Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.035

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (48/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este xulgado do social tramitados baixo o número 48/2002, contra a empresa Queixeira de San Miguel, S.L., sobre resolución de contrato, se dictou a seguinte sentencia:

Sentencia. A Coruña, 27 de febreiro de 2002. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 48/2002, seguidos por instancia de Carlos A. Suárez Antelo, Clara Castro Suárez, María Montserrat Villamor Méndez, Magdalena Codesido Vázquez e Jesús Cutrín Tato, maiores de idade, asistidos polo letrado Manuel López Núñez, contra a empresa Queixeira de San Miguel, S.L., que non compareceu no xuízo, sendo o obxecto da reclamación, resolución do contrato.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que estimando a demanda formulada polos demandantes Carlos A. Suárez Antelo, Clara Castro Suárez, María Montserrat Villamor Méndez, Magdalena Codesido Vázquez e Jesús Cutrín Tato, debo declarar e declaro a extinción da relación laboral que unía os demandantes coa empresa Queixeira de San Miguel, S.L., condenando a empresa demandada a estar e pasar por dita declaración e que abone ós actores a seguinte indemnización: a Carlos A. Suárez Antelo, 7.279,76 euros (1.211.250 pesetas); a Clara Castro Suárez, 7.279,76 euros (1.211.250 pesetas); a María Montserrat Villamor Méndez, 4.002,74 euros (666.000 pesetas), a Magdalena Codesido Vázquez, 10.020,37 euros (1.667.250 pesetas) e a Jesús Cutrín Tato, 10.020,37 euros (1.667.250 pesetas).

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá ó anuncialo entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta

de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade co número de conta 5603 clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá no momento de interpo-lo recurso consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación a empresa Queixeira de San Miguel, S.L. mediante a súa publicacióin no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 23 de maio de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado