Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 30 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador número 36/23/02 VI, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación e relaciona a incoación do expediente sancionador nº 36/23/02 VI por infracción en materia de defensa do consumidor, xa que, intentada a notificación polos medios habituais, non se puido practicar.

Desígnase instructora do expediente a Mª Rita Rodríguez Gómez, que pode ser recusada en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.

O que se lle notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poderen examina-lo expediente no Servicio Provincial de Consumo, sito na rúa Concepción Arenal, 8-7º. Edificio administrativo Xunta de Galicia, torre 2 (Vigo), e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Para resolver este expediente é competente por razón da contía da multa a delegada provincial do Instituto Galego de Consumo, de acordo co artigo 16 do Decreto 329/1995, do 21 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 8/1994, do 30 de decembro, de creación do Instituto Galego de Consumo.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste servicio, sito na rúa Concepción Arenal, 8-7º. Edificio administrativo Xunta de Galicia, torre 2 (Vigo).

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Expediente: 36/23/02 VI.

Inculpado: Ángel Comesaña Nande.

Enderezo: praza de Abastos (Baiona).

Motivos: incumprimento da normativa de etiquetaxe carne de vacún.

Sanción: 675 A.

Data do acordo de incoación: 18-4-2002.

Pontevedra, 30 de abril de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra