Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.098

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Residencia de Anciáns Nuestra Señora del Carmen de Sarria.

Visto o acordo da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Residencia de Anciáns Nuestra Señora del Carmen de Sarria (código 2700762), da provincia de Lugo, asinado o día 14 de febreiro de 2002, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 27 de febreiro de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Acta.

Asistentes:

Pola empresa:

Luis Pardo Fernández (34256996).

Rosa Merino Conde (10537186).

Victoria López Díaz (34252373).

Pola parte social:

Amalia Toirán Armesto (76613676). Representante sindical de CC.OO., 100%.

Luis Anxo Fernández Pena (33832404). Asesor de CC.OO.

En Sarria, ás 17 horas do día 14 de febreiro do ano 2002, xúntanse nos locais da Residencia de Anciáns Nuestra Señora del Carmen de Sarria, as persoas indicadas á marxe, todas elas da comisión negociadora para o persoal da Residencia de Anciáns Nuestra Señora del Carmen de Sarria (Lugo), e despois de ampliar deliberacións adoptan os seguintes acordos:

Primeiro.-Apróbanse as táboas salariais para o ano 2002, co incremento salarial do 2,5 % en tódalas categorías (anexo I).

Segundo.-Para as revisións económicas terase en conta a cláusula de revisión salarial, que garantirá sempre o poder adquisitivo en caso de desviación do IPC.

Terceiro.-Acórdase que todo traballador/a desta residencia poderá desfrutar dun mes sen soldo, con reserva do seu posto de traballo, sempre que haxa motivos excepcionais.

Cuarto.-Acórdase finalmente remitir-las presentes actas e o texto do convenio, xunto cos seus anexos, á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.

E non tendo máis asuntos que tratar, péchase a xuntanza ás 18 horas da data indicada ó comenzo.

Pola empresa: Luis Pardo Fernández. Rosa Merino Conde. Victoria López Díaz. Por CC.OO.: Amalia Toirán Armesto. Luis Anxo Fernández Pena.

ANEXO I

Táboas salariais para o ano 2002

CategoríasSalario

base

Compl. de

asistencia

Compl. de

domingos e fest.

Ptas.APtas.APtas.A

Director196.8351.180,7112.42074,656.33238,06

Xerente196.8351.180,7112.42074,656.33238,06

Médico164.453988,3812.42074,656.33238,06

ATS/DUE132.071793,7612.42074,656.33238,06

Asistente social132.071793,7612.42074,656.33238,06

Fisioterapeuta132.071793,7612.42074,656.33238,06

Terapeuta ocupacional132.071793,7612.42074,656.33238,06

Gobernanta108.864654,2912.42074,656.33238,06

Porteiro-recepcionista104.871630,2912.42074,656.33238,06

Animadora social104.871630,2912.42074,656.33238,06

Auxiliar de clínica104.871630,2912.42074,656.33238,06

Cociñeira104.871630,2912.42074,656.33238,06

Auxiliar administrativo104.871630,2912.42074,656.33238,06

Axudante de cociña98.463591,7712.42074,656.33238,06

Camareira-limpadora98.463591,7712.42074,656.33238,06

Oficios varios98.463591,7712.42074,656.33238,06

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA