Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ACORDO do 9 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da resolución do expediente sancionador de sanidade alimentaria 6/2001.

En aplicación do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que se identifica cos datos que a continuación se relacionan, que con esta data se acorda, por non ser posible a súa notificación a través de correos, publica-la notificación da resolución do expediente

sancionador nº 6/2001, incoado por infracción ó Decreto 1437/1992, do 27 de novembro, que fixa as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización de productos pesqueiros e da acuicultura, modificado polo R.D. 1840/1997, do 5 de decembro. A expedientada dispón do prazo dun mes para examina-lo expediente na Delegación Provincial de Sanidade de Ourense (avda. de Zamora, nº 13), co fin de poder presenta-lo recurso de alzada correspondente, se o considera oportuno, segundo preceptúan os artigos 114 a 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Expediente sancionador nº 6/2001.

Denunciada: Delia Fernández Rodríguez.

DNI: 34980980.

Último enderezo coñecido: rúa Sampaio, nº 18-3º de Ourense.

Ourense, 9 de maio de 2002.

José F. Troncoso Casares

Delegado provincial de Ourense