Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.306

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Transportes La Unión, S.A.

Vista a acta da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Transportes La Unión, S.A., con

nº de código 3601322, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 13-2-2002, subscrita en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social polo comité de empresa, con data do 2-2-2002. De conformidade co disposto no artigo 7 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 21 de febreiro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Táboa salarial para o ano 2002 do convenio colectivo da empresa Transporte La Unión, S.A.

Acta 2ª

Representación económica:

Javier Lorenzo González.

Leandro Arruti Baqueiro.

Representación social:

Manuel Méndez Rico.

Dositeo Peón Amoedo.

Ignacio Estévez González.

Manuel Rivas Vidal.

Manuel Carmuega Gamallo.

Fernando Trigo Fabeiro.

Asisten os señores arriba sinalados nos locais da empresa, sita en r/ Salvador Moreno nº 155 de Pontevedra, ás 13 horas do día 2 de febreiro do ano 2002. Reúnense a representación social e económica da empresa Transportes La Unión, S.A. para continua-la negociación do incremento da táboa salarial para o ano 2002 do seu convenio colectivo de traballo así como distintos aspectos do mencionado convenio.

Neste mesmo acto a representación social faille á representación económica unha proposta sobre un incremento da táboa salarrial e demais complementos económicos que establece o convenio, consistente no IPC consolidado do ano 2001 incrementado co

1,5%, ofrecendo a parte económica o 1% sobre o IPC consolidado do ano 2001.

Tras longo debate sobre o incremento da táboa salarial para o ano 2002, por acordo unánime de tódolos presentes, fíxase a suba da táboa salarial e demais complementos económicos que establece o convenio nun 4% sobre a táboa salarial do ano 2001 con efectos do día 1-1-2002, que se aplicará a partir da nómina deste mes de febreiro.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase esta acta, que asinan en proba de conformidade tódolos asistentes no lugar e data indicados ó principio.

a) Táboa de salarios desde o 1-1-2002 ó 31-12-2002

Persoal administrativoPtas./mesEuros/mesPtas./h.

extra

Euros/h.

extra

Xefe de servicio170.4571.024,471.95811,77

Enxeñeiro e licenciados148.559892,861.70810,27

Xefe de negociado118.429711,771.3608,17

Oficial de primeira107.109643,741.2327,40

Oficial de segunda100.134601,821.1516,92

Auxiliar administrativo90.579544,391.0416,26

Persoal de movimentoPtas./mesEuros/mesPtas./h.

extra

Euros/h.

extra

Xefe de tráfico de primeira128.608772,951.4808,89

Xefe de tráfico de segunda124.034745,461.4268,57

Xefe de tráfico de terceira116.574700,621.3418,06

Vendedores/as de billetes99.352597,121.1286,78

Persoal de movimentoPtas./díaEuros/díaPtas./h.

extra

Euros/h.

extra

Inspector3.69122,189685,82

Conductor-perceptor3.61321,719475,69

Conductor3.54821,329335,61

Cobrador3.09618,618154,90

Mozo de administración2.95317,757764,66

Persoal de talleresPtas./mesEuros/mesPtas./h.

extra

Euros/h.

extra

Xefe de taller147.398885,881.69410,18

Encargado de taller115.155692,101.3247,96

Persoal de talleresPtas./díaEuros/díaPtas./h.

extra

Euros/h.

extra

Xefe de equipo3.85723,181.0136,09

Oficial de primeira3.17522,339765,87

Oficial de segunda3.54121,289315,60

Oficial de terceira3.38820,368905.35

AprendicesSalario mínimo segundo idade en cada caso

b) Outros conceptos desde o 1-1-2002 ó 31-12-2002.

1. Axudas de custo:

-Servicio de liña regular en Galicia: 7,86 euros (1.307 ptas.) comida, 7,86 euros (1.307 ptas.) cea e 10,34 euros (1.721 ptas.) pernoita.

-Servicio discrecional en España e Portugal: 13,19 euros (2.195 ptas.) comida, 13,19 euros (2.195 ptas.) cea e 15,78 euros (2.625 ptas.) pernoita.

-Resto de países non mencionados anteriormente: 18,86 euros (3.138 ptas.) comida, 18,86 euros (3.138 ptas.) cea e 23,90 euros (3.976 ptas.) pernoita.

2. Quebranto de moeda: 0,85 euros/día (141 ptas./día).

Pontevedra, 2 de febreiro de 2002.