Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.381

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 17 de xuño de 2002 pola que se ditan normas para garanti-los servicios esenciais durante a folga convocada para o día 20 de xuño de 2002.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG número 116, do pasado martes 18, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 9.255, columna dereita, epígrafe 2.2. Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, Delegación Provincial da Coruña, Servicio Provincial de Deportes, debe suprimirse a liña que di: «-Un subalterno».

Na páxina 9.281, columna esquerda, epígrafe 2.10. Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, no punto A) Servicios centrais, debe suprimirse: «-Un subalterno por cada dependencia allea ó complexo administrativo de San Caetano».