Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.035

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE VIVEIRO

EDICTO (250/2001).

No procedemento de xuízo verbal (desafiuzamento por falta de pagamento) que baixo o número 250/2001, seguido por instanciade Genma Lamparte Río, representada polo procurador Pablo Díaz Lamparte, contra Encarnación Casañs Plazas, que tiña o último domicilio coñecido en r/ Rafael Lobeto, nº 8 (Burela) e na actualidade en paradoiro ignorado por este edicto notifícaselle á demandada Encarnación Casañs Plazas a sentencia recaída nos devanditos autos, co encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia número 63.

En Viveiro o seis de maio de dous mil dous.

Vistos por min, Marta Canales Gantes, os presentes autos de xuízo verbal, rexistrados neste xulgado co número 250/2001, promovidos por Genma Lamparte Río, representada polo procurador Pablo Díaz Lamparte e asistida pola letrada Natalia Pernas Novoa, contra Encarnación Casañs Plazas, en situación procesual de rebeldía, sobre resolución de contrato de arrendamento e reclamación de rendas.

Decido que estimando integramente a demanda interposta polo procurador Pablo Díaz Lamparte, en nome e representación de Genma Lamparte Río, contra Encarnación Casañs Plazas, declarada rebelde:

1. Debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento celebrado entre ámbalas partes o día dez de xullo de dous mil un, ordenándolle á demandada que lle entregue o local de negocio denominado Os Mares á demandante, sito no número 8, baixo, da rúa Rafael Lobeto de Burela, co apercibimento de que noutro caso se procederá ó seu lanzamento.

2. Debo condenar e condeno a Encarnación Casañs Plazas a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.923,24 euros, é dicir, 320.000 pesetas.

Condénoa, de igual forma, a que aboe as rendas que a partir da data desta sentencia venzan e deba, ata a data do efectivo desaloxo da vivenda e entrega dela á demandante.

3. Que debo condenar e condeno a Encarnación Casañs Plazas a que aboe as custas causadas nestes procedemento.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta sentencia, que non produce efectos de cousa xulgada, poderán interpoñer recurso de apelación no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación, que se presentará ante este mesmo xulgado con suxeición ó prevido nos artigos 457 e concordantes da Lei de axuizamento civil.

Fágaselle saber expresamente ó demandado que se desexa recorrer, de conformidade co disposto no artigo 449.1º deberá acreditar por escrito que teñen satisfeitas as rendas vencidas e as que consonte o contrato deba pagar adiantadas.

Así por esta miña sentencia da que se expedirá testemuño para a súa incorporación ós autos, pronúncioo, mándoo e asíno».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Encarnación Casañas Plazas, esténdese este edicto para que lle sirva de notificación a esta.

Viveiro, catorce de maio de dous mil dous.

O/A secretario/a

Rubricado