Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 16 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente sancionador número 36/52/01, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a resolución do expediente sancionador nº 36/52/01, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución, que non porá fin á vía administrativa, pódese interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da recepción desta notificación, de conformidade co disposto nos artigos 107, 114 e 115 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Expediente: 36/52/01.

Inculpada: Manuela Torres Freijeiro.

Enderezo: r/ Peregrina, 14, galerías, 36001 Pontevedra.

Motivos: incumprimento da normativa que regula os dereitos dos consumidores en materia de publicidade.

Data do acordo de incoación: 13-12-2001.

Data da proposta de resolución. 28-1-2002.

Alegacións do expedientado: non presenta escrito no seu descargo.

Preceptos infrinxidos: Lei 34/1988, do 11 de novembro, xeral de publicidade.

Preceptos sancionadores: artigo 34.6º da Lei 26/1984, do 19 de xullo, xeral para a defensa dos consumidores e usuarios.

Sanción: 150 euros.

Pontevedra, 16 de maio de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra