Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.720

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 16 de maio de 2002 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

A Lei 31/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandado e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2002.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO

-Revista galega de emprego. Nº 2: 9,02 A.-Revista gallega de empleo. Nº 2: 9,02 A.-Outono fotográfico 2001. II Certame Galego de Imaxe Artística Xuventude 2001: 11,42 A.

-Contos do dereito e do revés (obra completa): 12,02 A.