Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.402

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de xuño de 2002, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde no referente ó persoal dos corpos e escalas da Lei 17/1989, do 23 de outubro.

O Decreto 310/2001, do 17 de decembro (DOG nº 243, do 18 de decembro) procedeu fixa-la estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, e sinala no seu artigo 8 B) a adscrición do Servicio Galego de Saúde (Sergas), como organismo autónomo de carácter administrativo, á Consellería de Sanidade. No mesmo Decreto 310/2001 determínanse os órganos superiores con que contará o Sergas.

Posteriormente, o Decreto 44/2002, do 8 de febreiro (DOG nº 37, do 20 de febreiro) establece a estructura orgánica dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade. Pola súa banda, o Decreto 45/2002, do 8 de febreiro (DOG nº 37, do 20 de febreiro) establece a estructura orgánica dos servicios centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (Sergas).

Por todo isto, e co fin de adecua-lo cadro de persoal das distintas unidades administrativas ás súas necesidades reais de funcionamento, así como de adapta-las funcións propias do departamento autonómico de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde á súa estructura orgánica actual, faise necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da citada consellería e do Sergas.

En consecuencia co referido anteriormente, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral

de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do trece de xuño de dous mil dous, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde referente ó persoal dos corpos e escalas da Lei 17/1989, do 23 de outubro.

Segundo.-Ordena-la publicación da referida modificación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

CS.A02.00.005.15770.021Subinspector sanitarioPostos de confianza e especial

CS.A02.00.005.15770.023Subinspector sanitarioresponsabilidade en atención ás

CS.A02.00.005.15770.025Subinspector sanitariofuncións inspectoras no campo

CS.A02.00.005.15770.027Subinspector sanitariosanitario tanto público como

privado

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do trece de xuño de dous mil dous, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde, referente ó persoal dos corpos e escalas da Lei 4/1988, do 26 de maio e da Lei 17/1989, do 23 de outubro, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

Claves utilizadas para designar corpos e escalas sanitarias na relación de postos de traballo do persoal incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro:

1. Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia:

1.1. Escala de atención primaria e especializada:

1.1.1. Subescala de atención primaria:

1.1.1.1. Clase de médicos titulares.

1.1.2. Subescala de atención especializada:

1.1.2.1. Clase de médicos:

1.1.2.1.1. Xeneralistas.

1.1.2.1.2. Psiquiatría.

1.1.2.1.3. Obstetricia e xinecoloxía.

1.1.2.1.4. Pediatría.

1.1.2.1.5. Medicina interna.

1.1.2.1.6. Cirurxía xeral.

1.1.2.1.7. Traumatoloxía.

1.1.2.1.8. Otorrinolaringoloxía.

1.1.2.1.9. Uroloxía.

1.1.2.1.10. Radioloxía.

1.1.2.1.11. Pneumoloxía.

1.1.2.2. Clase de farmacéuticos:

1.1.2.2.1. Análises clínicas.

1.1.2.2.2. Farmacia hospitalaria.

1.1.2.5. Clase de psicólogos.

1.2. Escala de saúde pública e administración sanitaria:

1.2.1. Clase de farmacéuticos titulares.

1.2.3. Clase de licenciados en medicina e cirurxía.

1.2.4. Clase de licenciados en farmacia.

1.2.6. Clase de licenciados en ciencias químicas.

1.2.7. Clase de licenciados en ciencias biolóxicas.

1.2.8. Clase de licenciados en psicoloxía.

1.2.9. Clase de inspectores médicos.

1.2.10. Clase de inspectores farmacéuticos.

2. Corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia:

2.1. Escala de atención primaria e especializada.

2.1.1. Subescala de atención primaria.

2.1.1.1. Clase de practicantes titulares.

2.1.1.2. Clase de matronas titulares.

2.1.2. Subescala de atención especializada:

2.1.2.1. Clase de ATS/DUE básicos.

2.1.2.2. Clase de terapeutas ocupacionais.

2.2. Escala de saúde pública e administración sanitaria:

2.2.1. Clase de ATS/DUE.

2.2.2. Clase de subinspectores sanitarios.

5. Persoal da Administración da Seguridade Social pertencente á escala de inspectores médicos do corpo sanitario do extinguido Instituto Nacional de Pre-

visión (I.N.P.) e inspectores médicos do corpo especial do Instituto Social da Mariña.

6. Persoal da Administración da Seguridade Social pertencente á escala de farmacéuticos inspectores do corpo sanitario do extinguido Instituto Nacional de Previsión (I.N.P.).

7. Persoal pertencente a outros corpos e escalas de carácter sanitario de calquera Administración pública e persoal facultativo regulado no Estatuto xurídico do persoal médico da Seguridade Social.

8. Persoal da Administración da Seguridade Social pertencente á escala de ATS-visitadores do corpo sanitario do extinguido Instituto Nacional de Previsión (I.N.P.).

9. Persoal funcionario do corpo facultativo superior da Administración especial da Xunta de Galicia (veterinarios).

Observacións:

(1) Actualmente na Coruña.

(2) Actualmente en Lugo.

(3) Ocupado por laboral fixo.

(4) Posto para extinguir.

(5) Sen retribución complementaria.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL