Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.049

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, para a adquisición de mobiliario para as dependencias da delegación territorial desta consellería en Vigo.

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos anuncia a convocatoria de licitación polo sistema de concurso

aberto, polo trámite de urxencia, para a adquisición de mobiliario para as dependencias da delegación territorial desta consellería en Vigo.

Obxecto: adquisición de mobiliario para as dependencias da delegación territorial desta consellería en Vigo.

Orzamento e tipo: cento vinte mil euros (120.000 euros), IVE e outros impostos incluídos.

Prazo de entrega: segundo o prego de prescricións técnicas.

Documentación de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán neste concurso, estarán ó dispor dos licitadores na oficina de rexistro e información da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Santiago de Compostela, San Caetano, bloque 5, así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina; así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1399.

Garantías: deberá consignarse unha garantía provisional do 2% do orzamento de licitación e unha garantía definitiva do 4% do orzamento de adxudicación segundo o disposto nos artigos 35 e 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo e presentación de propostas: as proposicións poderán presentarse en sobres pechados identificados no seu exterior e asinados polo licitador ou persoa que o represente con indicación do nome e apelidos ou razón social da empresa, no rexistro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacións territoriais antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio. Tamén se poderá presentar por correo, debendo xustificar, neste caso, a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá en acto público na sala de xuntas desta consellería en Santiago de Compostela, ás 10 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2002.

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca

e Asuntos Martímos

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS