Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2002 pola que se declara extinguido o título habilitante para a explotación dun establecemento auxiliar de cultivos mariños no Grove (Pontevedra).

Visto o expediente de caducidade iniciado a Ezequiel Domínguez Bernárdez (DNI 35371662), na condición de titular dunha cetaria, situada en Rons-O Grove (Pontevedra).

A) Feitos.

Primeiro.-Con data do 5-3-2001 a Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo (na actualidade Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos) acordou a incoación do expediente de caducidade do permiso de actividade e concesión polos seguintes motivos, establecidos na Lei 6/1993, de pesca de Galicia:

1. Remate do prazo de vixencia sen solicita-la prórroga (artigo 72 c da mencionada lei).

2. Permanecer sen explotación por un período superior a 24 meses (artigo 72 a).

Segundo.-O acordo de incoación do expediente e o nomeamento do instructor e secretario foille comunicado a Ezequiel Domínguez Bernárdez con data do 20-3-2001.

Terceiro.-O interesado presentou un escrito, con data do 26-3-2001, no que alegaba:

«Que non me foi comunicado ningún aviso de caducidade, e que por problemas de enfermidade de longa duración e pensando que a autorización estaba en regra, non se solicitou nova prórroga».

Cuarto.-Con data do 17 de xullo de 1990 o Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Cambados, en escritura de compravenda xudicial, adxudicara a propiedade desta cetaria a Cielo Alarcón Domínguez.

Quinto.-Con data do 23 de abril de 2001 o instructor propón que se declare a caducidade do establecemento, porque declara probados os feitos que levaron á incoación do expediente de caducidade: 1) remate do prazo de vixencia sen que se solicitara prórroga e 2) cesamento da actividade por un período superior a 24 meses.

Sexto.-A proposta de resolución foille notificada a Ezequiel Domínguez Bernárdez o 27 de abril de 2001.

Sétimo.-Con data do 19 de febreiro de 2002 a Delegación Territorial de Vigo comunica a proposta de resolución a Cielo Alarcón Domínguez, xa que é parte interesada no expediente, para que presente as alegacións que estime oportunas. Transcorrido o prazo, Cielo Alarcón Domínguez non presentou alegacións ó respecto do expediente.

B) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Segundo.-Lei 22/1988, do 29 de xullo, de costas.

Terceiro.-Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o regulamento xeral para o desenvolvemento da Lei de costas.

Cuarto.-Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre.

Quinto.-Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Considerando que o expediente se tramitou de conformidade coa lexislación vixente.

Considerando que con data do 24 de maio de 2002 o Servicio Técnico-Xurídico informou favorablemente sobre el.

Esta consellería, no exercicio das súas atribucións e competencias

RESOLVE:

Extingui-lo título habilitante do establecemento auxiliar de cultivos mariños que a seguir se relaciona:

Tipo: cetaria.

Nome: Ezequiel Domínguez Bernárdez (DNI 35371662).

Especies: crustáceos.

Situación: Rons-O Grove (Pontevedra).

Título habilitante: permiso de actividade e concesión.

Data de outorgamento: 23-6-1971 (BOE nº 175).

Vixencia: 23-7-1991.

Titular: Ezequiel Domínguez Bernárdez (DNI 35371662).

As causas polas que se resolve a extinción son as seguintes:

1. Remate do prazo de vixencia sen solicita-la prórroga (artigo 72 c) da mencionada lei).

2. Permanecer sen explotación por un período superior a 24 meses (artigo 72 a).

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a xurisdicción contencioso-administrativa, ámbolos prazos contaranse desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos