Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais da instalación dunha caldeira para combustión de biomasa en Teo (A Coruña), promovido por Maderas Cajaraville, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte (20) días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o estudio de efectos ambientais da instalación dunha caldeira para combustión de biomasa en Teo (A Coruña).

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

-Concello de Teo.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2002.

José Luis Díez Yánez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental