Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.308

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, con nº de código 3603602, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-5-2002, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social polo comité de empresa, en data 18-12-2001. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos tra

balladores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de maio de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Autoridade

Porturaria de Marín e Ría de Pontevedra

Capítulo I

Disposicións xerais

Preámbulo:

En cumprimento do artigo 4 do I Convenio Marco de Relacións Laborais de Portos do Estado e Autoridades Portuarias, asinado o día 30 de marzo de 1999, a Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra e os representantes legais dos traballadores, concertan o presente convenio colectivo para a dita autoridade portuaria.

Artigo 1º.-Ámbito funcional, persoal e territorial.

Este convenio colectivo complementa a regulación das relacións laborais do persoal que presta o seu servicio na Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra.

Este convenio colectivo será de aplicación en todos aqueles lugares e centros de traballo onde o persoal da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra desenvolva o seu cometido.

Este convenio colectivo é de aplicación ás relacións laborais do persoal que presta servicios na Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra, excepto os postos de traballo de niveis de xefe de unidade e superiores (niveis 1 ó 12, ambos inclusive).

Artigo 2º.-Ámbito temporal do convenio.

Este convenio colectivo terá aplicación para efectos económicos e sociais, desde o 1 de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro do 2003, excepto naqueles conceptos en que o I Convenio Marco de Relacións Laborais de Portos do Estado e Autoridades Portuarias ou este mesmo convenio colectivo de ámbito local, estableza unha data diferente.

Mentres non se logre acordo expreso dun novo convenio, manterase en vigor todo o articulado do presente.

En calquera caso a sinatura dun novo convenio marco no ámbito de Portos do Estado e Autoridades Portuarias, obrigaría automaticamente á negociación dun novo convenio colectivo.

Artigo 3º.-As partes.

Entenderase como parte empresarial a Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra, estando a parte social integrada pola representación sindical dos traballadores e asumida polo comité de empresa, en proporción á representatividade que teñan de acordo co resultado das últimas eleccións sindicais.

Artigo 4º.-Natureza, compensación e absorción.

As condicións económicas de toda índole pactadas no I Convenio Marco de Relacións Laborais de Portos do Estado e Autoridades Portuarias e neste convenio colectivo forman un todo e substituirán, compensarán e absorberán en cómputo anual e global as que anteriormente viñesen rexendo calquera que sexa a natureza, orixe ou denominación delas, en condicións homoxéneas de traballo.

Tendo en conta a natureza do convenio, as disposicións legais futuras, incluídas as relativas a salarios, que impliquen variacións económicas, en todos ou algúns dos conceptos retributivos pactados neste convenio, só terán eficacia se, globalmente consideradas en cómputo anual, superan o nivel total do mesmo. En caso contrario, consideraranse absorbidas.

As partes asumen o cumprimento de cada unha das cláusulas do I Convenio Marco de Relacións Laborais de Portos do Estado e Autoridades Portuarias e deste convenio colectivo con vinculación á totalidade deles.

Artigo 5º.-Garantía ad personam.

As remuneracións económicas persoais dos traballadores que por tódolos conceptos, excepto o salario base e a antigüidade, globalmente consideradas viñeran percibíndose o 31 de decembro de 1994 e sempre que excedan do pactado no convenio marco e neste convenio colectivo de ámbito inferior, serán respectadas con carácter excepcional e a título persoal como condicións máis beneficiosas, e quedarán consolidadas a título persoal como complemento conxelado e non absorbible por futuros incrementos retributivos.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Durante a vixencia do presente convenio colectivo, constituirase unha comisión paritaria, que deberá formalizarse no prazo dos quince días seguintes á sinatura deste convenio colectivo de ámbito local.

Para efectos identificativos, este órgano denominarase Comisión Paritaria do Convenio Colectivo Local (en diante CPCL), establecéndose que o órgano paritario previsto no artigo sexto do I Convenio Marco

de Relacións Laborais de Portos do Estado e Autoridades Portuarias, se identificará como Comisión Paritaria do Convenio Marco (en diante CPCM).

* Composición.

A CPCL, que será paritaria, estará formada por 10 membros, deles 5 representarán a Autoridade Portuaria e 5 a representación dos traballadores.

Os membros da parte social serán designados por cada unha das organizacións sindicais, sobre a base da representación que teñan de acordo co resultado das últimas eleccións sindicais, actualmente 3 UGT, 1 CC.OO., e 1 CIG.

Poderán asistir ás sesións da CPCL, con voz pero sen voto, os asesores que as partes estimen convenientes, cun máximo de dous por cada parte.

A condición de membro da comisión é persoal e intransferible. As variacións dos membros da comisión que poidan producirse comunicaranse, obrigada e simultaneamente ó efectua-la súa substitución, á secretaría da comisión para os efectos que procedan.

A sede administrativa da CPCL, para efectos de notificacións e comunicacións estará na sede da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra, con domicilio en avda. Corbaceiras, s/n, Pontevedra.

A secretaría da CPCL, que non terá voz nin voto, e residirá na Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra, estará obrigada a transmitir a cada unha das partes, dentro do prazo de vintecatro horas desde a súa recepción, cantas notificacións, documentos etc., sexan remitidos á sede da comisión, polo conducto máis rápido posible.

* Carácter das reunións e convocatorias:

A comisión deberá reunirse, para tratar asuntos que se sometan á mesma, tantas veces como sexa necesario a petición de calquera das partes.

As reunións da CPCL revestirán, con base nos asuntos que lle sexan sometidos, o carácter de ordinarias ou extraordinarias. calquera das partes poderán outorgar fundadamente tal cualificación.

As convocatorias da CPCL nas que inclúan puntos da orde do día relativos a conflictos colectivos ou folgas, terán o carácter de extraordinarias, salvo que expresamente a parte convocante lles atribúa o carácter ordinario.

Nas convocatorias ordinarias, a comisión deberá resolver no prazo de quince días naturais ou trece días hábiles e, nas extraordinarias, no termo de tres días desde a recepción da convocatoria.

Ambas partes están lexitimadas para proceder á convocatoria da CPCL de maneira indistinta, sen máis requisito que comunicalo á secretaría da comisión, por calquera medio fidedigno con tres días hábiles de antelación, á data da reunión, facendo consta-la orde do día e o carácter da reunión e remi

tindo á vez, polo conducto maís rápido posible, os antecedentes do tema obxecto da reunión. A secretaría comunicarao simultaneamente ós demais membros da comisión.

A CPCL, por maioría de votos, poderá decidir aprazar un tema determinado motivando a súa decisión.

* Das actas das sesións:

Das reunións da comisión levantarase acta sucinta na que se reflectirán puntualmente as circunstancias de tempo e lugar e os acordos que se alcancen, así como calquera opinión razoada que algún dos integrantes desexe facer figurar.

As actas serán redactadas pola secretaría da comisión, designada polos seus membros e corresponderá á representación da autoridade portuaria, podendo ser este nomeamento revogado por calquera das partes.

Para a súa validez, as actas deberán ser aprobadas pola comisión. A dita aprobación efectuarase con carácter ordinario na mesma sesión, e con carácter extraordinario na reunión seguinte que celebre a comisión.

Unha vez aprobadas as actas, estas terán carácter vinculante.

* Competencias da comisión:

1. Interpreta-la totalidade do articulado do presente convenio e vixia-lo cumprimento do pactado.

2. Entender en materia de conflicto colectivo, de acordo co procedemento que se establece, e servir de canal negociador en tempo de preaviso de folga.

3. Entender de conflictos xurídicos de interese en materia de conflicto colectivo no ámbito das relacións colectivas de traballo.

Calquera outra competencia que expresamente lle veña dada polo presente convenio colectivo.

* Do quórum e réxime de adopción de acordos:

Para a válida constitución da CPCL e adopción de acordos con carácter vinculante, esixirase o réxime de maiorías establecido no artigo 89.3º do Estatuto dos traballadores.

Por acordo das partes, as diferencias existentes no seo da comisión poderán resolverse mediante o procedemento de mediación e arbitraxe. De manterse o desacordo nesta comisión, elevarase informe á CPCM.

No crédito de horas mensuais retribuídas concedido ós representantes dos traballadores non se computará o tempo empregado nas reunións da CPCL.

Para os efectos do presente artigo, terán tamén o carácter de conflictos colectivos aqueles que sendo promovidos por un/a traballador/a a título individual, a súa solución sexa estensible ou xeralizable a un colectivo de traballadores.

* Procedemento de actuación en materia de conflicto colectivo e folga:

Convencidas as partes de que un descenso da litixiosidade redundará en beneficio dun mellor clima laboral, e coa finalidade de lograr unhas máis baixas cotas de conflictividade, establécese que nos conflictos colectivos de traballo que se indican, e que durante a vixencia do convenio puideran suscitarse, serán sometidos obrigatoriamente a esta CPCL.

A CPCL deberá actuar ante:

-Convocatorias de folga.

-Conflictos de interpretación ou aplicación do convenio colectivo.

-Conflictos de interese no ámbito das relacións colectivas de traballo.

A CPCL actuará como órgano de conciliación, mediación e arbitraxe en tódolos conflictos colectivos, sen prexuízo das actuacións administrativas ou xudiciais, ou de aplicación do previsto no punto seguinte sobre solución voluntaria de conflictos.

Como principio xeral establécese o de boa fe, na negociación da solución dos conflictos.

Estarán lexitimados para inicia-los citados procedementos aqueles suxeitos, que de conformidade coa lexislación vixente, se encontren facultados para promover conflictos colectivos.

As resolucións, acordos, dictames ou recomendacións da comisión adoptados por maioría por cada unha das partes, serán vinculantes e resolutorios.

De non se chegar a acordo e iniciarse a consiguente folga ou conflicto colectivo, as partes en calquera momento, poderán pedir de novo a intervención en arbitraxe da CPCM, sendo esta a que dicte a resolución vinculante que corresponda.

O traballador que estime lesionados os seus dereitos individuais, poderá exerce-las accións legais que estime oportunas.

Calquera asunto remitido á CPCM, deberá ser tratado previamente nesta CPCL.

Artigo 7º.-Solución voluntaria de conflictos.

Serán susceptibles de someterse ós procedementos voluntarios de solución de conflictos, comprendidos no presente punto, aquelas controversias ou diferencias laborais, que correspondan a unha pluralidade de persoas ou nas que a interpretación, obxecto da diverxencia, afecte a intereses colectivos ou supra persoais.

Para os efectos do presente punto, terán tamén o carácter de conflictos colectivos aqueles que sendo promovidos por un traballador a título individual, a súa solución sexa estensible ou xeneralizable a un colectivo de traballadores.

Os procedementos de solución voluntaria de conflictos son:

1. A interpretación.

2. A mediación.

3. A arbitraxe.

Logo de acordo das partes, someterase o procedemento de mediación e arbitraxe ó establecido no Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo.

-O procedemento de interpretación:

Será acordado no seo da CPCL.

-O procedemento de mediación:

Non estará suxeito a unha tramitación preestablecida, salvo a designación do mediador e a avinza que de se-lo caso se alcance.

o carácter de mediación será voluntario e requirirá acordo por maioría de cada unha das dúas partes, facendo constar por escrito as diverxencias, a designación do mediador e sinalando a xestión sobre a que versa a súa función.

O nomeamento do mediador realizarase de mutuo acordo polas partes. A comisión notificará o nomeamento ó mediador, así como todos aqueles extremos que sexan necesarios para o cumprimento da súa función. As propostas de solución, que ofreza o mediador ás partes, poderán ser libremente aceptadas ou rexeitadas por estas. En caso de aceptación, a avincia terá a mesma eficacia que o pactado en convenio colectivo.

O dito acordo se formalizará por escrito, presentándose copia á autoridade portuaria e á CPCM.

-O procedemento de arbitraxe:

Mediante este procedemento as partes en conflicto acordan voluntariamente encomenda-las súas diferencias e aceptar de antemán a solución que este dicte.

A acta de sometemento conterá, polo menos, os seguintes extremos:

1. Nome do árbitro ou árbitros designados (un ou tres).

2. Obxecto de conflicto, con especificación da súa xénese e desenvolvemento da pretensión e os argumentos que a fundamentan e calquera documento que as partes consideren oportuno presentar.

3. Colectivo afectado polo conflicto e ámbito especial del.

4. Cuestións concretas ás que o árbitro debe limita-lo seu coñecemento e prazo para emiti-lo laudo.

5. Criterio (dereito e/ou equidade) que debe utilizar.

6. Aceptación do compromiso de non iniciar accións xudiciais ou administrativas para resolve-las ditas cuestións, e do carácter vinculante e executivo da resolución arbitral.

7. Domicilio das partes afectadas.

8. Data e sinatura das partes.

Faranse chegar copias da acta ou escrito do compromiso arbitral á CPCM e, para efectos de constancia documental, á autoridade laboral competente.

A designación do árbitro ou árbitros será libre e recaerá sobre expertos imparciais. Levarase a cabo o nomeamento en igual forma que a sinalada anteriormente para os mediadores.

Unha vez concluído o compromiso arbitral, as partes absteranse de instar calquera outro procedemento sobre a cuestión ou cuestións suxeitas á arbitraxe.

Cando un conflicto colectivo fose sometido a arbitraxe, as partes absteranse de recorrer á folga ou ó peche patronal mentres continúe o procedemento arbitral.

A resolución arbitral será vinculante e inmediatamente executiva e resolverá motivada e fundadamente todas e cada unha das cuestións fixadas no compromiso arbitral.

O árbitro ou árbitros actuarán conxuntamente e notificarán ás partes a resolución dentro do prazo fixado no compromiso arbitral. Así mesmo, notificarase á CPCM e á autoridade laboral competente.

A resolución, se procede, será obxecto de deposito e publicación para idénticos efectos dos previstos no artigo 90 do Estatuto dos traballadores.

A resolución arbitral terá a mesma eficacia que o pactado en convenio.

A validez da resolución arbitral estará condicionada a que aquela respecte o disposto na normativa xeral, orzamentaria e sobre emprego vixente en cada momento.

Capítulo II

Organización e dirección do traballo

Artigo 8º.-Organización.

De acordo coas disposicións vixentes, a facultade e responsabilidade da organización do traballo corresponderá ós órganos de xestión da autoridade portuaria, que a poderá exercer por si mesma ou a través das delegacións oportunas, sen prexuízo dos dereitos e facultades de audencia, información e participación recoñecidos ós traballadores e os seus representantes de acordo coa normativa vixente.

A autoridade portuaria solicitará informe previo dos representantes legais e sindicais dos traballadores, especialmente na confección do organigrama dotacional e funcional.

Artigo 9º.-Dirección e control do traballo.

O traballador virá obrigado a realiza-la prestación laboral baixo a dirección das persoas responsables da autoridade portuaria. Estes poderán adopta-las medidas máis oportunas para a vixilancia e control das obrigacións e deberes laborais, gardando na súa adopción e aplicación a consideración debida á súa

dignidade e tendo en conta a capacidade real dos traballadores diminuídos, se é o caso.

Os responsables da autoridade portuaria reuniranse preferentemente con periodicidade bimensual cos representantes legais e sindicais dos traballadores, para efectos de informar do desenvolvemento do traballo por seccións e recibir suxestións sobre o mesmo, informando ademais das necesidades do cadro de persoal así como do plan de empresa e situación económica.

Cando a autoridade portuaria prevexa a execución de obras de conservación que non sexan, ó seu criterio, de urxente execución e que non requiran a utilización de equipos, medios ou especialidades dos que careza o ente público, este consultará os representantes legais dos traballadores sobre a posibilidade de realiza-las ditas obras polo persoal do mesmo, sempre que o seu custo, incluídos tódolos gastos do persoal que interveña, o prazo e calidade sexan adecuados, e sen que iso supoña o abandono doutros traballos que teñan, a xuízo da autoridade portuaria, prioridade sobre os consultados. A representación legal dos traballadores deberá contestar nun prazo máximo de sete días naturais. O incumprimento en tres ocasións das condicións de custo, prazo ou calidade pactadas por causas imputables ós traballadores, a xuízo do director/presidente do ente público, eximirá o mesmo no futuro do cumprimento do regulado no parágrafo anterior.

A autoridade portuaria comprométese a mante-la prestación dos servicios que actualmente se presten en réxime de xestión directa, nos termos establecidos na disposición derradeira primeira do I Convenio Marco de Relacións Laborais de Portos do Estado e Autoridades Portuarias.

Artigo 10º.-Ordenación de recursos humanos.

Con obxecto de alcanzar un nivel adecuado de eficacia dos servicios, baseado na óptima utilización dos recursos humanos e materiais adscritos a eles, enúncianse como criterios inspiradores da organización do traballo os seguintes:

a) A planificación e ordenación dos recursos humanos.

b) A adecuación e suficencia do persoal ás necesidades do servicio.

c) A adecuación e eficaz adscrición profesional dos traballadores.

d) A obtención duns niveis óptimos de formación e capacitación profesional dos traballadores.

e) A profesionalización e promoción profesional dos traballadores.

f) A identificación e valoración dos postos de traballo.

g) A racionalización, simplificación e mellora dos procesos e métodos de traballo.

Cando a situación ou características particulares dun determinado servicio ou departamento da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra o esixa, a empresa poderá aprobar plans para a adecuación dos recursos que prevexan a articulación coordinada de diversas medidas para o ámbito determinado. Os plans elevaranse a consulta á representación legal e sindical dos traballadores, serán obxecto da debida publicidade e estarán baseados en causas obxectivas recollidas na correspondente memoria xustificativa.

Estes plans conterán, se é o caso, as seguintes previsións e medidas, sen prexuízo dos establecidos con carácter xeral nos capítulos do presente convenio colectivo:

a) Previsións de modificación de estructuras organizativas e de postos de traballo.

b) Procedementos de mobilidade do persoal de conformidade co disposto no presente convenio colectivo.

c) Cursos de formación e capacitación.

d) Concursos de traslados limitados ó persoal dos ámbitos que se determinen.

e) Medidas específicas de promoción interna.

f) Incorporación de recursos humanos adicionais que terán que integrarse, se é o caso, na pertinente oferta de emprego.

g) Outras medidas que procedan en relación cos obxectivos dos plans.

Artigo 11º.-Certificacións.

A Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra, dentro da súas competencias, está obrigada a entregar ó traballador, á súa instancia, certificado acreditativo do tempo de servicios prestados, clase de servicios prestados, clase de traballo realizado, emolumentos percibidos, así como de calquera outra circunstancia relativa á súa situación laboral.

En tódolos supostos, as anteriores certificacións deberán ser visadas polo presidente correspondente ou persoa en quen delegue.

Capítulo III

Selección e contratación

Artigo 12º.-Cadros de persoal.

Conforme o disposto no artigo 40.5º e) da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, o cadro do persoal será aprobada polo Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra, co preceptivo informe dos representantes legais e sindicais dos traballadores, que deberán emitilo no prazo máximo de quince días, podendo solicita-lo ente público cantos informes complementarios estime necesarios para maior coñecemento.

O cadro de persoal da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra deberá tender á consecución do nivel óptimo definido mediante os sistemas de cobertura que se determinen en cada momento, co obxecto

de garanti-la prestación eficaz e efectiva dos servicios que se prestan na actualidade ou outros que puideran xurdir, nos termos expresados no parágrafo anterior e nos artigos 9º, 10º e 15º do presente convenio colectivo.

Artigo 13º.-Dotacións de persoal.

Ó abeiro do disposto no artigo 40.5º e) da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, as modificacións das dotacións de persoal serán aprobadas polo Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra, sobre a base das necesidades de persoal, co preceptivo informe dos representantes dos traballadores, que deberán emitilo no prazo máximo de quince días.

Artigo 14º.-Clasificación do persoal.

a) Segundo a súa permanencia.

O persoal da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra clasifícase en fixo e temporal.

É personal fixo o que tendo o correspondente nomeamento ocupa un posto no cadro de persoal respectivo debidamente aprobado.

Considérase de contratación temporal, o que, en determinadas ocasións se contrata para labores circunstanciais e meramente transitorios, ós que non poida atenderse con persoal fixo, de acordo coas normas que en cada caso regulen a dita contratación. A representación legal dos traballadores será informada previamente nos termos que estableza o regulamento ó que se refire o artigo 15º do presente convenio.

En materia de contratación temporal e ingresos rexerá o establecido no artigo 8 e 9 do I Convenio Marco de Relacións Laborais de Portos do Estado e Autoridades Portuarias, e sobre o dereito de información ós representantes dos traballadores en materia de contratación rexerá o disposto na normativa vixente.

Sen prexuízo do establecido na normativa laboral e orzamentaria vixente, a autoridade portuaria manterá unha estructura de persoal fixo adecuada ás súas necesidades laborais permanentes.

A autoridade portuaria dará a coñecer ós representantes legais dos traballadores o escalafón do persoal, e o organigrama funcional, unha vez aprobado polo órgano competente e en todo caso antes do 31 de decembro de cada ano, que deberá conter polo menos os seguintes datos:

Número de matrícula, antigüidade recoñecida, categoría profesional, nivel de convenio e destino real.

b) Clasificación segundo a súa función.

Tódolos traballadores serán clasificados individualmente coa categoría profesional do posto de traballo que desempeñe.

As categorías profesionais recollidas no vixente convenio marco non supoñen a obrigación de as ter

cubertas na Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra, se as necesidades do servicio e volume de tráfico non as requiren. Se xurdise algunha tarefa nova ou función non contemplada na clasificación profesional e a definición de postos de traballo do I Convenio Marco de Relacións Laborais de Portos do Estado e Autoridades Portuarias, será obxecto de asimilación pola autoridade portuaria, mentres non se aprobe a súa definición específica pola CPCM.

Artigo 15º.-Ingresos de persoal.

A selección e contratación do persoal de novo ingreso, xa sexa fixo ou temporal, axustarase á normativa xeral, orzamentaria e sobre emprego vixente en cada momento e realizarase de acordo coas necesidades a cubrir e con sistemas baseados en principio de igualdade de mérito e capacidade e mediante convocatoria pública.

Para ingresar na Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra requirirase polo menos:

a) Titulación e aptitude suficiente para o posto de traballo, de acordo coa regulación establecida nos niveis e postos de traballo e titulacións mínimas esixibles establecidas no artigo 10 do I Convenio Marco de Relacións Laborais de Portos do Estado e Autoridades Portuarias.

b) Ter cumprida a idade que fixen as leis.

c) Acredita-las condicións e preparación suficientes que se esixen para o desempeño do posto do que se trate, superando para o efecto as correspondentes probas.

A selección do persoal fixo efectuarase por concurso-oposición.

A selección para a contratación de postos de niveis 11 e 12 poderá efectuarse por concurso de méritos.

Para o ingreso de persoal fixo, constituirase un tribunal examinador no que participarán dous representantes do persoal que serán designados polo comité de empresa e, se é posible, serán de igual ou superior categoría á da praza que se vai cubrir, respectándose en todo caso a autonomía da representación dos traballadores para a designación dos representantes, debendo gardar o sixilo profesional ó que fai referencia o artigo 65 do Estatuto dos traballadores.

Para garanti-la transparencia dos procesos selectivos, tanto de persoal fixo como eventual, no improrrogable prazo de 4 meses a partir da firma do presente convenio, a dirección e a representación legal dos traballadores confeccionarán un regulamento que haberá de incorporarse como anexo ó presente convenio, e incluirá necesariamente os seguintes extremos:

a) Requisitos do posto de traballo.

b) Tipo de probas.

c) Criterios de realización de probas.

d) Criterios de valoración de probas.

e) Puntuación final.

f) Prazos.

As probas de selección poderán realizarse co auxilio de organismos competentes ou empresas especializadas, incorporando os resultados das mesmas ó expediente que terá que valora-lo citado tribunal.

Nas convocatorias establecerase unha reserva de prazas para persoas con minusvalidez que permita alcanzar progresivamente o 2% no cadro de persoal naqueles postos de traballo que sexan compatibles coa súa minusvalidez.

O aboamento de indemnizacións ou compensacións por asistencia a tribunais oposicións e concursos, ten que efectuarse segundo o regulado no Real decreto 236/1988, do 4 de marzo e disposicións complementarias sobre indemnizacións por razón do servicio no sector público.

En caso de que se seleccione a outro traballador que proveña doutro ente público portuario, recoñeceráselle a antigüidade que tivese acreditada no sistema portuario, respectándose en todo caso o establecido nesta materia pola Lei de portos do Estado e da mariña mercante, na súa disposición adicional sexta.

Artigo 16º.-Período de proba.

O período de proba regularase de acordo co establecido no artigo 14 do Estatuto dos traballadores, excepto na súa duración, que se fixa en quince días para os traballadores sen cualificación profesional; en trinta días para os traballadores con cualificación, incluído o persoal administrativo, e en tres meses para o persoal titulado.

A situación de incapacidade temporal, que afecte ó traballador en período de proba, interromperá o período del.

Artigo 17º.-Contrato temporal.

A contratación temporal de persoal rexerase polas normas xerais que regulen cada modalidade de contratación, e polo regulado no presente convenio na medida que legalmente corresponda.

As partes lexitimadas acordan que os órganos de xestión e goberno da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra elixirán as duracións que en cada momento máis se axusten ás súas necesidades, de entre as seguintes modalidades:

a) Contratos eventuais de ata seis meses nun período de referencia de doce.

b) Contratos eventuais de ata trece meses e medio nun período de referencia de 18 meses.

c) Contratos eventuais de 4 meses de duración, en carácter de bolsa de vacacións.

Se se acorda unha duración inferior ás citadas, poderá alcanzarse o máximo cunha soa prórroga.

Así mesmo as partes legitimadas acordan que poderán cubrirse con contratos de obra ou servicio determinado as actividades que teñan unha autonomía ou actividade independente, logo de informe dos representantes legais dos traballadores.

Acórdase tamén reforza-la causalidade das contratacións temporais, de entre as modalidades descritas anteriormente, a excepción da modalidade de 4 meses de duración.

Durante a vixencia do presente convenio colectivo, e coa finalidade de proporcionar ó persoal eventual a formación teórica e práctica necesaria para desempeñar adecuadamente as súas funciones, se as necesidades do servicio o demandan e a cualificación do posto o require, a Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra poderá reservar anualmente dotación orzamentaria na súa masa salarial coa finalidade de concertar contratos para a formación, nos termos e condicións establecidos na súa normativa reguladora.

Artigo 18º.-Promoción interna e provisións de vacantes.

A provisión de postos de traballo realizarase por convocatoria pública, mediante exame de aptitude e méritos, baseándose no establecido no artigo 10 do I Convenio Marco de Relacións Laborais de Portos do Estado e Autoridades Portuarias, e tendo en conta o sistema de provisión reflectido no artigo 15 e anexo (sistema de provisión de postos de traballo) do presente convenio. Para participar na convocatoria deberán acreditarse, se é o caso, as titulacións mínimas establecidas no artigo 10.E), do I Convenio Marco de Relacións Laborais de Portos do Estado e Autoridades Portuarias.

Se a xuízo da autoridade portuaria fose necesario cubrir postos de traballo, a convocatoria, de acordo co principio de agrupación de prazas, efectuarase nun prazo máximo de 6 meses.

Reservarase un 60% como mínimo dos postos ofertados e en todo caso 2 a promoción interna, polo que poderán presentarse ás convocatorias os traballadores que pertenzan a unha categoría de igual ou inferior nivel ó do posto que se pretenda ocupar.

Con carácter excepcional, ó persoal do que a antigüidade nesta autoridade portuaria ou outro ente público portuario, sexa anterior o 1 de xaneiro de 1993, non se lle esixirá titulación ningunha para concursar a aquel posto de traballo que non leve aparellada titulación específica indispensable.

Na composición e funcionamento dos tribunais examinadores e demaiss aspectos, rexerá o establecido no artigo 15º deste convenio.

Os postos adxudicaranse sempre ós aspirantes que obteñan a maior puntuación final, e en caso de empate promocionará ó traballador de máis antigüidade.

Artigo 19º.-Mobilidade funcional.

Establécese a mobilidade funcional no seo de cada grupo profesional e categorías equivalentes e páctase expresamente a polivalencia entre os diferentes grupos cos límites da titulación requirida.

A mobilidade funcional e polivalencia que se pacta ten por obxecto a consecución dos seguintes obxectivos:

Permitir cubri-las necesidades do servicio sempre que o esixan as necesidades operativas da empresa, contribuír a favorece-lo traballo en equipo, posibilita-la ocupación de períodos de inactividade dos traballadores dentro da súa xornada laboral, así como supli-las ausencias de carácter temporal dos traballadores por motivos tales como vacacións, baixas e substitución de curta duración, etc., todo iso no seo dos distintos grupos profesionais, sen máis limitacións que as impostas pola capacitación/formación e titulación académica e profesional dos traballadores. Tamén ha de comprende-la incorporación daquelas funcións e tarefas que sexan consecuencia dos cambios evolutivos dos medios ou procedementos que se implanten.

Debe posibilita-la realización de tarefas correspondentes a distinto grupo profesional, sempre que existan razóns técnicas ou organizativas que o xustifiquen e polo tempo imprescindible para a súa atención.

Cando, con fundamento nos anteriores criterios, os traballadores veñan obrigados a realizar plenamente as funcións propias doutro grupo ou categoría profesional superior, con carácter de permanencia, aínda que tamén con elemento de interinidade, percibirán por este concreto traballo o salario correspondente ó grupo e categoría profesional do que realicen as tarefas.

Ó traballador que realice plenamente as funcións dun grupo superior ó da categoría superior que teña recoñecida durante un período superior a seis meses durante un ano ou a oito meses durante dous anos, poderá reclamar que se proceda á convocatoria pública correspondente.

No caso de encomenda de funcións inferiores esta deberá estar xustificada por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade productiva, sen menoscabo da remuneración que lle corresponda e por un período máximo dun mes ó ano. A dirección da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra deberá comunicar esta situación ós representantes dos traballadores.

Capítulo IV

Xornada e horario de traballo

Artigo 20º.-Xornada laboral e horario de traballo.

A xornada anual máxima para o persoal afectado polo presente convenio será de 1687 horas de traballo efectivo.

A xornada semanal será de 37,5 horas de traballo efectivo de media en cómputo cuadrimestral, podendo establecerse unha distribución desigual da xornada semanal.

Respectando os criterios establecidos no I Convenio Marco de Relacións Laborais de Portos do Estado e Autoridades Portuarias, a Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra adaptará a distribución da xornada ás súas necesidades, de acordo co comité de empresa, definíndose os seguintes tipos de horarios:

1. Horario fixo:

Enténdese por horario fixo o que unha vez establecido non varía durante o ano, podendo realizarse en xornada continuada ou partida.

2. Horario a quendas:

É aquel en que as horas de entrada e saída ó traballo van rotando durante o ano dentro do esquema previamente establecido pola autoridade portuaria.

3. Horarios especiais:

Estableceranse para os traballos que o requiran debido á súa natureza e características especiais, tales como os técnicos mecánicos de sinais marítimos, ordenanzas e conductores.

A autoridade portuaria elaborará no mes de xaneiro de cada ano, o calendario laboral, de acordo cos representantes dos traballadores que, unha vez aprobado, se fará público nos taboleiros de anuncios.

A autoridade portuaria entregará mensualmente a cada traballador un resumo individualizado da xornada efectivamente realizada.

Así mesmo, exporase nos taboleiros de anuncios de cada servicio para coñecemento do persoal afectado, o cadrante onde se recolla a asignación de quendas.

Cando se traballe en réxime de xornada partida respectarase, con carácter xeral, un descanso entre os dous períodos de traballo non superior a dúas horas; na xornada continuada, o descanso será de quince minutos computables como traballo efectivo. Nos réximes de quendas rexerá o regulado no artigo 23º do presente convenio, podendo establecerse unha distribución desigual da xornada semanal, respectando o mesmo cómputo e cun mínimo de 16 e un máximo de 22 xornadas ó mes.

Artigo 21º.-Descanso dominical e en días festivos.

Cando excepcionalmente e por razóns técnicas ou organizativas se traballe en domingo ou día festivo, percibirase con cargo ó complemento de flexibilidade horaria, unha contía igual para tódalas categorías profesionais de 5.380 pesetas día.

Así mesmo, cando a xornada dominical ou festiva sexa inferior a 4 horas, terase dereito a media xornada de descanso. Se se superan as 4 horas e ata un máximo de 8 horas, o tempo de descanso será dunha xornada dentro dun período de tempo razoable

e en día laborable, procurando como norma xeral, que este sexa o seguinte ó festivo.

Respectaranse os acordos sobre quendas e traballos fóra do horario habitual que no presente momento estean establecidos para regula-las condicións de traballo de determinados colectivos, nestas circunstancias.

O anteriormente establecido non será de aplicación ó persoal suxeito a quendas adscritas ás modalidades A.1 e B, segundo o regulado no artigo.

Artigo 22º.-Traballo a quendas e traballo nocturno.

No caso excepcional de que un traballador sometido a quendas tivera que prolonga-la súa xornada, sen que poida supera-las dúas horas, por ausencia imprevista do traballador que debía continua-la quenda, percibirá o complemento de flexibilidade horaria na modalidade B na contía que proceda.

Os traballadores que realicen o seu servicio en réxime de quendas poderán cambiar entre eles voluntariamente de servicio, quenda e garda, comunicándoo previamente, con polo menos 48 horas de antelación, ó seu inmediato superior.

Considerarase traballo nocturno o efectuado entre as dez da noite e as seis da mañá, incrementándose a retribución nun 30 por 100 do salario base, salvo que o salario se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza.

Os traballadores nocturnos ós que se recoñezan problemas de saúde ligados ó feito do seu traballo nocturno terán dereito a ser destinados a un posto de traballo diúrno que exista na autoridade portuaria e para o que sexan profesionalmente aptos. A Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra promoverá a participación do traballador en accións formativas destinadas a facilita-la súa adaptación ó novo posto.

As mulleres embarazadas ou en período de lactación non traballarán entre as vintedúas e as seis horas.

Artigo 23º.-Horas extraordinarias.

Acórdase a supresión na Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra das horas extraordinarias habituais. Para tal efecto só terán a consideración de horas extraordinarias as que excedan da xornada ordinaria.

Establécense os seguintes tipos de horas extraordinarias:

A) Horas extraordinarias motivadas por forza maior, de realización obrigatoria, as cales se aboarán incrementando o valor do salario hora con un incremento do 75%.

Terán esta consideración, as horas que se realicen:

-Pola necesidade de previr e/ou reparar os efectos ocasionados por sinistros ou outros danos extraordinarios e/ou urxentes.

-Pola manipulación de mercadorías perigosas que poidan constituír especial motivo de risco para a seguridade da área portuaria.

-Pola perda de materias que, ó non producirse a súa manipulación, se deterioren en escasa marxe de tempo.

B) Horas extraordinarias que non teñan a anterior consideración, de libre aceptación, as cales se compensarán en tempo de descanso, na proporción de 1,75 por hora traballada.

Terán esta consideración as horas extraordinarias esixidas por períodos punta, tráficos imprevistos ou outra circunstancia de carácter estructural derivada da natureza da actividade.

Os descansos compensatorios realizaranse coa maior brevidade, segundo as necesidades do servicio e preferentemente dentro do cuadrimestre. O descanso compensatorio das horas extraordinarias que se efectúen no último cuadrimestre do ano, realizarase inescusablemente durante o primeirpo cuadrimestre do seguinte.

Para efectos de cotización e información ós representantes legais dos traballadores, rexerá o disposto na normativa vixente.

Capítulo V

Vacacións, permisos e licencias

Artigo 24º.-Vacacións.

As vacacións anuais retribuídas, terán a duración do mes natural en que se desfruten. De mutuo acordo poderanse fraccionar as vacacións en dous períodos de 15 días naturais que deberán comezar os días 1 ó 16 do mes de que se trate. En tal caso a suma total dos períodos de vacacións será de 30 días naturais.

O período vacacional queda establecido entre os meses de xuño e setembro, ambos inclusive.

Poderán desfrutarse fóra do período indicado no parágrafo anterior, sempre que o traballador o solicite con antelación suficiente e non supoñan un prexuízo para a organización do traballo na área ou servicio de que se trate.

Cando excepcionalmente e se por necesidades do servicio se tiveran que desfrutar as vacacións fóra do período vacacional antes sinalado, terase dereito a desfrutar dun período de descanso adicional de sete días naturais. En todo caso, antes de proceder á determinación dos traballadores afectados por esta circunstancia, solicitaranse voluntarios e, só no caso de non cubrirse, acudirase á obrigatoriedade, aplicando criterios de rotación.

Unha vez comezado o seu desfrute só se interromperán por accidente ou enfermidade, graves nun e outro caso, que o facultativo prescriba necesariamente hospitalización.

As vacacións non poderán ser substituídas por compensacións económicas, nin acumuladas ás dos anos seguintes e/ou sucesivos.

As vacacións desfrutaranse dentro do ano natural, tendo dereito o persoal de novo ingreso á parte proporcional correspondente ó tempo traballado no dito período. Excepcionalmente, ó persoal afectado por incapacidade temporal antes da iniciación das súas vacacións, permitiráselle desfrutalas no primeiro trimestre do ano seguinte, na parte proporcional correspondente ó tempo traballado no ano natural anterior.

Ó persoal que durante o ano non desfrutase as vacacións por suspensión ou extinción do seu contrato de traballo, aboaráselle como indemnización a parte correspondente ó período de traballo efectuado computándose as fraccións de mes superiores a 15 días por mes completo.

A retribución do período de vacacións estará integrada polos seguintes conceptos: salario base mensual, antigüidade, complemento de mobilidade funcional e, se é o caso, complemento de quendas, complemento de xornada partida, complemento de irregularidade horaria e complemento de especial responsabilidade e dedicación. Non se incluirán os incrementos dos complementos dos que a percepción estea prevista exclusivamente para os supostos de realización efectiva do traballo.

O persoal afectado por este convenio deberá concretar por escrito, durante o mes de xaneiro, o período de vacacións que desexa para que, unha vez planificadas as necesidades dos servicios e oída a representación dos traballadores, se elabore e publique cada ano nos correspondentes taboleiros de anuncios o calendario vacacional, respectando o criterio de rotación anual. Os traballadores coñecerán a planificación das vacacións no mes de xaneiro e, en todo caso, a data de desfrute quedará fixada tres meses antes, como mínimo, á do comezo das súas vacacións, salvo no suposto de excepcionalidade establecido no terceiro parágrafo deste artigo.

Artigo 25º.-Licencias sen retribución.

O persoal que cumprise polo menos un ano de servicio efectivo poderá solicitar licencia sen soldo por prazo non inferior a quince días nin superior a seis meses. As ditas licencias seranlles concedidas dentro dos trinta días seguintes ó da solicitude, sempre que o permitan as necesidades do servicio. A duración acumulada destas licencias non poderá exceder de seis meses cada dous anos.

Artigo 26º.-Unións de feito.

O traballador ou traballadora que forme parte dunha unión estable de parella, tanto homosexual como heterosexual, terá dereito ás licencias retribuídas que lle correspondan das indicadas nos distintos apartados do artigo 13 do I Convenio Marco de Relacións Laborais de Portos do Estado e Autoridades Portuarias e polos tempos que alí se indican. Para poder exercer este dereito deberá acreditarse a formalización da convivencia mediante escritura pública outorgada dous anos antes de exercer o dereito. Só para o caso das unións estables de parella de carácter heterosexual, se non formalizasen a con

vivencia mediante escritura pública, poderá achegarse acta de notoriedade da convivencia e do transcurso de dous anos.

Capítulo VI

Seguridade e saúde laboral

Artigo 27º.-Medidas de protección individual.

A Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra facilitará ós traballadores os medios e tipos de protección persoal adecuados ós traballos que realicen.

Os traballadores deberán, necesariamente, utilizar durante a xornada laboral a roupa de traballo e os medios de protección que se lles facilite, conforme os acordos do Comité de Seguridade e Saúde Laboral, que será competente para establecer tipos de pezas de roupa, períodos de entrega e renovación das mesmas.

Capítulo VII

Acción social

Artigo 28º.-Incapacidade temporal.

O traballador que estea en situación de incapacidade temporal (IT), percibirá, desde o primeiro día dela, un complemento con cargo á autoridade portuaria, sobre a prestación de Seguridade Social correspondente, ata completar o 100 por 100 das súas percepcións, entendéndose por tales o salario base mensual, a antigüidade, o complemento de mobilidade funcional e, se é o caso, o complemento de quendas, o complemento de irregularidade horaria, o complemento de xornada partida e o complemento de especial responsabilidade e dedicación (non se incluirán os incrementos dos complementos dos que a percepción estea prevista exclusivamente para os supostos de realización efectiva do traballo), ata un máximo de doce meses, salvo que, con anterioridade ó transcurso do dito prazo, se produza resolución expresa do INSS, na que se declare prorrogada a situación de incapacidade temporal, neste caso, o prazo máximo de duración será de dezaoito meses.

Co fin de reducir o posible absentismo, cando o índice de absentismo no ano anterior fose do 5% ou máis, na segunda IT e sucesivas derivadas de enfermidade común ou accidente non laboral, que se puideran producir durante o ano, salvo que medie hospitalización, o traballador percibirá este complemento a partir do sexto día. Para efectos de establecer o absentismo global rexerá o disposto no artigo 52.d do Estatuto dos traballadores.

No control do absentismo colaborarán os representantes dos traballadores.

Artigo 29º.-Servicio de prevención.

Para realizar e desenvolve-las actividades preventivas, a fin de garanti-la seguridade e saúde dos traballadores, crearase pola Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra un servicio de prevención, dotado

dos medios humanos e materiais apropiados para cumpri-las funcións básicas no referente a:

a) O deseño, aplicación e coordinación dos plans e programas de actuación preventiva e de emerxencia.

b) A avaliación dos factores de risco que poidan afectar á seguridade e saúde dos traballadores nos termos previstos no artigo 16 da Lei de prevención de riscos laborais.

c) A determinación das prioridades na adopción das medidas preventivas adecuadas á vixilancia da súa eficacia.

d) A información e formación dos traballadores.

e) A vixilancia da saúde dos traballadores en relación cos riscos derivados do traballo.

f) As que, se é o caso, se establezan respecto do Plan de Emerxencia Interior.

Artigo 30º.-Formación profesional.

A Comisión Paritaria de Formación que, de conformidade co I Convenio Marco, está obrigada a velar polo cumprimento das instruccións, normas e resolucións que se establezan pola Comisión Paritaria Sectorial de Portos do Estado e Autoridades Portuarias e que asume a responsabilidade de impulsar e coordina-las accións formativas no ámbito desta autoridade portuaria, estará integrada por 6 membros. Deles 3 representarán a autoridade portuaria e 3 os traballadores. A representación dos traballadores será designada polo Comité de Empresa en proporción á representación que teñan. Durante 2001, a Comisión Paritaria de Formación elaborará as súas normas de funcionamento interno.

Cando se determine a asistencia a un determinado curso de formación con carácter obrigatorio, o tempo investido no mesmo computarase como traballo efectivo. Así mesmo procurarase que a impartición dos cursos sexa o máis cerca posible dos centros de traballo.

Artigo 31º.-Seguro colectivo de vida, accidentes.

De acordo coas dotacións orzamentarias que se determinen para cada exercicio, como ben destinado a promove-la acción social dos traballadores da entidade, establécese un seguro colectivo de vida con cargo á Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra para todo o persoal afectado por este convenio colectivo, para o caso de morte natural ou invalidez permanente absoluta derivada de enfermidade común ou continxencia non recollida no seguro de accidentes. Remitirase copia desta póliza, así como das súas modificacións, bonificacións, etc., ós representantes legais dos traballadores e a cada traballador.

Mantense o seguro de accidentes con cargo á Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra, debendo de facilitar copia del, así como das súas modificacións, bonificaciones, recuperación anual de primas, etc,. ós representantes legais dos traballadores e a cada traballador.

Artigo 32º.-Seguro de responsabilidade civil.

Mantense o seguro de responsabilidade civil para todo o persoal afecto a este convenio colectivo.

Entregarase copia ós representantes legais dos traballadores.

Artigo 33º.-Anticipos reintegrables.

Para atender necesidades urxentes de índole persoal ou familiar que non admitan demora, establécese a concesión a favor dos traballadores rexidos polo presente convenio da posibilidade de obter préstamos reintegrables nun prazo máximo de 24 mensualidades, a descontar na proporción que resulte da súa nómina de haberes e mentres exista crédito no correspondente epígrafe orzamentario.

Así mesmo, poderán solicitarse anticipos sobre cada unha das pagas extraordinarias, ata o importe total da súa contía, reintegrándose co aboamento da mesma e sen outro requisito que o enunciado no punto anterior.

En ningún caso se concederá ningún anticipo sen a previa amortización do anterior.

Artigo 34º.-Xubilación voluntaria.

O premio establecido para as xubilacións voluntarias realizadas ó amparo do Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, ascende á cantidade de 500.000 ptas.

Artigo 35º.-Acción social para xubilados.

A autoridade portuaria facilitará a participación do persoal xubilado nas actividades de tipo social, cultural ou recreativo, que se organicen con carácter xeral.

Así mesmo realizaranse, se é o caso, as xestións oportunas co fin de propicia-los medios de funcionamento das asociacións de xubilados que puideran constituírse no ámbito da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra.

Artigo 36º.-Fondos de pensións.

Unha vez obtida a preceptiva autorización, acórdase a constitución dun plan de pensións para o cadro de persoal da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra, nas condicións que se negocien cos representantes legais dos traballadores, con achegas do ente público e da parte social, establecéndose que nun prazo de seis meses desde a aprobación deste convenio colectivo deberá quedar constituída a comisión promotora del, determinado os partícipes e aprobado o seu regulamento regulador, iniciándose así mesmo o proceso de formalización, suscribindo os documentos necesarios e instando a adhesión dos potenciais partícipes.

Acórdase así mesmo que o tempo investido nas reunións polos integrantes das comisións promotora e de control, se compute como de traballo efectivo.

A autoridade portuaria porá á disposición da comisión de control do plan de pensións os medios técnicos e materiais necesarios para desenvolve-lo seu labor.

En todo o que atinxe ás eleccións das comisións promotora e de control do plan, rexerá o disposto na normativa específica, e no seu defecto, ó réxime electoral sindical.

Capítulo VIII

Complementos salariais

Artigo 37º.-Complementos salariais.

I. Complementos de posto de traballo:

Enténdese por complementos de posto de traballo aqueles que percibe o traballador por razón das características do posto de traballo ou da forma de realiza-la súa actividade profesional, que comporte conceptuación distinta do traballo corrente. Estes complementos son de índole funcional e a súa percepción depende exclusivamente do exercicio da actividade profesional no posto asignado, polo que non terán carácter consolidable.

1. Complemento de embarque ou axuda de comida.

Os traballadores que por necesidades do servicio e orde dos seus superiores teñan que realiza-lo seu traballo a bordo de embarcacións ou noutras instalacións do servicio asimilables a aquelas, en circunstancias que lles impidan pernoctar na súa residencia ou realiza-las súas comidas principais no sitio en que normalmente as efectúa, sexa este a súa casa ou lugar habitual de traballo, percibirán unha axuda de comida para persoal embarcado (complemento de embarque) nas seguintes condicións:

a) Se pernoctan e realizan as dúas comidas principais nas condicións sinaladas no parágrafo anterior, o importe do complemento será o que se fixa no anexo.

b) Se realizan as dúas comidas principais, percibirán o 80 por 100 do dito complemento.

c) Se realizan unha soa comida principal, percibirán o 50 por 100 do dito complemento.

Para estes efectos, non corresponderá indemnización ningunha cando as comidas as facilite gratuitamente o ente público, salvo que pernocten; nese caso percibirán o 20 por 100 do complemento de embarque.

2. Complemento de inmersión.

Todo o persoal que, coa titulación adecuada para os traballos que vai realizar, efectúe estes en inmersión, recibirá un complemento do que a contía se fixa no anexo, e compensará o tempo realmente traballado co 25 por 100 en tempo de descanso.

3. Complemento de quendas.

3.1. Modalidades:

A) Tres quendas.

* A.1. Sete días á semana: cando os traballadores, pola natureza da actividade que desenvolvan, teñan que traballar en quendas rotatorias durante as vintecatro horas do día, incluídos domingos e festivos, percibirán un complemento na contía establecida

no anexo, modalidade A, incrementada en 4.465 pesetas por cada domingo ou festivo efectivamente traballado.

Para poder percibir esta modalidade deberán traballarse máis de 8 festivos e 11 nocturnos en cómputo cuadrimestral ó 33 festivos e 43 nocturnos en cómputo anual.

* A.2. Só días laborais: Cando as ditas quendas non inclúan domingos nin festivos, percibirán exclusivamente a contía establecida no anexo, modalidade A.

Para poder percibir esta modalidade deberán traballarse máis de 11 nocturnos en cómputo cuadrimestral ou 43 nocturnos en cómputo anual.

B) Dúas quendas con nocturnos e festivos.

Cando os traballadores estean incluídos no sistema de quendas rotatorias de mañá e noite ou tarde e noite tódolos días da semana, incluídos domingos e festivos, percibirase a contía correspondente á modalidade B, incrementada en 4.465 pesetas por cada domingo ou festivo efectivamente traballado.

Para poder percibir esta modalidade deberán traballarse máis de 11 nocturnos en cómputo cuadrimestral ou 43 en cómputo anual.

C) Dúas quendas só días laborables en xornada diúrna.

Cando os traballadores estean incluídos no sistema de quendas rotatorias de mañá e tarde tódolos días laborables aboarase a modalidade C. Esta só poderá autorizarse con carácter temporal e excepcional.

3.2. Incompatibilidades: a percepción do complemento de quendas en calquera das súas modalidades será incompatible con:

-Complemento de xornada partida.

-Complemento de irregularidade horaria.

-Complemento de especial responsabilidade e dedicación.

-O complemento de quendas na modalidades A e B é incompatible coa nocturnidade.

II. Complementos por calidade ou cantidade de traballo:

O complemento de productividade retribuirá o especial rendemento, a actividade e dedicación extraordinaria, o interese ou iniciativa con que se desempeñen os postos de traballo, sempre que redunden en mellora-lo resultado do mesmo.

A valoración da productividade realizarase en función de circunstancias relacionadas directamente co desempeño do posto de traballo e a consecución dos resultados ou obxectivos asignados a el.

O dereito ó devengo desta modalidade de complementos lígase á permanencia das circunstancias que determinasen o seu recoñecemento inicial, decaendo en tal dereito o perceptor no momento en que se constate a desaparición de tales circunstan

cias, excepto o complemento de mobilidade funcional regulado no I Convenio Marco de Relacións Laborais de Portos do Estado e Autoridades Portuarias, que por ter carácter estructural, é de asunción obrigatoria. En ningún caso, por tanto, as contías asignadas por complemento de productividade durante un período de tempo, a excepción do mencionado complemento, orixinarán dereito individual ningún respecto das valoracións ou apreciacións correspondentes a períodos sucesivos.

Ademais do complemento de mobilidade funcional, recogido no artigo 23 do convenio marco, terán a consideración de complementos de productividade os que a continuación se detallan e dos que a cuantificación económica se recolle nos anexos.

1. Complementos de xornada flexible:

A) Complemento de flexibilidade horaria. O obxectivo deste complemento é compensar aquel persoal que realice efectivamente traballos fóra do seu horario habitual.

A flexibilidade horaria enténdese como a asistencia ó posto de traballo fóra do horario establecido por circunstancias diversas (remate de buque, avaría, traballos urxentes, etc.). En ningún caso poderán realizarse máis de 2 horas diarias polo mesmo traballador.

Cando a flexibilidade implique modificacións no horario regular sen supera-las trinta e sete horas e media, en cómputo cuadrimestral, percibirase o complemento na súa modalidade A.

Cando a flexibilidade implique variación no horario regular que supere as trinta e sete horas e media, en cómputo cuadrimestral, percibirase por cada hora en exceso o complemento de flexibilidade na súa modalidade B.

Este complemento é incompatible con:

-Nocturnidade.

-Festivos.

-Complemento de especial responsabilidade e dedicación.

-Complemento de irregularidade horaria.

-Horas extraordinarias.

B) Complemento por cambio de quenda. A compensación por cambio de quenda está dirixida a todo aquel persoal que desenvolva o seu traballo en réxime de quendas, co obxecto de compensar economicamente o efectivo cambio de quenda por necesidades do servicio.

A permanencia na quenda ó que se cambie non xerará dereito ó devengo deste complemento. Será de pagamento único cada vez que se cambie da quenda habitual, non considerándose cambio a volta ó seu cadrante. Os cambios de quenda non superarán os 12 ó ano por traballador nin os sete días consecutivos en cada cambio. En ningún caso os cambios de quenda suporán traballar máis de corenta e catro

festivos nin sesenta e seis nocturnos en cómputo anual.

A cuantía económica será de dúas veces o valor unitario correspondente a unha hora da modalidade B do complemento de flexibilidade horaria para cada nivel.

C) Complemento de irregularidade horaria. O director da autoridade portuaria poderá asignar este complemento a aqueles traballadores que, estando adscritos ós postos de traballo que a continuación se relacionan, requiran someterse a total dispoñibilidade, sen suxeición ó horario regular, por circunstancias inherentes ó desempeño deles:

-Técnicos mecánicos de sinais marítimos.

-Conserxes.

-Conductores (de presidencia e dirección).

-Personal de guindastres.

Este complemento será incompatible cos seguintes complementos:

-Complemento de especial responsabilidade e dedicación.

-Complemento de flexibilidade horaria.

-Complemento de xornada partida.

-Complemento de quendas.

2. Complemento de xornada partida.

Percibirán o complemento de xornada partida aqueles traballadores que habitual e efectivamente realicen o dito horario.

O complemento de xornada partida é incompatible con:

-Complemento de especial responsabilidade e dedicación.

-Complemento de irregularidade horaria.

-Complemento de quendas.

3. Complemento de especial responsabilidade e dedicación.

O obxectivo do dito complemento será compensar a aqueles traballadores dos que os postos de traballo, tendo o carácter de xestión, mando, confianza e/ou xefatura e sempre que non deban realizarse en réxime de quendas, leven implícito nas súas funcións un elevado grao de responsabilidade e de toma de decisión, así como unha maior dispoñibilidade ás necesidades do servicio, sendo fixadas estas circunstancias pola presidencia.

Este complemento asignarase, en todo caso, a:

-Os postos de niveis 11 e 12.

-As/os secretarias/os de presidentes.

Así mesmo, o director da autoridade portuaria poderá asignar este complemento, sempre que con

curran as circunstancias esixidas para o seu recoñecemento, ós postos que se detallan a continuación:

-Os postos de niveis 9 e 10.

-Os técnicos mecánicos de sinais marítimos.

Este complemento será incompatible cos seguintes:

-Complementos de xornada flexible.

-Complementos de xornada partida.

-Complemento de quendas.

Os traballadores que perciban este complemento poderán renunciar á súa percepción.

4. Complemento de especial rendemento no traballo.

O obxectivo do dito complemento será compensar todas aquelas actuacións que favorezan o incremento da productividade, ben sexa a nivel de área funcional, ben a nivel individual, como son:

-Traballos especiais realizados por un departamento/grupo/equipo a requirimento da dirección/presidencia.

-Consecución de obxectivos fixados pola dirección por departamentos/grupos/ equipos.

-Especial desempeño nas tarefas realizadas por efectivos da organización.

-Realización de traballos especiais, xa sexa en grupo ou de forma individual.

En todos e cada un dos marcos de aplicación enunciados, a determinación do grao de cumprimento dos requirimentos, obxectivos, méritos e traballos especiais marcados pola dirección estableceranse mediante un sistema de avaliación.

Co obxecto de evita-la duplicidade na asignación de complementoes, este complemento non poderá compensar situacións que sexan remuneradas polo resto de complementos definidos.

Os programas de productividade que se aproben en desenvolvemento do disposto neste punto non poderán sobrepasar a contía asignada nas resolucións que emita a CECIR para cada un dos exercicios de vixencia do presente convenio.

Disposicións adicionais

Primeira.-Polo carácter público desta autoridade portuaria, o presente convenio colectivo está sometido ó establecido na normativa laboral e orzamentaria (artigos 28 e 40 da Lei 62/1997, do 26 de decembro, que modifica a Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante), requiríndose para a súa validez a previa autorización da CECIR (artigo 35 da Lei 49/1998, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 1999).

Segunda.-Durante a vixencia do presente convenio colectivo, ingresarase a cargo do Fondo de Fins Sociais, a cantidade correspondente ó 1% de nómina. Así mesmo e no prazo de tres meses desde a sinatura do presente convenio colectivo, procederase a efectuar unha revisión e actualización do regulamento deste fondo, podendo establecerse un criterio de reparto conforme o disposto no artigo 21, punto B do I Convenio Marco de Relacións Laborais de Portos do Estado e Autoridades Portuarias, e en atención a posibles fins a alcanzar, quedando encargada a Comisión de Fins Sociais da dita revisión e actualización.

Terceira.-A Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra asumirá a representación e defensa xurídica dos traballadores implicados en accións xudiciais por actos derivados do desempeño das súas funcións.

Disposición transitoria

Os conceptos retributivos correspondentes ó ano 1999 serán os regulados na disposición transitoria segunda do I Convenio Marco de Relacións Laborais de Portos do Estado e Autoridades Portuarias (1999-2003), conforme as contías establecidas nos complementos de posto de traballo ano 1999, números 1 a 7.

A mesa negociadora do presente convenio colectivo acorda e asina a revisión salarial dos conceptos retributivos regulados nel para os anos 2000 e 2001, de conformidade coas táboas que se xuntan como anexo ó presente convenio.

Así mesmo a mesa negociadora encomenda á CPCL as revisións para os anos 2002 e 2003. Os trámites desta revisión iniciaranse por instancia de calquera das partes.

Disposición derradeira

Normativa aplicable.

Para todo o non previsto no I Convenio Marco de Relacións Laborais de Portos do Estado e Autoridades Portuarias e no presente convenio colectivo, será de aplicación o Estatuto dos traballadores e demais leis e disposicións regulamentarias en vigor.

ANEXO I

Complementos de posto de traballo ano 1999

1) Complemento de embarque: 3,185 pesetas/día.

2) Complemento de inmersión: 636 pesetas/hora.

3) Complemento de festivos: 5.380 pesetas/día.

4) Quendas:

NivelQuendas/modalidades

ABC

922.81520.26010.410

820.42018.0859.360

719.11016.9158.735

617.69015.7058.115

517.06515.1707.860

NivelQuendas/modalidades

ABC

416.91014.9457.715

316.61014.7557.630

216.42014.5607.545

116.13014.2857.375

Modalidade A-3 quendas:

A.1) 7 días á semana.

As contías correspondentes incrementaranse en 4.465 pesetas por cada domingo ou festivo efectivamente traballado.

A.2) Só días laborables.

Modalidade B-2 quendas con nocturnos os 7 días da semana.

As contías correspondentes incrementaranse en 4.465 pesetas por cada domingo ou festivo efectivamente traballado.

Modalidade C-2 quendas os días laborables en xornada diurna.

ANEXO I

4) Complemento de flexibilidade horaria 1999:

Valor hora complemento de flexibilidade horaria

NivelModalidade AModalidade B

101.0552.485

91.0102.345

88952.085

78301.950

67951.865

57501.740

47451.725

37301.695

27251.680

17101.650

5) Complemento de irregularidade horaria 1999:

NivelPesetas/mes

832.810

628.755

Técnico mecánico de sinais marítimos 8 e 932.810

6) Complemento de xornada partida 1999:

NivelPesetas/mes

1023.380

921.715

820.040

718.375

617.085

516.255

415.730

315.420

215.255

115.085

7) Complemento de especial responsabilidade e dedicación 1999:

NivelPesetas/mes

1243.030 Técnicos mecánicos de sinais marítimos

1140.880

1038.725

935.500

8 25.815

ANEXO II

Complementos de posto de traballo ano 2000

1) Complemento de embarque: 3.250 pesetas/día.

2) Complemento de inmersión: 650 pesetas/hora.

3) Complemento de festivos: 5.488 pesetas/día.

4) Quendas:

NivelQuendas/modalidades

ABC

923.27020.66510.620

820.83018.4459.545

719.49017.2558.910

618.04516.0208.275

517.40515.4758.015

417.25015.2457.870

316.94015.0507.785

216.75014.8507.695

116.45514.5707.525

Modalidade A-3 quendas:

A.1) 7 días á semana.

As contías correspondentes incrementaranse en 4.555 pesetas por cada domingo ou festivo efectivamente traballado.

A.2) Só días laborables.

Modalidade B-2 quendas con nocturnos os 7 días da semana.

As contías correspondentes incrementaranse en 4.555 pesetas por cada domingo ou festivo efectivamente traballado.

Modalidade C-2 quendas os días laborables en xornada diurna.

ANEXO II

5) Complemento de flexibilidade horaria 2000:

Valor hora complemento de flexibilidade horaria

NivelModalidade AModalidade B

101.0752.535

91.0302.390

89152.125

78451.990

68101.900

57651.775

Valor hora complemento de flexibilidade horaria

NivelModalidade AModalidade B

47601.760

37451.730

27401.715

17251.685

5) Complemento de irregularidade horaria 2000:

NivelPesetas/mes

833.465

629.330

Técnico mecánico de sinais marítimos 8 e 933.465

6) Complemento de xornada partida 2000:

NivelPesetas/mes

1023.850

922.150

821.440

718.745

617.425

516.580

416.045

315.730

215.560

115.385

7) Complemento de especial responsabilidade e dedicación 2000:

NivelPesetas/mes

1243.890 Técnicos mecánicos de sinais marítimos

1141.700

1039.500

936.210

8 26.330

ANEXO III

Complementos de posto de traballo ano 2001

1) Complemento de embarque: 3.315 pesetas/día.

2) Complemento de inmersión: 663 pesetas/hora.

3) Complemento de festivos: 5.598 pesetas/día.

4) Quendas:

NivelQuendas/modalidades

ABC

923.73521.07810.832

821.24718.8149.736

719.88017.6009.088

618.40616.3408.441

517.75315.7858.175

417.59515.5508.027

317.27915.3517.941

217.08515.1477.849

116.78414.8617.676

Modalidade A-3 quendas:

A.1) 7 días á semana.

As contías correspondentes incrementaranse en 4.645 pesetas por cada domingo ou festivo efectivamente traballado.

A.2) Só días laborables.

Modalidade B-2 quendas con nocturnos os 7 días da semana.

As contías correspondentes incrementaranse en 4.645 pesetas por cada domingo ou festivo efectivamente traballado.

Modalidade C-2 quendas os días laborables en xornada diurna.

ANEXO III

4) Complemento de flexibilidade horaria 2001:

Valor hora complemento de flexibilidade horaria

NivelModalidade AModalidade B

101.0972.586

91.0512.438

89332.168

78622.030

68261.938

57801.811

47751.795

37601.765

27551.749

17401.719

5) Complemento de irregularidade horaria 2001:

NivelPesetas/mes

834.134

629.917

Técnico mecánico de sinais marítimos 8 e 934.134

6) Complemento de xornada partida 2001:

NivelPesetas/mes

1024.327

922.593

821.869

719.120

617.774

516.912

416.366

316.045

215.871

115.693

7) Complemento de especial responsabilidade e dedicación 2001:

NivelPesetas/mes

1244.768 Técnicos mecánicos de sinais marítimos

1142.534

NivelPesetas/mes

1040.290

936.934

8 26.857