Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.308

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa El Pote, S.A.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo da empresa El Pote, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 3-5-2002, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo delegado de persoal o día 3-5-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscripción no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de maio de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta

Na Coruña, ás doce horas do día 30 de abril de 2002, reúnese Javier Buján Chamorro, delegado de

persoal de El Pote, S.A., asistido por Nieves Montes, asesora de UGT, en representación dos traballadores da empresa.

Doutra parte, en representaicón de El Pote, S.A. o letrado Miguel Calderón Acero.

O obxecto da reunión é a revisión das táboas salariais do convenio do ano 2001.

En aplicación do disposto no artigo 7 do convenio para o ano 2001 e visto que o IPC real do dito ano foi do 2,7%, adóptase o seguinte acordo:

* Revisa-las táboas salariais de 2001 incrementándoas no 0,7%, con efecto do 1 de xaneiro de 2001, segundo o anexo que se incorpora nesta acta.

E non habendo outros asuntos que tratar, deuse por finalizada a reunión ás trece horas da data.

El Pote, S.A.

Revisión táboas salariais 2001

CategoríaSalario base mensual

Director986,41 euros

Xefe de división876,76 euros

Xefe de centro ou sucursal766,34 euros

Xefe de sección697,01 euros

Dependente maior637,71 euros

Dependente 25 anos590,57 euros

Dependente 22 anos573,65 euros

Dependente con menos de 1 ano547,85 euros

Axudante547,85 euros

Oficial 1º administrativo636,52 euros

Oficial 2º administrativo590,57 euros

Auxiliar administrativo557,51 euros

Decorador697,01 euros

Axudante decoración e publicidade590,57 euros

Escaparatista690,13 euros

Montador de escaparates590,57 euros

Profesional de oficio de 1ª590,57 euros

Profesional de oficio de 2ª573,65 euros

Mozo557,51 euros

Complemento de transporte58,50 euros