Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2002 pola que se lle dá publicidade ás resolucións de adxudicación de varios contratos.

O presidente do Ilgga, en virtude das atribucións que como órgano de contratación lle confire a Lei 7/1994, do 29 de decembro, pola que se crea o Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia e o Decreto 128/1996, do 14 de marzo, que o desenvolve, e de conformidade co disposto no Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

-Asistencia técnica para a realización dun plan de seguridade informática da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, convocada por concurso, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 211, do 22 de outubro de 2001.

Adxudicatario: Belt Ibérica, S.A.

Importe: 54.091,09 euros.

-Subministración de material informático para o Ilgga. Convocada por concurso, procedemento aberto con trámite de urxencia, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 232, do 30 de novembro de 2001.

Adxudicatario: Coremain, S.A.

Importe: 84.141,68 euros.

-Subministración de 3 vehículos para o Ilgga. Convocada por concurso, procedemento aberto con trámite de urxencia, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 119, do 20 de xuño de 2001.

Adxudicatario: Compostela Motor, S.A.

Importe: 48.020,87 euros.

-Contratación do servicio consistente na realización de controis sobre o terreo das axudas por superficies, declaración de superficies forraxeiras e indemnizacións compensatorias campaña 2001, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 119, do 20 de xuño de 2001.

Adxudicatario: Esproagro Ingeniería.

Importe lote I: 16.527,83 euros.

Importe lote II: 48.681,98 euros.

Adxudicatario: Lagares Ingeniería, S.L.

Importe lote I: 24.122,07 euros.

Importe lote II: 19.275,64 euros.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2002.

Secundino Grobas Mosquera

Director do Instituto Láceo e Gandeiro de Galicia