Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

AVISO do 13 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se anuncia a toma de posesión provisional dos predios da zona de concentración parcelaria de Sabugueira-Carballal (Santiago de Compostela-A Coruña).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Sabugueira-Carballal (Santiago de Compostela-A Coruña) e non excedendo o número de recursos presentados e pendentes de resolver do seis por cento dos titulares das explotacións, nin representando os reclamantes máis do dez por cento da superficie concentrada, a Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, resolveu dar posesión provisional dos novos predios. A toma de posesión é obrigatoria para tódolos interesados e enténdese, sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que pros

peren (artigo 44 da Lei de concentración parcelaria para Galicia). No caso de que algún propietario non permita a toma de posesión dos predios de reemprazo, no prazo indicado, será obxecto, logo de apercibimento, de compulsión directa, tal e como establece o artigo 45 da antedita lei.

Os interesados poderán reclamar ante esta delegación provincial, sita na praza Luis Seoane, s/n, 6º andar da Coruña acompañando dictame pericial, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e o que conste no expediente de concentración, no prazo de trinta días contados desde o seguinte ó da publicación do presente aviso no Diario Oficial de Galicia (artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Para os efectos oportunos establécense os seguintes prazos de toma de posesión:

a) Labradío sen colleita pendente, prados e pastos: o día seguinte ó da publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia.

b) Os restantes predios, no momento de seren retiradas as colleitas que estiveran pendentes de recolección no día antes citado.

c) En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre contribuínte e adxudicatario. En caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de achega no prazo de seis meses contados desde a publicación do presente aviso no Diario Oficial de Galicia, logo de petición á Xefatura de Servicio de Montes e Industrias Forestais do preceptivo permiso e o informe favorable do Servicio de Conservación da Natureza, da Consellería de Medio Ambiente no caso de ser especies autóctonas protexidas. Transcorrido o referido prazo entenderase que pertencen ó propietario do novo predio.

A Coruña, 13 de maio de 2002.

Jesús Collar Urquijo

Delegado provincial da Coruña