Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2002 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Peña Forcada (modificación número 1). (Expediente 4/1999).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. con domicilio para efectos de notificacións en r/ Betanzos, 1-1º esq., 15004 A Coruña sobre a utilidade pública das instalacións do parque eólico denominado Peña Forcada (modificación nº 1), resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-O 27 de outubro de 1999, Luis María Añíbarro Iglesias, en nome e representación de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. solicitou a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución do parque eólico denominado Peña Forcada. Por consideracións técnicas solicita que se proceda a modifica-lo proxecto inicial, presentando o promotor o dito proxecto modificado o 27 de decembro de 2000, de 33,8 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto, na disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e o Decreto

205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e o Decreto 205/1995, mediante acordo da Delegación Provincial de Industria da Coruña do 22 de marzo de 2001, publicado no Diario Oficial de Galicia do 3-4-2001, no xornal La Voz de Galicia do 3-4-2001, no BOP da Coruña do 10-4-2001 e no taboleiro de anuncios do Concello de Camariñas (A Coruña).

Terceiro.-Durante o período de información pública presentaronse alegacións por Vicente Rivas Negreira e Armando Freire López, as cales foron contempladas na autorización administrativa do citado parque eólico.

Cuarto.-O 23 de novembro de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu

aproba-la declaración de impacto ambiental do citado parque eólico.

Quinto.-O 27 de decembro de 2001, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas resolveu autoriza-la instalación dos equipamentos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución, das que as características básicas son as seguintes:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

Peña ForcadaCamariñasXY

496.0004.777.000

488.0004.777.000

484.0004.779.000

486.0004.782.000

496.0004.782.000

Nº de aeroxeradores: 26.

Potencia unitaria por aeroxerador: 1.300 kW.

Xeradores: Bazán Bonus-1.300 kW.

Potencia total instalada: 33,8 MW.

Producción neta anual estimada: 89.570 MWh/ano.

Investimento previsto: 4.732.000.000 pesetas, 28.439.892,77 A.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-26 aeroxeradores de 1.300 kW de potencia nominal unitaria montados sobre fuste tubular metálico de 60 m de altura.

-26 transformadores, situados no interior dos fustes de 1.600 kVA e tensións de 0,69/20 kV.

-Rede eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV realizada en conductor R.H.V. 12/20 kV 1x240 mm Al para interconexión dos aeroxeradores e estes coa subestación transformadora.

-Subestación transformadora intemperie equipada con transformador de 50 MVA e relación de transformación 20/66 kV, celas de media tensión 20 kV, transformador de servicios auxiliares de 400 kVA e relación 20/0,4 kV, aparellos de medida, protección telemando e telecontrol.

Sexto.-O 14 de decembro de 2001 Luis Ricoy Iriarte, en nome e representación da empresa Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., solicitou a declaración de utilidade pública do parque eólico denominado Peña Forcada (modificación nº 1) de 33,8 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polos decretos 2617/1966, e 2619/1966, do 20 de outubro, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, xa citado.

Sétimo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos artigos 125 e 140 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto

302/2001, mediante acordo da Delegación Provincial de Industria da Coruña, do 3 de xaneiro de 2002, publicado no Diario Oficial de Galicia do 22-1-2002, no BOP da Coruña, do 24-1-2002, no xornal La Voz de Galicia do 24-1-2002 e no taboleiro de anuncios do Concello de Camariñas (A Coruña).

Oitavo.-Durante o período de información pública, presentáronse as seguintes alegacións:

1. María Pérez Pérez alega que ela non é representante dos herdeiros de Manuel Mouzo Pérez.

2. María Mercedes Garia Mazaeda alega un erro na titularidade da finca nº 162 e solicita información correspondente á afección a esta.

Noveno.-O 13 de febreiro de 2002, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, resolveu incluír no réxime especial regulado polo Real decreto 2818/1998 ó parque eólico denominado Peña Forcada (modificación nº 1).

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, Decreto 302/2001, do 25 de outubro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas cabe dici-lo seguinte:

Con respecto a posibles erros na titularidade dos predios afectados pola instalación do proxecto, cabe dicir que a empresa beneficiaria tomará razón deles, non obstante será durante o levantamento de actas, acto ó que serán oportunamente convocados, o momento no que poden demostra-la titularidade dos predios, achegando a documentación acreditativa necesaria; en canto á documentación adicional solicitada por María Mercedes García Mazaeda, esta xa foi facilitada polo promotor.

Terceiro.-O artigo 52 da Lei 54/1997, reguladora do sector eléctrico, declara de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía, cos efectos que se determinan no artigo 54 da mesma norma.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Peña Forcada (modificación nº 1), no municipio de Camariñas (A Coruña) o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da citada data, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

P.D. (Orde do 20 de decembro de 2001)

(DOG nº 250, do 28 de decembro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio