Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.090

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 219/2002, do 13 de xuño, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra número 200, Plan Operativo Local 2001, Castroverde. Bitueiro-Pena, alargamento e mellora do punto quilométrico 0,00 ó 2,00 (concello de Castroverde).

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión que tivo lugar o día vinteoito de novembro de dous mil un, aprobou o proxecto para a realización da obra nº 200, Plan Operativo Local 2001, Castroverde. Bitueiro-Pena, alargamento e mellora do punto quilométrico 0,00 ó 2,00, e na sesión do vintecinco de febreiro de dous mil dous, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte da Deputación Provincial de Lugo foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día catro de xuño de dous mil dous.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día vinteseis de abril de dous mil dous.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque segundo sinala a deputación trátase dun itinerario provincial cunha sección transversal reducida e cun firme en mal estado, polo que se trata de homoxeneizar cos distintos tramos xa alargados en anteriores actuacións, e evitar deste xeito que os usuarios da vía non se vexan na necesidade de diminuír bruscamente a velocidade co conseguinte risco de graves accidentes.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de xuño de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a

urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución da obra nº 200, Plan Operativo Local 2001, Castroverde. Bitueiro-Pena, alargamento e mellora punto quilométrico 0,00 ó 2,00.

Santiago de Compostela, trece de xuño de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais