Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2002, do Servicio de Protección ó Consumidor, pola que se notifica a iniciación do expediente sancionador 15R001/11/2002, en materia de defensa do consumidor.

De acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á entidade que no anexo se menciona a iniciación de expediente sancionador, por infracción da Lei 26/1984, do 19 de xullo, xeral para a defensa dos consumidores e usuarios.

Noméase instructor para a tramitación do procedemento a Ignacio Díaz Martínez, quen poderá ser recusado por escrito, en calquera momento, por algunha das causas establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para resolve-lo presente expediente é competente o presidente do Instituto Galego de Consumo, de acordo co establecido no artigo 16b) do Decreto 329/1995, do 21 de decembro, que desenvolve a Lei do 30 de decembro de 1994, de creación do Instituto Galego de Consumo (DOG do 30 de decembro).

De conformidade co disposto no artigo 16.1º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o interesado disporá dun prazo de quince días para achegar cantas alegacións, documentos e informacións estime convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que poida valerse, advertíndolle que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2002.

José María Pita Ponte

Xefe do Servicio de Protección ó Consumidor

ANEXO

Expediente: 15R001/11/2002.

Imputado: Automoción Magley, S.L.

CIF: B-15634314.

Domicilio: Santa Marta, 34-36, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

Feitos imputados: venda dun vehículo automóbil cunha matrícula que non se corresponde coa antigüidade real del, non constando no contrato de compravenda a antigüidade do vehículo.

Data de iniciación: 5 de marzo de 2002.

Normas sustantivas infrinxidas: artigo 2.1º e 8º da Lei 26/1984, do 19 de xullo, xeral para a defensa dos consumidores e usuarios.

Infracción cometida: artigo 3.1º.3 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa dos consumidores e da producción agroalimentaria.

Cualificación da infracción: grave (artigo 7.1º.2 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño).