Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2002 pola que se fai pública a adxudicación do concurso para o outorgamento da concesión administrativa das instalacións da nova lonxa do porto de Cabo de Cruz para a prestación do servicio de lonxa.

O día 30 de novembro de 2001 o presidente de Portos de Galicia aprobou o expediente de outorgamento por concurso aberto da concesión das instalacións da nova lonxa do porto de Cabo de Cruz para a prestación do servicio de lonxa.

Así mesmo, o presidente, actuando en nome e representación do ente público Portos de Galicia, segundo o artigo 6.3º da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, resolveu adxudica-lo concurso aberto para o outorgamento da concesión das instalacións da nova lonxa do porto de Cabo de Cruz para a prestación do servicio de lonxa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Número de expediente: clave: 12-52-2001-C-02.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: outorgamento da concesión das instalacións da nova lonxa do porto de Cabo de Cruz para a prestación do servicio de lonxa.

c) Boletín, diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do día 7 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Adxudicación.

a) Data: 22 de maio de 2002.

b) Adxudicatario: Confraría de Pescadores de Cabo de Cruz.

c) Nacionalidade: española.

5. Outras informacións. En cumprimento do disposto na vixente Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro, faise pública esta resolución, que pon fin á vía administrativa e é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1994, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia