Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador ICA-PO-17/2002-A.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador por infracción do Real decreto 723/1988, do 24 de xuño, polo que se aproba a norma xeral para o control do contido efectivo dos productos alimenticios, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Mario Orjales Pita e secretaria a Ana Belén López Díaz.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 58 da devandita Lei de réxime xurídico das administraciónes públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Concedéselle ó interesado un prazo de quince días para que poida examina-lo expediente, así como formula-las alegacións que estime axeitadas, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, xa que, de non efectua-las alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación poderá ser considerado como proposta de resolución.

Pontevedra, 23 de maio de 2002.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: ICA-PO-17/2002-A.

Denunciado: Estuchados Celta, S.L.

Último enderezo coñecido: Polígono Miraflores, nave 13, VIgo.

Feito denunciado: defecto de calidade.

Data do acordo de incoación: 24-4-2002.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 4.1º e 9.1º do Real decreto 723/1988, do 24 de xuño.

Precepto sancionador: artigo 4.3º.2 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño.

Sanción: de 601,02 euros (100.001 pesetas).