Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.034

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (199/2001).

Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, da fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo verbal de faltas baixo o número 199/2001, sobre ameazas, nos que recaeu sentencia con encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2002.

José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos estes autos de xuízo verbal de faltas número 199/2001, seguidos neste xulgado sobre ameazas, nos que son partes o denunciante Francisco Javier López Carballo, e os denunciados Miguel A. Borja Silva e José García Jiménez.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Miguel A. Borja Silva e José García Jiménez da falta de ameazas pola que foron denunciados, declarándose de oficio as custas procesuais.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, perante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de notificación ó denunciado Miguel Ángel Borja Silva, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela, catroce de maio de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE VIVEIRO