Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 14 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da incoación do expediente sancionador de epizootias 82/02mv, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último domicilio coñecido, que se sinala a continuación, a notificación de incoación de expediente sancionador acordada polo delegado provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural de Lugo.

Noméase instructora do procedemento a Mª Paz Maseda Ferrerio e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarias desta delegación provincial, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de concorrer algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992 citada.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, en virtude da competencia atribuída polo Decreto 24/1984, do 23 de febreiro (DOG do 8 de marzo), e demais normativa aplicable.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería, sita na Ronda da Muralla 70, baixo 1º, e achegar por escrito cantas alegacións e documentos estime convenientes e, de se-lo caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993 (BOE nº 189, do 9 de agosto), de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poderá implica-la terminación do procedemento. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial.

Lugo, 14 de maio de 2002.

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: 82/02 mv.

Denunciado: Roberto Muñoz Iglesias.

DNI: 3471449.

Último enderezo coñecido: Mochas, 26. Segovia.

Feitos imputados: transportar, en data 5 de decembro de 2001, no camión matrícula SG-8499-H, 550 animais da especie porcina desde Cuéllar (Segovia) ata A Coruña cunha guía de orixe e sanidade pecuaria nº 67.643 incompleta.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigo 32 do Regulamento de epizootias do 4 de febreiro de 1955.

Precepto sancionador: artigo 212 do Regulamento de epizootias.

Cualificación da infracción: moi grave.

Sanción posible: 601,01 euros.

Motivo da publicación: enderezo descoñecido.