Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.381

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de xuño de 2002, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde no referente ó persoal dos corpos e escalas da Lei 4/1988, do 26 de maio, coa excepción do persoal veterinario de Saúde Pública.

A nova estructura orgánica da Xunta de Galicia, establecida polo Decreto 306/2001, do 15 de decembro (DOG nº 242, do 17 de decembro), contempla separadamente a Consellería de Sanidade e a Consellería de Asuntos Sociais; esta última é de nova creación.

Posteriormente, o Decreto 44/2002, do 8 de febreiro (DOG nº 37, do 20 de febreiro), establece a estructura orgánica dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade. Pola súa banda, o Decreto 45/2002, do 8 de febreiro (DOG nº 37, do 20 de febreiro), establece a estructura orgánica dos servicios centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (Sergas).

Por todo isto, e co fin de adecua-lo cadro de persoal das distintas unidades administrativas ás súas necesidades reais de funcionamento, así como adapta-las funcións propias do departamento autonómico de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde á súa estructura orgánica actual, faise necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da citada consellería e do Sergas.

En consecuencia co referido anteriormente, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de xuño de dous mil dous, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde, referente ó persoal dos corpos e escalas da Lei 4/1988, do 26 de maio, con excepción do persoal veterinario de Saúde Pública.

Segundo.-Ordena-la publicación da referida modificación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

SA.C01.00.000.15770.001Xefe Secretaría do conselleiro

SA.C02.00.000.15770.001Secretario/a do secretario xeral

SA.C03.00.000.15770.001Secretario/a do director xeral

SA.S03.00.000.15770.001Secretario/a do director xeral

SA.S04.00.000.15770.001Secretario/a do director xeral

SA.S05.00.000.15770.001Secretario/a do director xeralArtigo 6º da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro)

SA.S06.00.000.15770.001Secretario/a do director xeral

SA.C99.10.000.15001.001Secretario/a do delegado

SA.C99.10.000.27001.001Secretario/a do delegado

SA.C99.10.000.32001.001Secretario/a do delegadoPostos de confianza

SA.C99.10.000.36001.001Secretario/a do delegado

SA.S99.10.000.15001.001Secretario/a do director

SA.S99.10.000.27001.001Secretario/a do director

SA.S99.10.000.32001.001Secretario/a do director

SA.S99.10.000.36560.001Secretario/a do director

SA.C99.10.000.36001.061 Xefe de Sección de Xestión de Persoal e HabilitaciónPostos de especial responsabilidade polo manexo de fondos públicos

SA.S05.00.003.15770.007Xefe de Sección de Habilitación de Nóminas

SA.S04.00.003.15770.007Xefe de Sección Habilitación Xeral

SA.C02.00.000.15770.053Xefe de Negociado Habilitación Nóminas

SA.C02.00.006.15770.007Xefe de Negociado de Trámites ParlamentariosPosto de confianza e especial responsabilidade atendendo á tramitación de iniciativas parlamentarias e expedientes de carácter reservado.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de xuño de dous mil dous, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde referente ó persoal dos corpos e escalas da Lei 4/1988, do 26 de maio, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública