A Consellería de Medio Ambiente recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sección primeira, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número: 01/0000582/2002 IN interposto por Cía Española Industrias Electroquímicas, S.A., contra o Decreto 77/2002, do 28 de febreiro, da Consellería de Medio Ambiente, sobre o plan de ordenación dos recursos naturais da serra da Enciña da Lastra.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2002.
Francisco García-Bobadilla Prósper
Director xeral de Conservación da Natureza