Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.720

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

ORDE do 28 de maio de 2002 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión de axudas destinadas á prestación de servicios sociais polas corporacións locais convocadas pola Orde do 4 de abril de 2002.

A Orde do 4 de abril de 2002, pola que se convocan axudas destinadas á prestación de servicios sociais polas corporacións locais, (Diario Oficial de Galicia nº 73, do 16 de abril ), establece no seu artigo 6 o importe da cuantía máxima das axudas que ó abeiro dela poderán ser concedidas ós seus solicitantes.

Non obstante, e como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre amplia-lo importe da contía máxima das axudas que poderán ser concedidas ó abeiro da referida Orde do 4 de abril de 2002, coa finalidade de facer chegar estas ó maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase o importe da contía máxima que se vai conceder ó abeiro da Orde do 4 de abril de 2002, pola que se establecen axudas para a prestación de servicios sociais polas corporacións locais, na cantidade de un millón catrocentos setenta e un mil setecentos dezaseis euros (1.471.716 A) e con cargo as aplicacións orzamentarias: 16.03.212A.460.1 polo importe de cincocentos mil euros (500.000 A) e 16.02.212D.461.0 polo importe de novecentos setenta e un mil setecentos dezaseis euros (971.716 A) que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade autónoma de Galicia para o ano 2002.

Segundo.-A presente modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2002.

Corina Porro Martínez

Conselleira de Asuntos Sociais