Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador AG-SA-187/2001-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución dictada no expe

diente en data 17-4-2002, por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto de 4-2-1955, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos no artigo 21 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, de conformidade co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 14 de maio de 2002.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-187/2001-PO.

Denunciado: José Louzao Couto.

Último enderezo coñecido: Obra, 19-Vila de Cruces (Pontevedra).

Feito denunciado: oposición ó saneamento gandeiro.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 209.3º do Decreto 4-2-1955, polo que se aproba o regulamento á Lei de epizootias do 20-12-1952.

Precepto sancionador: artigo 209.3º do Decreto do 4-2-1955, polo que se aproba o Regulamento de epizootias, segundo a actualización das sancións realizada polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio.

Sanción: 210,35 euros (35.000 pesetas).