Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.413

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 30 de maio de 2002 pola que se declara a alienabilidade dun predio da Comunidade Autónoma de Galicia pertencente ó fondo de terras da zona de concentración parcelaria de Santa Baia de Vedra (número 822).

Por acta complementaria de reorganización da propiedade da zona de concentración parcelaria de Santa Baia de Vedra, en data 3 de agosto de 1999, pasaron á titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia as terras sobrantes da antedita zona de concentración, entre as que se atopa o predio nº 822.

Unha vez obtida a inscrición no correspondente rexistro da propiedade do mencionado ben inmoble, procede declara-la súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico deste ben patrimonial.

En virtude do anteriormente exposto e tendo en conta a memoria xustificativa da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade do ben inmoble que se describe: predio nº 822 da zona de concentración parcelaria da parroquia de Santa Baia de Vedra, municipio de Vedra, que ten unha superficie de 3.000 m, que estrema: norte, camiño; sur, Alfonso Pallas Rey (823), rego no medio; leste, Manuel Gestoso Cutrín (819); oeste, camiño. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela nº 1 no tomo 1.343, libro 124, folio 17, predio nº 13.416.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2002.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural