Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Asociación Provincial de Empresarios de Cine de A Coruña, que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denominará Asociación Gallega de Empresarios de Cine.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou certificación onde se reflicte a modificación estatutaria e os novos estatutos da Asociación Provincial de Empresarios de Cine de A Coruña, que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denominará Asociación Gallega de Empresarios de Cine, cambiando así mesmo o seu ámbito territorial, que pasa a se-lo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a certificación que reflicte a dita modificación estatutaria o secretario, Luis Seoane Seijas, co visto e prace do presidente da asociación.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais