Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.722

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2002 pola que se convoca concurso de méritos para a provisión de diversos postos de traballo correspondentes ó persoal funcionario de administración e servicios.

Vacantes diversos postos de traballo desta universidade, dotados orzamentariamente, este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 65 dos estatutos da universidade, aprobados por decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17 de setembro), en relación co artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e de acordo co disposto no art. 20.10º a) da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, o Decreto 93/1991, da Xunta de Galicia, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo), o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo (BOE do 10 de abril), polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servicio da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, a Resolución do 6 de outubro de 2000 da Universidade da Coruña pola que se actualizan as relacións de postos de traballo do persoal de Administración e

Servicios (DOG do 3 de novembro), e unha vez consultada a Xunta de Persoal Funcionario

de Administración e Servicios, resolve convocar concurso para cubri-los postos vacantes que se relacionan no anexo I desta resolución, así como os que resulten vacantes no seu proceso de cobertura, conforme as seguintes

BASES:

Primeira.-Requisitos e condicións de participación.

Poderán participar no presente concurso tódolos funcionarios de carreira das escalas de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás os suspensos en firme, así como os pertencentes a corpos ou escalas de arquivos e bibliotecas de calquera das administracións públicas que se encontren na data desta convocatoria prestando os seus servicios nesta universidade, sempre que reúnan as condicións e requisitos esixidos na convocatoria na data en que remate o prazo de presentación das solicitudes de participación.

Para participar neste concurso non será esixible o requisito de permanencia durante dous anos no posto de traballo a que se refire os artigos 9.2º do decreto da Xunta de Galicia 93/1991, do 20 de marzo (DOG do 25) e o artigo 41.2º do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo (BOE do 10 de abril).

Unha vez transcorrido o período de presentación de instancias, as solicitudes formuladas serán vinculantes para o peticionario e os destinos adxudicados serán irrenunciables, salvo que se obtivese outro destino mediante convocatoria pública antes de finaliza-lo prazo de toma de posesión.

Segunda.-Postos de traballo.

Os postos de traballo son os que se detallan no anexo I, sendo necesario para poder optar a calquera deles pertencer ó grupo e ó corpo ou escala que se sinala no dito anexo, así como reuni-los requisitos específicos que se sinalan nel e na vixente relación de postos de traballo de persoal de Administración e Servicios da Universidade da Coruña.

Así mesmo, os funcionarios que o desexen poderán solicita-los postos que poidan quedar vacantes durante o proceso de cobertura.

Terceira.-Valoración de méritos.

A valoración dos méritos dos aspirantes para a adxudicación dos postos de traballo solicitados efectuarase na seguinte forma:

A) Primeira fase (máximo 20 puntos):

Consistirá na valoración dos méritos que a continuación se indican, sendo necesario obter un mínimo de 8 puntos para superala ou, se é o caso, para proceder á adxudicación da praza.

1. Antigüidade.

Os servicios prestados na Administración pública, incluíndo os servicios previos recoñecidos que se prestasen con anterioridade á condición de funcio

nario de carreira, valoraranse a razón de 0,15 puntos por cada ano completo e 0,0125 puntos por cada mes ou fracción, ata un máximo de 3 puntos.

2. Grao persoal consolidado.

-Polo nivel 10 de grao consolidado: 1 punto.

-Por cada unidade de nivel que exceda de 10: 0,10 puntos.

Puntuación máxima deste epígrafe: 3 puntos.

Nos supostos en que nos funcionarios non teñan consolidado ningún grao persoal ou este sexa inferior a 10 computarase, para os efectos de puntuación no presente epígrafe, o nivel mínimo correspondente ó intervalo de niveis do grupo, do corpo ou de escala á que pertenza o funcionario.

3. Coñecemento da lingua galega.

CursoPuntuación

De iniciación1 punto.

De perfeccionamento2 puntos.

Só se valorará a titulación de maior nivel.

4. Cursos de formación xeral (máximo 3 puntos).

Neste epígrafe serán valorados os cursos de formación xeral (documentación, arquivo, informática, etc.), a razón de 0,20 puntos por cada 10 horas ou fracción; no caso de non consta-las horas de duración deste computarase un máximo de 4 horas por día.

5. Cursos de formación específica (máximo 5 puntos).

Neste epígrafe serán valorados os cursos de formación e perfeccionamento que versen sobre materias directamente relacionadas coas funcións propias dos postos de traballo solicitados, a razón de 0,20 puntos por cada 10 horas ou fracción; no caso de non consta-las horas de duración destes computarase un máximo de 4 horas por día.

6. Valoración do traballo desenvolvido (máximo 4 puntos).

Para estes efectos valorarase a experiencia no desempeño de postos pertecentes á área funcional ou sectorial á que corresponden os convocados na data da convocatoria do concurso, ou a experiencia no posto máis alto que se teña desenvolvido, na seguinte forma:

PostoPuntuación

Xefes de secciónAta 4 puntos

Directores de bibliotecaAta 3 puntos

Axudantes de bibliotecaAta 2 puntos

AuxiliaresAta 1 punto

B) Segunda fase (máximo 10 puntos):

Nesta fase, dirixida á comprobación e valoración dos méritos específicos adecuados ás características de cada posto de traballo, valoraranse unicamente os postos de nivel de complemento de destino igual ou superior ó 24.

Os aspirantes deberán presentar coa súa solicitude unha memoria, de extensión máxima de cinco páxinas, mecanografadas a dobre espacio, na que se analicen as tarefas do posto solicitado e os requisitos, condicións e medios necesarios para o seu desenvolvemento. A memoria valorarase ata un máximo de 6 puntos.

A comisión entrevistará os aspirantes sobre o contido da memoria, así como sobre os méritos específicos do aspirante adecuados ás características do posto, os coñecementos de idiomas e demais condicións que garantan a adecuación para o desempeño do posto. Esta entrevista valorarase cun máximo de 4 puntos.

Para superar esta fase será necesario obter un mínimo de 4 puntos, sumadas as puntuacións obtidas pola memoria e na entrevista.

Cuarta.-Solicitudes.

As solicitudes para tomar parte neste concurso e o modelo de currículo axustaranse ó modelo publicado como anexo II desta resolución, e deberán presentarse no rexistro xeral da universidade, no prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta convocatoria.

No suposto de que sexan varios os postos solicitados, a preferencia deles virá establecida pola orde en que aparezan consignados na solicitude.

Quinta.-Acreditación de méritos.

Os requisitos, méritos e demais datos deberán ser acreditados polos interesados mediante a presentación dos documentos e títulos orixinais, ou fotocopias, e certificacións das correspondentes unidades de persoal, as certificacións deberán estar referidas á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Os servicios prestados na Administración pública serán acreditados polo Servicio de Persoal da Universidade. No caso de que estes non consten no expediente do interesado, deberán ser acreditados mediante certificación expedida pola xefatura de persoal da Administración onde se prestasen.

Así mesmo, e para aqueles postos desempeñados noutras administracións públicas distintas da universidade, os interesados deberán xuntar coa solicitude certificación ou documentación aclarativa das tarefas e funcións correspondentes ó posto de traballo, que permita á comisión o encadramento del na área funcional ou sectorial que corresponda.

Os méritos non acreditados documentalmente polo interesado non serán tidos en conta pola comisión de valoración. Tampouco serán tidos en conta aqueles servicios que como consecuencia de non ter presentado o interesado a documentación sinalada no parágrafo anterior non poidan ser encadrados na correspondente área.

Non obstante, a comisión de valoración poderá, se o estima oportuno, requirir dos concursantes a

presentación dos documentos adicionais, aclaracións e probas que consideren necesarios.

Sexta.-Comisión de valoración.

Os méritos serán valorados por unha comisión integrada polos membros que a seguir se indican:

Titulares:

Presidente: José Luis Meilán Gil, rector da Universidade da Coruña.

Vocais: Víctor M. Cabrera Sánchez, xerente da Universidade da Coruña.

Juan José Fuentes Romero, director do Servicio de Biblioteca Universitaria.

José Vicente Echevarría González, vicexerente de Recursos Humanos.

Dous representantes propostos pola Xunta de Persoal Funcionario.

Secretario: Juan Pombo Prieto, xefe de Sección de Tesourería.

Suplentes:

Presidente: Alejandro Pazos Sierra, vicerrector de Investigación.

Vocais: Jesús Fernández Jiménez, vicexerente de Control Interno.

José Luis Mínguez Goyanes, vicesecretario xeral.

Juan Ramón Rego Álvarez de Mon, vicexerente de Asuntos Económicos.

Dous representantes propostos pola Xunta de Persoal Funcionario.

Secretario: Alfonso Vidal Carnota, xefe da Sección de Estudiantes.

Naqueles epígrafes do baremo en que para establece-la puntuación sexa preciso presentar por cada un dos membros da comisión a súa puntuación particular, a dita puntuación obterase coa media aritmética das outorgadas por cada un dos membros da comisión, debendo desbotarse para estes efectos a máxima e a mínima concedidas ou, se é o caso, unha das que aparezan repetidas como tales.

A comisión de valoración poderá solicitar da autoridade convocante a designación de expertos que, en calidade de asesores, actuarán con voz pero sen voto.

Sétima.-Resolución do concurso e toma de posesión.

A orde de prioridade para a adxudicación dos postos virá dada pola puntuación total obtida, sumados, se é o caso, os resultados finais das dúas fases. No caso de empate na puntuación acudirase para dirimilo ó disposto no art. 10.5º do decreto da Xunta de Galicia 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Rematados os traballos de valoración de méritos, a comisión de valoración fará públicas no taboleiro de anuncios do Rectorado da Coruña e Vicerrectorado de Ferrol, as puntuacións obtidas polos aspirantes por cada concepto, así como a proposta provisional de adxudicación dos postos, contra a que os interesados poderán formular reclamacións no prazo de dez días contados a partir da súa publicación.

Transcorrido este prazo, a comisión elevará ó rector a proposta definitiva de adxudicación de prazas a favor dos solicitantes que obtivesen a maior puntuación, especificando, se é o caso, as prazas que quedaran desertas.

O prazo de toma de posesión no novo destino será de tres días desde a resolución do concurso se non implica cambio de residencia do funcionario, ou dun mes se comporta cambio de residencia. Non obstante, a incorporación poderá demorarse ata seis meses por esixencias do normal funcionamento dos servicios.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días seguintes á publicación da resolución do concurso no taboleiro de anuncios do rectorado desta universidade.

A presente convocatoria e os actos que dela se deriven poderán ser impugnados de acordo co previsto na vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 20 de maio de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO I

Nº de

posto

PostoGrupoTipoNivelQuendaUnidadeCentro

071Axudante de bibliotecaBN20TServicio de Biblioteca UniversitariaVicerrectorado de Ordenación Académica

073Auxiliar de bibliotecaCN16MServicio de Biblioteca UniversitariaVicerrectorado de Ordenación Académica

149Director de bibliotecaABS24MBibliotecaE.T.S. Arquitectura

168Axudante de bibliotecaBN20TBibliotecaE.T.S. Camiños, Canais e Portos

178Axudante de bibliotecaBN20MBibliotecaFacultade de Ciencias

Nº de

posto

PostoGrupoTipoNivelQuendaUnidadeCentro

181Auxiliar de bibliotecaCN16TBibliotecaFacultade de Ciencias

189Axudante de bibliotecaBN20MBibliotecaFacultade de Ciencias da Educación

190Axudante de bibliotecaBN20TBibliotecaFacultade de Ciencias da Educación

203Auxiliar de bibliotecaCN16TBibliotecaFacultade de Ciencias Económicas

214Auxiliar de bibliotecaCN16TBibliotecaFacultade de Dereito

227Axudante de bibliotecaBN20TBibliotecaE.U. Estudios Empresariais

262Axudante de bibliotecaBN20TBibliotecaEscola Superior da Mariña Civil

274Auxiliar de bibliotecaCN16TBibliotecaE.U. Politécnica de Ferrol

279Director de bibliotecaABS24MBibliotecaEscola Politécnica Superior

280Axudante de bibliotecaBN20TBibliotecaEscola Politécnica Superior

281Auxiliar de bibliotecaCN16MBibliotecaEscola Politécnica Superior

282Auxiliar de bibliotecaCN16TBibliotecaEscola Politécnica Superior

292Axudante de bibliotecaBN20TBibliotecaFacultade de Socioloxía

294Auxiliar de bibliotecaCN16TBibliotecaFacultade de Socioloxía

303Axudante de bibliotecaBN20TBibliotecaCentro Universitario de Oza

305Auxiliar de bibliotecaCN16TBibliotecaCentro Universitario de Oza

310Auxiliar de bibliotecaCN16TBiblioteca Campus EsteiroBiblioteca Campus de Esteiro

311Auxiliar de bibliotecaCN16TBiblioteca Campus EsteiroBiblioteca Campus de Esteiro