Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.414

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 30 de maio de 2002 pola que se acorda a cesión da propiedade de bens mobles automóbiles, propiedade do Servicio Galego de Saúde, a favor dos concellos de Antas de Ulla (Lugo), Ordes (A Coruña), Lalín (Pontevedra), Paderne (A Coruña), Ponteareas (Pontevedra), Rianxo (A Coruña) e Tui (Pontevedra).

O Servicio Galego de Saúde, para mellora-la prestación da asistencia sanitaria na Comunidade Autónoma, concedeu permisos de utilización temporal a favor de distintos concellos, de varias ambulancias propiedade del. Algúns deses vehículos, en virtude do tempo transcorrido, non son útiles na actualidade para a realización de labores de ambulancia e, de acordo co Decreto 42/1998, do 15 de xaneiro, polo que se regula o transporte sanitario, superan o tempo máximo establecido para o seu destino con fins sanitarios. Por todo isto, os concellos de Antas de Ulla, Lalín, Ordes, Paderne, Ponteareas, Rianxo e Tui solicitan a cesión dos vehículos que utilizan para seren destinados a outros fins que redunden no interese xeral do municipio.

Con este fin o Servicio Galego de Saúde tramitou o expediente de cesión dos ditos vehículos de conformidade co disposto no artigo 35 bis da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e no artigo 96 bis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, engadido polo Decreto 238/1998, do 24 de xullo (DOG nº 156, do 13 de agosto).

Por todo o exposto, e en uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de

febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión de varios vehículos determinados no anexo a esta orde a favor dos concellos de Antas de Ulla, Lalín, Ordes, Paderne, Ponteareas, Rianxo e Tui.

Artigo 2º

A cesión queda sometida ás seguintes cláusulas:

a) Os bens cedidos destinaranse a fins de utilidade pública ou interese social do concello tal e como esixe o artigo 96 bis do Decreto 50/1989 e 35 bis da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma.

b) Coa cesión outorgaráselle ó concello a propiedade do vehículo, comprometéndose este a realizar ante a Xefatura Provincial de Tráfico os trámites precisos para o cambio da titularidade del.

c) Os bens cedidos destinaranse a outros fins de utilidade pública ou interese social do concello. O concello deberá proceder a retirar do vehículo todo anagrama ou rotulación que o puidese identificar como vehículo sanitario, así como a aboa-los gastos que puidese orixina-la transformación do dito vehículo.

Artigo 3º

A cesión formalizarase mediante acta subscrita polo director xeral da División de Recursos Económicos do Sergas e o órgano competente dos distintos concellos e deben constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través de seu órgano competente, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón nesta orde.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2002.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e presidente do Servicio

Galego de Saúde

ANEXO

Relación de vehículos:

VehículoMatrículaConcello

Nissan VanetteLU-4998-KAntas de Ulla

Nissan PracticC-2090-BGLalín

Renault 900 FLU-3232-SOrdes

Nissan VanetteC-1826-ATPaderne

Nissan SerenaC-1161-BLPonteareas

Nissan VanetteC-6138-BSRianxo

Renault TraficC-7259-BCTui