Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.749

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2002 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de subministración de material informático para a Consellería de Industria e Comercio e as súas delegacións provinciais. (Expediente 3/2002 SX).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 3/2002 SX.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: a subministración, instalación e configuración de 44 ordenadores persoais, 4 impresoras láser, 2 servidores, 1 licencia de Dominio Application Server, 2 licencias Dominio Server, 25 licencias de usuario Collaboration e 10 licencias de Office profesional, así como a adquisición do software necesario para o seu funcionamento.

Prazo de execución: trinta días contados desde o día seguinte ó da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación..

Importe total: 99.540,03 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación do contrato (1.990,80 euros)

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 54 48.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que se presentará: a indicada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia: será requisito indispensable para contratar que o empresario xustifique a súa solvencia económico-financeira, de conformidade co artigo 16.1º a) e c) do TRLCAP, mediante calquera dos seguintes medios: informe das institucións financeiras e declaración relativa á cifra de negocios global e das subministracións realizadas pola empresa no curso dos tres últimos exercicios e relacionadas co obxecto do contrato. Se por razóns xustificadas un empresario non pode facilita-las referencias solicitadas, poderá acredita-la súa solvencia económica e financeira por calquera outra documentación considerada suficiente pola Administración.

Así mesmo, a solvencia técnica acreditarase, de conformidade co artigo 18 a) e b) do TRLCAP, mediante unha relación das principais subministracións efectuadas durante os últimos tres anos, indicando o seu importe, datas e destinos públicos e privados, ós que se incorporaran os correspondentes certificados sobre eles, e mediante a descrición do equipo técnico, medidas empregadas polo subministrador para asegura-la calidade e os medios de investigación da empresa.

Lugar de presentación.

Entidade: rexistro da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5, 4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme co artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes: (concurso): non se admiten.

8. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5, 4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura das proposicións caese en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: dez horas.

9. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001, DOG nº 250)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería

de Industria e Comercio