Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 14 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Valgrande, número 5032.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense dá a coñecer que foi admitida definitivamente a solicitude do permiso de investigación Valgrande nº 5032 de 270 cuadrículas mineiras para recursos sección C, nos concellos de Petín, O Bolo, Manzaneda, A Pobra de Trives e Larouco (Ourense) e Quiroga (Lugo).

A designación do terreo é a seguinte:

Lonxitude Latitude

Vértice 17º 05' 00''42º 22' 20''

Vértice 27º 05' 00''42º 19' 00''

Vértice 37º 14' 00''42º 19' 00''

Vértice 47º 14' 00''42º 22' 20''

O que se fai público, para que, calquera que se considere afectado, interpoña reclamación no prazo de 15 días hábiles, nesta delegación provincial; pasado o prazo non se admitirá oposición ningunha.

Ourense, 14 de mayo de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL