluminio, San Cibrao.

c) Asegura-lo compromiso de normas laborais, seguridade e hixiene.

d) Exercerá o control, sobre as horas extraordinarias solicitadas pola empresa, así como a distribución equitativa destas.

e) Vixiará que se cumpran os períodos de embarque e vacacións previstos.

f) Respecto á utilización dos servicios da empresa, tales como máquinas de escribir, teléfono, etc., serán a cargo da empresa sempre que a súa utilización afecte ás dúas partes. Cando sexan exclusivamente de carácter sindical, serán a cargo dos traballadores.

g) Ser informado de cantas medidas afecten directamente ós traballadores, especialmente as que se puidesen adoptar sobre:

-Reestructuración de novos sistemas de traballo ou incentivos.

-Novas construccións ou vendas das actuais.

h) As medidas disciplinarias que impoñerá a empresa ou os seus representantes a calquera traballador, se se estimasen moi graves, deberán ser postas en coñecemento do delegado de persoal, que, por escrito, terá que emiti-la súa opinión dentro das 48 horas seguintes á comunicación da empresa ó propio delegado.

i) A empresa facilitará información sobre a situación e marcha da empresa.

l) Proporlle á empresa cantas medidas considere acertadas en materia de organización da producción ou melloras técnicas.

Artigo 22º.-Dereito de asemblea.

Os tripulantes poderán exerce-lo seu dereito de reunión logo de aviso á empresa con dous días de antelación, acordando con esta as medidas oportunas para que a citada reunión non interrompa o traballo.

Artigo 23º.-Saídas ó mar.

Considéranse saídas ó mar as navegacións fóra dos límites do tráfico interior de portos, por norma xeral estas saídas serán realizadas pola tripulación de garda e en caso necesario a de retén. As remuneracións polo dito concepto serán as seguintes:

Para salvamentos, auxilios e remolques do mar a porto, redactouse un documento específico que regula os compromisos e retribucións concretas para estes servicios especiais, así como a distribución do premio entre a tripulación. Este documento ten vixencia indefinida e non entra neste convenio.

No caso de remolques contratados de porto a porto o persoal interveniente, percibirá os seguintes emolumentos:

a) O 10% do valor total que cobre a empresa, que se repartirá de acordo coa puntuación establecida para os salvamentos.

b) Tamén se percibirá, en concepto de saídas ó mar, o aboamento de pesetas, segundo o anexo 2 por día navegado, sendo reducido á metade cando a navegación sexa menor de 12 horas.

O persoal que quede en porto e efectúe os servicios que xurdan devengará unha retribución equivalente a 8 horas de presencia, no seu día libre, por cubri-las ausencias por estas saídas ó mar. Se a garda que cobre estas ausencias é a de retén, cobrará as horas realizadas, ata un máximo de 8 horas de presencia. En caso de realizarse unha segunda ou máis manobras no mesmo día, o tope antes mencionado será de 12 horas de presencia.

As saídas por varadas, reparacións, tomas de combustible e en xeral todas aquelas que non teñan carácter comercial, non se considerarán como saídas ó mar.

Enténdese, polo tanto, que cando se sae ó mar só quedan en porto dous gardas na situación garda-libre.

Artigo 24º.-Viajes e axudas de custo.

Os gastos de viaxe serán por conta da empresa, os cales serán aboados, logo de presentación dos xustificantes de gastos.

Artigo 25º.-Manutención.

As cantidades por tal concepto serán as que figuran na táboa salarial, segundo o anexo 2, por mes.

Ningún tripulante está obrigado a efectua-los labores de cociñeiro estando o remolcador en porto. No caso de saídas ó mar, os citados labores serán realizados polo mecamar de garda.

Artigo 26º.-Pagas extras.

As pagas extras serán dúas ó ano, consistindo cada unha delas en salario base, horas de presencia, complemento 3º remolcador, manutención mes + complemento ad personam. Enténdese que este complemento ad personam, só será percibido polo persoal fixo o 1-1-1999. Estas pagas faranse efectivas nos meses de xullo e decembro.

Artigo 27º.-Perda de equipaxe.

En caso de perda de equipaxe por naufraxio, incendio ou calquera outra causa non imputable ó prexudicado, e que supoña perda total, a empresa aboará como compensación a cantidade de 441,74 euros en porto, e se é en saídas ó mar 1.105,86 euros.

Artigo 28º.-Seguro de vida e accidente.

Establécese un seguro colectivo de vida para falecemento e invalidez permanente total, por calquera causa, por importe de 18.030,36 euros.

Artigo 29º.-Plan de rexuvenecemento do cadro de persoal.

A xubilación será forzosa cando o tripulante mediante a aplicación do correspondente coeficiente reductor alcance o dereito ó 100% da pensión de xubilación.

A indemnización que se recibirá, sempre que se teñan máis de 15 anos de antigüidade na empresa, e o traballador se xubile no mesmo mes en que alcanza o dereito ó 100% da pensión será de:

-Titulados: 15.025,30 euros.

-Subalternos: 12.020,24 euros.

Artigo 30º.-Incapacidade temporal.

No caso de baixa por enfermidade, calquera que sexa a causa da que se derive e durante o tempo que persista, a empresa aboaralles ós seus traballadores enfermos unha compensación complementaria ata o 100% do salario real que será aboado a partir do 5º día.

Se é por accidente de traballo, percibirá unha compensación complementaria ata o 100% do salario real e aboarase desde o primeiro día, así mesmo e por esta causa complementaranse as pagas extras ata o 100% do salario pactado no artigo 26º deste convenio.

Os traballadores comprométense a cubri-las baixas médicas que non superen os dous meses de duración, excepto no caso de que coincidan 2 deles na mesma situación de baixa médica ou 1 en período vacacional. Os traballadores, cando substitúan o enfermo, percibirán por cada día de substitución a cantidade resultante de dividir entre 30 a suma do salario base máis o concepto percibido por horas de presencia. Estas substitucións efectuaranse cando sexa necesario e a xuízo da empresa, como ata agora se vén facendo.

Artigo 31º.-Antigüidade.

A xeración do concepto antigüidade queda conxelado e substituído a partir do 1-1-1999 polo complemento ad personam aplicable só a aqueles traballadores fixos no cadro de persoal na citada data, polo que este complemento non será nunca aplicable ó persoal de nova incorporación, a súa percepción será nas catorce pagas anuais.

O cálculo deste complemento está efectuado tomando o dato económico da antigüidade que cada traballador percibía maila pro rata de tempo que exceda sobre o último trienio percibido.

Artigo 32º.-Aspectos legais.

En todos aqueles aspectos non regulados expresamente por este convenio, aplicarase o previsto nas normas establecidas no acordo substitutorio da ordenanza de tráfico interior de portos, asinada por ANARE, UGT e CC.OO. en Madrid o 10 de xaneiro de 2001, e nas disposicións vixentes de aplicación e nos respectivos contratos.

En proba de conformidade con todo e cada un dos artigos deste convenio colectivo, os comparecentes no concepto que interveñen, asínano a un só efecto en San Cibrao, 20 de febreiro de 2002.

ANEXO 1

CADRO DE TRABALLO MES NON VACACIONAL

Observacións:

-Durante os meses non vacacionais o mantemento dos remolcadores 2º e/ou 3º segundo conveña e designe a empresa, será efectuada polo retén desde as 8 horas ás 12 horas, de luns a venres. Non se efectuará este mantemento os sábados, domingos e festivos, nin durante as vacacións.

-Os servicios que xurdan para o 2º remolcador serán cubertos polo retén.

-Os servicios que xurdan para o 3º remolcador serán cubertos pola garda que está no seu primeiro día libre en mes non vacacional, e no seu día libre en mes vacacional.

-O mantemento que se efectuará no 1º remolcador, será realizado desde as 8 horas ás 13 horas e desde as 15 horas ás 18 horas, de luns a venres. Os sábados o mantemento normal non se efectuará. As horas comprendidas entre as 13 horas e as 15 horas, así como entre as 21 e 22 horas serán necesarias para efectua-las dúas comidas principais, estando estas horas supeditadas ás necesidades dos servicios do porto.

-En caso de que no período comprendido entre as 13 horas e as 15 horas se efectuasen manobras; o horario de comida prorrogarase nesas dúas horas, unha vez efectuadas as manobras.

-Os traballadores afectos a este cadro de traballo, prestarán os seus servicios en gardas de 24 horas de duración cada unha delas, establecéndose as 8 horas da mañá como hora de relevo de cada garda.

ANEXO 2

TÁBOA SALARIAL DA EMPRESA SERTOSA NORTE, S.L. PARA O SEU CENTRO DE REMOLCADORES ALÚMINA-ALUMINIO, SAN CIBRAO, PARA 2002

CONCEPTOSP.M.CP. CABOTAXEM.N. MAIORMECAMAR

SALARIO BASE/MES1.502,531.415,981.412,381.116,68

H. P./MES301,71225,38220,57117,30

CONCEPTOSP.M.CP. CABOTAXEM.N. MAIORMECAMAR

COMPLEM. 3º REMOLC.259,94259,94252,43222,37

MANT./MES143,64143,64143,64143,64

TOTAL MES (*)2.207,822.044,942.092,021.659,99

PAGAS EXTRAS (*)2.207,822.044,942.029,021.659,99

TOTAL ANO (*)30.909,4828.629,1628.406,2823.239,86

Non obstante, os traballadores con salarios superiores ós aquí recollidos, manteranos a título persoal, non aborbéndose nin compensándose estes e incrementándose na porcentaxe que se incrementen os salarios aquí pactados.

COMPLEMENTO DE GARANTÍA AD PERSONAN ANO 2002

TRIPULANTESCOMPLEMENTO AD PERSONAN

MANUEL DUARTE CORDIDO512,66

MARIO PEÑA PEDRE518,07

ENRIQUE REGO BERMÚDEZ419,51

BENIGNO PERNAS GARCÍA183,25

RAMÓN ALONSO GONZÁLEZ348,95

CONSTANTINO VAL PÉREZ476,06

JOSE DOMÍNGUEZ PIQUERAS301,11

JESÚS GARCÍA ÍNSUA275,62

JULIO IGLESIAS ÍNSUA275,62

RICARDO LÓPEZ BASANTA307,96

ANTONIO QUELLE SEIJAS307,96

RETRIBUCIÓN POR SAÍDAS Ó MAR

SAÍDA)12 HSAÍDA'12 H

CATEGORÍAS

P. M. CABOTAXE85,6442,82

P. CABOTAXE79,6339,82

M. N. MAIOR78,9139,46

MECAMAR70,8035,40

ANEXO 3

TRABALLOS ESPECIAIS

SECADO E PINTADO DE CADEAS (COMPLETO)88,95

SECADO E PINTADO DE TANQUES DE LASTRE88,95

ENCALICHADO DE TANQUES88,95

PICADO E PINTADO DE SENTINAS DE MÁQUINA88,95

LIMPEZA DO CÁRTER DO MOTOR PRINCIPAL88,95

SALARIO HORA E HORAS EXTRAS

CATEGORÍAS. HORAH. EXTRA

PATRÓN MAIOR CABOTAXE13,4022,90

PATRÓN DE CABOTAXE12,5621,43

MECÁNICO NAVAL MAIOR11,7219,96

MECAMAR8,5914,60

MINUSVALIDEZ

POR FILLO MINUSVÁLIDO45,08

PERDA DE EQUIPAXE

PERDA DE EQUIPAXE NO MAR1.105,86

PERDA DE EQUIPAXE EN PORTO441,74

SEGUROS

MORTE POR CALQUEIRA CAUSA18.030,36

INVALIDEZ PERMANENTE TOTAL POR CALQUERA CAUSA18.030,36