Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.721

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

ORDE do 15 de maio de 2002 pola que se crea un ficheiro de datos de carácter persoal na Universidade da Coruña.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), especifica que a creación, modificación ou supresión de ficheiros das administracións públicas só poderán facerse mediante a disposición xeral correspondente.

O Decreto 171/2001, do 5 de xullo, regula o Rexistro de Centros e Institucións de Investigación e Investigadores de Galicia, creado pola Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia.

Para os efectos do disposto no artigo 3 do mencionado decreto, faise preciso que a Universidade

da Coruña cree o ficheiro de Investigadores da Universidade da Coruña.

Polo que antecede, este rectorado,

DISPÓN:

Primeiro.-Mediante esta orde, a Universidade da Coruña crea o ficheiro especificado no anexo, que contén a información esixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de creación dos ficheiros.

Segundo.-O Vicerrectorado de Investigación responsable deste ficheiro adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a confidencialidade, dereitos e obrigas recoñecidos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Terceiro.-Os datos de carácter persoal, rexistrados no ficheiro da Universidade da Coruña, ós que se refire o anexo só serán utilizados para os fins expresamente previstos e por persoal debidamente autorizado.

Cuarto.-Para a cesión de datos ás administracións públicas haberá que aterse ó disposto na normativa vixente na materia.

A Coruña, 15 de maio de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Ficheiro de nova creación da Universidade da Coruña.

RIGA-UDC, Rexistro de Centros e Institucións de Investigación e Investigadores de Galicia na Universidade da Coruña.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: xestión automatizada dos currículum vitae profesionais dos investigadores da Universidade da Coruña que desenvolvan funcións de investigación ou que perciban algún dos beneficios que a Comunidade Autónoma de Galicia estableza para os fins da Lei 12/1993, do 6 de agosto.

b) Medidas de seguridade: nivel básico. As medidas de seguridade polas que se rexerá este ficheiro están especificadas no documento de seguridade dos Servicios Informáticos de Apoio á Investigación do Vicerrectorado de Investigación da Universidade da Coruña.

c) Datos de carácter persoal recollidos:

-Datos de carácter identificativo: NIF, nome e apelidos, enderezo (postal e electrónico), teléfono, fax.

-Datos de características persoais: data de nacemento, sexo.

-Datos académicos e profesionais: formación, titulacións, experiencia profesional, datos relativos á producción científica.

-Datos relativos ó emprego: postos de traballo, categoría/grao, situación administrativa, dedicación.

-Datos económico-financeiros: importe dos contratos ou proxectos de investigación e desenvolvemento.

d) Órgano responsable do ficheiro:

-Vicerrectorado de Investigación.

e) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos existentes no ficheiro poderán exercerse, se é o caso, ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita na rúa da Mestranza, 15001 A Coruña.

f) A responsabilidade de seguridade correspóndelle ós Servicios Informáticos de Apoio á Investigación do Vicerrectorado de Investigación da Universidade da Coruña.

g) Procedemento de recollida de datos: transmisión electrónica de datos/Internet.

h) Cesión de datos:

-Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento (Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública da Xunta de Galicia).

-Organismos públicos estatais responsables de ciencia e tecnoloxía.