Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2002, da Delegación Territorial de Lugo, de notificación da resolución do expediente sancionador en materia de costas ES/73-01/VC devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do expediente, por infracción a Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, en virtude do Decreto 125/2002, do 4 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción farase efectivo dentro do prazo que sinala o artigo 20 do Regulamento de recadación: as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior. As

notificadas entre os días 16 e derradeiro de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior, e desde que sexa firme a resolución en vía administrativa, na conta Contable 840, código 001 de Caixa Galicia ou en Caixanova, Recadación Xunta, modelo XTAX, e código de ingreso 390075. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

Lugo, 21 de maio de 2002.

Pablo Ramón Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

Expediente nº: ES/73-01/VC.

Denunciado: Daniel González Medraño.

DNI: 25463719.

Último enderezo coñecido: r/ Andes, 3, 1º; 50012 Zaragoza.

Feitos imputados: acampada en zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre no lugar de praia de Abrela, termo municipal de O Vicedo, sen autorización en materia de costas.

Precepto sancionador: artigo 90 c) en relación co artigo 25.2º da Lei 22/1988, de costas, e co artigo 45.2º do seu regulamento, aprobado polo Real decreto 1471/1989.

Cualificación da sanción: leve (artigo 91.3º da Lei 22/1988, de costas).

Sanción imposta: multa de 30,05 euros.