Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2002 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso, con procedemento aberto, para a subministración de vehículos para este instituto.

1. Entidade adxudicadora:

-Organismo: Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga).

-Dependencia tramitadora: Secretaría do Ilgga.

-Número de expediente: concurso 1/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: adquisición de vehículos.

b) Nº de unidades: 10.

c) Lotes:

I: 4 vehículos todo terreo.

II: 6 vehículos tipo turismo.

d) Lugar de entrega: nos servicios centrais del Ilgga, sitos na rúa dos Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela.

e) Prazo de entrega: 30 días naturais desde o asinamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

-Tramitación: ordinaria.

-Procedemento: aberto.

-Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

-Importe total: 171.264 A.

Lote I: 85.000 A.

Lote II: 86.264 A.

5. Garantías:

-Provisional: non se esixe.

6. Obtención de información e documentación:

-Entidade: Ilgga.

-Domicilio: rúa dos Irmandiños, s/n.

-Código postal e localidade: 15704, Santiago de Compostela.

-Teléfono: 981 54 62 60.

-Fax: 981 54 61 91.

-Data límite de obtención de documentos e información: o día en que remate o prazo para a presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas:

-Data límite: o prazo de presentación finalizará ás 14 horas do décimo quinto día natural seguinte

ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

-Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe na contratación.

-Lugar de presentación: no rexistro do Ilgga, sito na rúa dos Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela (CP 15704). Tamén se poden achega-las proposicións por correo, de xeito previsto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

-Modelo de presentación: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

-Prazo obrigatorio para mante-la oferta: 3 meses.

-Variantes: non se admiten.

8. Apertura das ofertas:

-Entidade: Ilgga. O acto público terá lugar na sala de xuntas do dito organismo.

-Domicilio: rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela.

-Data: o décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, sempre que non sexa sábado ou festivo, caso no que será o seguinte día hábil.

-Hora: ás 13 horas.

9. Gastos do anuncio:

Os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

10. Páxina web na que figura a información sobre a convocatoria e na que se poden obte-los pregos: htpp//www.xunta.es/contratación.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2002.

Secundino Grobas Mosquera

Director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia