Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.298

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 14 de xuño de 2002 pola que se determinan os servicios mínimos dirixidos a garanti-los servicios esenciais relativos á sanidade na Comunidade Autónoma de Galicia, durante a folga convocada polas organizacións sindicais, Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.-Galicia), Confederación Intersindical Galega (CIG) e Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia), que se levará a efecto desde as 22 horas do día 19 de xuño ás 22 horas do día 20 de xuño de 2002.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servicios públicos ou de reco

ñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ó mantemento dos servicios esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1998, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia santaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta ós conselleiros competentes, por razón dos servicios esenciais afectados, para que, mediante orde e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, así como para determina-lo persoal necesario para a súa prestación.

Convocada folga polas organizacións sindicais Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.-Galicia), Confederación Intersindical Galega (CIG) e Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia), que afecta o conxunto das actividades públicas e privadas do sector sanitario de Galicia, desde as 22 horas do día 19 de xuño de 2002 ás 22 horas do día 20 de xuño, oído ó comité de folga, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-A folga convocada desde as 22 horas do día 19 de xuño de 2002 ata as 22 horas do día 20 de xuño, que afectará o persoal dos centros Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, C.H. Juan Canalejo, C.A. Arquitecto Marcide, Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, Xerencia de Atención Primaria da Coruña Ferrol, F.P. Hospital da Barbanza, Instituto Galego de Medicina Técnica, Hospital Juan Cardona, Empresas de Transporte Sanitario,Centro de Transfusión de Galicia, Centro Oncóloxico de Galicia, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, F.P. Virxe da Xunqueira, F.P. Hospital Salnés, C.H. Xeral-Calde, Hospital Comarcal de Monforte, Hospital Comarcal da Costa, Xerencia de Atención Primaria de Lugo, C.H. de Ourense, Hospital do Barco de Valdeorras, Xerencia de Atención Primaria de Ourense, F.P. Hospital de Verín, Hospital do Meixoeiro, C.H. de Pontevedra, C.H. Xeral Cíes, Hospital Nicolás Peña, Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área Norte e Área

Sur), Hospital da Cruz Vermella de Vigo e POVISA, e demais centros e institucións sanitarias privadas da Comunidade Autónoma de Galicia, enténdese condicionada ó mantemento dos servicios mínimos segundo os criterios que se dipoñen nesta orde.

Os servicios mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para mante-la adecuada cobertura dos servicios esenciais de asistencia sani

taria nos centros sanitarios, en evitación de que se produzan graves prexuízos ós usuarios.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibiliza-lo respecto ineludible ó exercicio do dereito á folga, coa atención ós usuarios que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servicio dispensado.

E por iso, mantéñense os servicios mínimos necesarios para garanti-la asistencia imprescindible a doentes hospitalizados, así como a atención urxente e permanente ós usuarios, que non poden aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

Entrando na análise pormenorizada dos servicios mínimos, poden establecerse os seguintes criterios rectores na determinación do persoal necesario para o mantemento dos servicios esenciais:

I. Servicios mínimos que garantan o persoal necesario para a cobertura da atención urxente e permanente e as emerxencias do 061 (Anexo I).

II. No transporte sanitario programado:

1. Unha cobertura do 100% respecto á atención urxente.

2. Unha cobertura do 100% dos traslados desde as urxencias do hospital para ingresos no servicio correspondente.

3. 100% dos servicios de transporte para diálise.

4. 100% do transporte de pacientes ingresados para ingreso noutros hospitais.

5. 100% de pacientes hospitalizados para realización de probas diagnósticas.

6. Os traslados para tratamentos oncóloxicos, altas hospitalarias, consultas externas, probas en pacientes ambulatorios e rehabilitación cubriranse en caso de que o pacinte necesite padiola, cadeira de rodas ou requira apoio terapéutico.

III. No Centro de Transfusións de Galicia os servicios necesarios para o mantemento do abastecemento sanguíneo en toda a Comunidade Autónoma. (Anexo II).

IV. Nas Institucións sanitarias públicas e privadas autorizadas pola Consellería de Sanidade para a prestación de asistencia sanitaria, os criterios de determinación do persoal para a cobertura dos servicios mínimos será a seguinte:

A) Persoal facultativo dependente de atención especializada:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente nun triple ámbito:

-Servicios de urxencias e gardas médicas.

-Quirófanos urxentes (xerais e de tocoloxía) para a atención dos usuarios que requiran intervención cirúrxica inaprazable no seu ingreso.

-Atención ós paritorios.

II. Cobertura da actividade cirúrxica dos doentes hospitalizados, respecto ás patoloxías que poñan en perigo a vida dos mesmos ou agraven o seu estado de saúde.

III. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garanti-las visitas médicas, a atención indefectible dos doentes hospitalizados e as altas clínicas.

IV. No ámbito de consulta atenderanse as consideradas como urxentes ou preferentes, así como as interconsultas dos doentes hospitalizados que o requiran, a criterio do facultativo. Así mesmo atenderanse as consultas dos doentes desprazados.

V. Garantirase, así mesmo, a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiren ós doentes hospitalizados que, a criterio do facultativo, sexan necesarias.

VI. Garatirase a dispensación de medicamentos e de productos sanitarios, que a criterio do facultativo sexan necesarios.

B) Persoal facultativo dependente das xerencias de atención primaria.

I. Cobertura do 100% da actividade urxente.

II. Os servicios mínimos que se fixan no tramo ordinario de atención, prestarán asistencia urxente ou inaprazable de esa unidade calquera que sexa a modalidade da prestación. A determinación dos efectivos realizarase con base nos tramos seguintes:

-En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

-En centros de cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

-En centros de nove a doce profesiniais: 3 efectivos.

-En centros con máis de 13 profesionais: 4 efectivos.

C) Persoal sanitario non facultativo de atención especializada.

I. Cobertura do 100% da actividade urxente nun triple ámbito:

-Servicios de urxencias.

-Quirófanos urxentes (xerais e de tocoloxía) para a atención dos usuarios que requiran intervención cirúrxica inaprazable no ingreso.

-Atención ós paritorios.

II. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garanti-los coidados dos doentes hospitalizados, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

III. No ámbito de consultas estableceranse mínimos nun doble ámbito:

-Apoio á atención das consultas especializadas consideradas como urxentes ou preferentes.

IV. No ámbito dos servicios centrais, garantirase a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran ós doentes hospitalizados que, a criterio do facultativo, sexan necesarios.

V. Garantirase a dispensación de medicamentos e productos sanitarios.

VI. Unidades especiais: o número necesario para garanti-lo coidado dos pacientes.

D) Persoal sanitario non facultativo dependente das xerencias de atención primaria:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente.

II. Os servicios mínimos que se fixan no tramo ordinario de atención, prestarán asistencia urxente ou inaprazable desa unidade, calquera que sexa a modalidade da prestación. A determinación dos efectivos realizarase con base nos tramos seguintes:

-En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

-En centros de cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

-En centros de nove a doce profesionais: 3 efectivos.

-En centros con máis de 13 profesionais: 4 efectivos.

E) Persoal non sanitario de atención especializada e atención primaria.

I. Urxencias: o 100% do persoal non sanitario.

II. Área de hospitalización: un número de efectivos equivalente ó de domingos ou festivos.

III. Area de admisión de atención primaria:

a) Atención primaria.

-En centros con catro ou menos facultativos: 1 efectivo.

-En centros con cinco a oito facultativos: 2 efectivos.

-En centros de nove a doce facultativos: 3 efectivos.

-En centros con máis de 13 facultativos: 4 efectivos.

b) Atención especializada.

Servicio de admisión e arquivo de atención especializada: un número equivalente ó de domingos ou festivos.

IV. Cita previa: un número de efectivos que garantan a atención do doente que o requira, cun mínimo dun efectivo por centro e ata un máximo do 50% dos efectivos en cada quenda.

V. Atención ó doente: un número de efectivos que garantan a atención o doente que o requira, cun mínimo dun por cento e ata un máximo do 50% dos efectivos en cada quenda.

VI. Servicios de mantemento: un número equivalente ós domingos ou festivos.

VII. Servicio de lavandería e lencería: ata o 50% dos efectivos en cada quenda.

VIII. Limpeza: ata o 50% dos efectivos en cada quenda.

IX. Hostalería: un número mínimo igual ós domingos ou festivos, ou ben un 60% dos efectivos en cada quenda, en función do tamaño das prestacións dependentes de hostalería en cada centro.

Coa finalidade de garanti-lo adecuado mantemento do servicio, servirase, con carácter xeral, un único menú ós doentes que non requiran dieta médica especial.

X. Conductores: o mesmo número de efectivos cós domingos ou festivos, cun mínimo, se é o caso, dun efectivo.

XI. Servicios administrativos:

-Información: o número de profesionais necesarios para garanti-la debida información ós pacientes.

-Persoal: o número imprescindible para garanti-las incidencias e xestións derivadas da folga e como máximo ata o 40% dos efectivos en cada quenda.

-Suministracións: o número imprescindible para garanti-los pedidos urxentes e ata un máximo do 25% dos efectivos en cada quenda.

-Almacén: un número imprescindible para a xestión do almacén e ata un máximo do 25% dos efectivos en cada quenda.

-Contabilidade: un número imprescindible para as xestións urxentes e ata un 25% dos efectivos en cada quenda.

XII. Outras áreas de traballo ou servicios: establecerase, con carácter xeral, un número equivalente ós domingos ou festivos.

A determinación dos profesionais necesarios farase en cada centro por categoría profesional e a súa fixación debe estar adecuadamente motivada. A xustificación debe figurar no expediente de determinación de mínimos de cada centro e debe publicarse adecuadamente para xeral coñecemento dos destinatarios. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios a ponderación dos cales conduce a determina-las prestacións mínimas.

Os profesionais necesarios para a cobertura dos servicios mínimos deberán ser publicados nos taboleiros de anuncios de cada centro, alomenos con 48 horas de antelación á data da folga.

Con tales premisas determínase, no anexo III desta resolución, por grupos profesionais e institucións sanitarias públicas ou privadas con poboación vinculada, o número de servicios mínimos.

Artigo 2º.-A designación nominal, que deberá recaer nos profesionais de xeito rotatorio, será determinada polo director-xerente do centro e notificada ós profesionais designados.

O profesional designado que desexe exerce-lo seu dereito de folga poderá insta-la substitución da súa designación por outro profesional que voluntariamente acepte o cambio de maneira expresa.

Artigo 3º.-Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servicios mínimos determinados no anexo, así como os expostos nos taboeiros de anuncios de cada centro, serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1º do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo).

Artigo 4º.-O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ó persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5º.-Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observa-las normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios.

Artigo 6º.-As empresas privadas autorizadas pola Consellería de Sanidade, que prestan servicios no ámbito da sanidade de Galicia, deberán fixa-lo persoal necesario para garanti-la prestación de recoñecida e inaprazable necesidade de acordo cos criterios e demais disposicións determinados nesta orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2002.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias (1*)12+2(1*)12+2(1*)9

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias997

-Persoal non sanitario
Servicios centrais4
Outros (2*)7+4 (2*)7+5 (2*)5
Outros (3*)206206200

1(*) Ós doce traballadores da quenda de mañá hai que sumar outros dous, un deles en quenda de 10 a 15 horas e outro de 10 a 18 horas.

Ós doce traballadores da quenda de tarde hai que sumar outros dous, un deles en quenda de 15 a 23 horas e outro de 18 a 1 horas.

2(*) Persoal indirecto da Central de Coordinación (telemárketing). Ós sete traballadores da quenda de mañá hai que sumar outros catro, un deles en quenda de 8 a 16 horas, dous de 10 a 16 horas e un máis de 10 a 17 horas.

Ós sete traballadores da quenda de tarde hai que sumar outros cinco, dous deles de 16 a 24 horas, un máis de 17 a 24 horas e dous máis de 22 a 2 horas.

3(*) Persoal indirecto das bases (técnicos de transporte sanitario e pilotos). Suman un total de 406 persoas: nas 100 ambulancias hai 2 quendas de 2 persoas cada unha, total 400; nos 2 helicópteros hai 3 persoas en cada un, total 6 persoas.

ANEXO II

Fundación Centro de Transfusións de Galicia.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Responsables área2
Hemodoazón1014

-Persoal sanitario non facultativo
Control calidade11
HLA21
Criobioloxía11
Procesamento211
Fraccionamento331
Hemodoazón1523

-Persoal non sanitario
Administración7
Promoción1
Hemodoazón59

ANEXO III

Provincia da Coruña

Centro: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias1096
Área cirúrxica522929
Área clínica452121
Servicios centrais241412

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias191916
Área cirúrxica25139
Área hospitalaria223158115
Servicios centrais462812
Consultas12
Unidades especiais544514

-Persoal non sanitario
Urxencias886
Área cirúrxica121
Área hospitalaria312517
Servicios centrais1084
Outros61565

Centro: Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias786
Área cirúrxica403333
Área clínica753737
Servicios centrais251111

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias323123
Área cirúrxica792912
Área hospitalaria164127102
Servicios centrais531910
Consultas620
Unidades especiais846657

-Persoal non sanitario
Urxencias151410
Área cirúrxica1272
Área hospitalaria231711
Servicios centrais133837
Outros2220

Centro: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos de Ferrol.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias432
Área cirúrxica191313
Área clínica1588
Servicios centrais1133

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias666
Área cirúrxica633
Área hospitalaria514133
Servicios centrais1044
Consultas123
Unidades especiais1277

-Persoal non sanitario
Urxencias448
Área cirúrxica21
Área hospitalaria64
Servicios centrais54326

Centro: Fundación Pública Hospital da Barbanza.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias443
Área cirúrxica444
Área clínica322
Servicios centrais433

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias775
Área cirúrxica554
Área hospitalaria1497
Servicios centrais222
Consultas220
Unidades especiais

-Persoal non sanitario
Urxencias111
Outros620

Centro: Hospital Xeral Juan Cardona.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias111
Área cirúrxica444
Área clínica332
Servicios centrais222

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias333
Área cirúrxica222
Área hospitalaria373515
Servicios centrais222
Unidades especiais66

-Persoal non sanitario
Urxencias1
Área cirúrxica1
Área hospitalaria921
Servicios centrais16141
Outros43

Centro: Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias322
Área cirúrxica8(4*)4(4*)4
Área clínica4(1*)1(1*)1
Servicios centrais1(1*)1(1*)1

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias(5+1*) 6(4+1*) 5(2+1*) 3
Área cirúrxica5(2+3*)5(2+3*) 5
Área hospitalaria1286
Servicios centrais32(1+1*)2
Consultas22
Unidades especiais2

-Persoal non sanitario
Urxencias1
Servicios centrais5(1+1*)2(1*)1
Outros **129(1+1*)2

* Localizados.

* Empresas externas.

Centro: Centro Oncolóxico de Galicia.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias111
Área cirúrxica110
Área clínica210
Servicios centrais400

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias000
Área cirúrxica100
Área hospitalaria443
Servicios centrais621
Consultas210
Unidades especiais420

-Persoal non sanitario
Urxencias000
Área cirúrxica000
Área hospitalaria220
Servicios centrais1150
Outros100

Centro: Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo773322

Persoal sanitario non facultativo603222

Persoal non sanitario492110

Centro: Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo632612

Persoal sanitario non facultativo742410

Persoal non sanitario59204

Centro: Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Área da Coruña).

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo1465722

Persoal sanitario non facultativo1284817

Persoal non sanitario823713

Centro: Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Área clínica3

-Persoal sanitario non facultativo
Consultas1

-Persoal non sanitario
Área hospitalaria2

Provincia de Lugo

Centro: Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias786
Área cirúrxica251313
Área clínica3899
Servicios centrais2887

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias12129
Área cirúrxica666
Área hospitalaria775749
Servicios centrais42158
Consultas141
Unidades especiais543623

-Persoal non sanitario
Urxencias778
Área cirúrxica21
Área hospitalaria19157
Servicios centrais430
Outros*70396

Centro: Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias222
Área cirúrxica111110
Área clínica822
Servicios centrais733

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias333
Área cirúrxica744
Área hospitalaria101010
Servicios centrais844
Consultas1000
Unidades especiais210

-Persoal non sanitario
Urxencias222
Área cirúrxica110
Área hospitalaria311
Servicios centrais600
Outros14102

Centro: Hospital da Costa de Burela.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias332
Área de cirurxía111111
Área clínica422
Servicios centrais522

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias553
Área de cirurxía632
Área hospitalaria181812
Servicios centrais1032
Consultas500
Unidades especiais544

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

-Persoal non sanitario
Urxencias333
Área cirurxía
Área hospitalaria53
Servicios centrais3
Outros20102

Centro: Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo1384234

Persoal sanitario non facultativo1374142

Persoal non sanitario1062211

Provincia de Ourense

Centro: Complexo Hospitalario de Ourense.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias964
Área cirúrxica3814+6 localizadas14+6 localizadas
Área clínica4814+2 localizadas11+3 localizadas
Servicios centrais235+2 localizadas4+3 localizadas

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias141413
Área cirúrxica271916
Área hospitalaria15010780
Servicios centrais55189
Consultas15-
Unidades especiais302722

-Persoal non sanitario
Urxencias141714
Área cirúrxica1133
Área hospitalaria33117
Servicios centrais47114
Outros100588

Centro: Hospital do Barco de Valdeorras.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias222
Área cirúrxica844
Área clínica544
Servicios centrais443

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias443
Área cirúrxica444
Área hospitalaria12127
Servicios centrais763
Consultas700
Unidades especiais422

-Persoal non sanitario
Urxencias322
Área cirúrxica110
Área hospitalaria421
Servicios centrais2281

Centro: Xerencia de Atención Primaria de Ourense.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo1203525

Persoal sanitario non facultativo1542719

Persoal non sanitario781914

Centro: Fundación Hospital Verín.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias221
Área cirúrxica744
Área clínica622
Servicios centrais322

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias321
Área cirúrxica422
Área hospitalaria884
Servicios centrais432
Consultas22

-Persoal non sanitario
Servicios centrais1
Outros101

Provincia de Pontevedra

Centro: Hospital do Meixoeiro.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias100%100%100%
Área cirúrxica19**
Área clínica16**
Servicios centrais22**

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias776
Área cirúrxica1663
Área hospitalaria474731
Servicios centrais56127
Consultas14--
Unidades especiais888

-Persoal non sanitario
Urxencias675
Área cirúrxica321
Área hospitalaria1274
Servicios centrais153
Outros51+16**+2***29+16**2

* Naqueles servicios nos que se realizan gardas médicas a cobertura será do 100%.

** Persoal de cociña: 2 cociñeiros/as, 4 ax. de cociña e 10 camareiros/as.

*** Persoal de informática, 2 efectivos.

-Contrata de limpeza, Amalis, S.A.:

Mañá: 17 limpadoras, 5 peóns.

Tarde: 17 limpadoras, 3 peóns.

Noite: 1 limpadora.

-Contrata de cafetería, Maconsi, S.L.

Mañá: 3 camareiros, 4 axudantes de camareiro, 1 cociñero, 1 caixeira e 2 axudantes de cociña.

Tarde: 1 camareiro, 2 axudantes camareiro, 1 caixeira, e 1 axudante de cociña.

Centro: Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias73Gardas
Área cirúrxica32GardasGardas
Área clínica29GardasGardas
Servicios centrais19GardasGardas

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias151511
Área cirúrxica393326
Área hospitalaria574641
Servicios centrais332315
Consultas200
Unidades especiais987

-Persoal non sanitario
Urxencias696
Área cirúrxica441
Área hospitalaria22207
Servicios centrais430
Outros55328

Persoal empresas concertadas:-Limpeza: mañá: 53; noite: 2.-Cociña: mañá: 9; tarde: 8.-Servicio movil: mañá: 2; tarde: 2.-Electromedicina: mañá: 2; tarde: 2.

Centro: Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias643
Área cirúrxica20Persoal

de garda

Persoal

de garda

Área clínica28Persoal

de garda

Persoal

de garda

Servicios centrais17Persoal

de garda

Persoal

de garda

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias141310
Área cirúrxica232014
Área hospitalaria1048064
Servicios centrais53196
Consultas111-
Unidades especiais402620

-Persoal non sanitario
Urxencias9107
Área cirúrxica432
Servicios centrais42-
Outros1117712

Centro: Hospital Nicolás Peña.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Área clínica211
Servicios centrais400

-Persoal sanitario non faculativo
Área cirúrxica000
Area hospitalaria14137
Servicios centrais600
Unidades especiais (p.g.d.p.c.mama)100

-Persoal non sanitario
Área hospitalaria222
Servicios centrais100
Outros (administración/recep-

ción/p.g.d.p.c.mama)

9

1

1

Centro: Fundación Pública Hospital Salnés.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias332
Área cirúrxica444
Área clínica222
Servicios centrais222

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias654
Área cirúrxica444
Área hospitalaria1387
Servicios centrais222

-Persoal non sanitario
Urxencias321

Centro: Hospital da Cruz Vermella de Vigo.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Área clínica111

-Persoal sanitario non facultativo
Área hospitalaria764

-Persoal non sanitario
Área hospitalaria104

Centro: Xerencia de Atención Primaria Pontevedra-Vigo (Área Pontevedra).

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo823220

Persoal sanitario non facultativo732518

Persoal non sanitario623211

Centro: Xerencia de Atención Primaria de Vigo.

Nº de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo764419

Persoal sanitario non facultativo713114

Persoal non sanitario703315

Centro: Policlínico Vigo, S.A. (Povisa), Vigo-Pontevedra.

-Servicios de hostalería.

Cafetería: sen servicios mínimos.

Autoservicio: sen servicios mínimos.

Almacén: un almaceneiro.

Cociña: persoal de domingos.

Limpeza: persoal de domingos.

Limpeza nefroloxía: persoal habitual.

Limpeza urxencias-UCO: persoal habitual.

Limpeza UVI: persoal habitual.

Limpeza clínica de día: persoal habitual.

Limpeza quirófano: persoal habitual.

Camareiras: persoal de domingos.

Lencería: sen servicios mínimos:

-Enfermería:

Plantas de hospitalización: persoal de domingos.

Nefroloxía: persoal habitual.

Hospital de día de quimioterapia: persoal habitual.

Consultas ambulatorias: 50% do persoal habitual.

Quirófano e pos-operatorio: persoal habitual.

Matronas: persoal habitual.

Urxencias-UCO: persoal habitual.

UVI: persoal habitual.

Clínica Colón: sen servicios mínimos.

Queimados: persoal habitual.

Servicios de Cangas: sen servicios mínimos.

HADO: persoal habitual.

Clínica de día: persoal habitual.

-Servicios centrais:

Laboratorio: persoal de sábados.

Bacterioloxía: sen servicios míninos.

Anatomía patolóxica: un técnico.

Farmacia: unha enfermeira en quimio e unha auxiliar.

Rehabilitación: persoal de domingos.

Logopedia: sen servicios mínimos.

Radioloxía xeral: persoal de domingos.

Mamografías: un técnico mañá e tarde.

Ecografías: sen servicios mínimos.

TAC: un técnico mañá e tarde.

RMN: un técnico mañán e tarde.

Radioterapia: persoal habitual.

Medicina nuclear: persoal habitual.

-Administrativos:

Administración: sen servicios mínimos.

Persoal: dous administrativos.

Compras: sen servicios mínimos.

Citas telefónicas: sen servicios mínimos.

Secretaría clínica: sen servicios mínimos.

Arquivo: dous administrativos de mañá e tarde.

UCAS: un administrativo de mañá e tarde.

1ª planta: dous administrativos de mañán e un de tarde.

Policlínica Interior: un administrativo de mañá e tarde.

2ª planta: un administrativo de mañá e tarde.

Recepción central: un administrativo de mañá e tarde e unha quenda partida.

Dirección xeral: un administrativo.

Laboratorio: sen servicios mínimos.

Raios: un administrativo de mañá.

Biblioteca: sen servicios mínimos.

-Servicios xerais:

Mantemento: persoal de domingos.

Control de visitas: persoal de domingos.

Telefonistas: persoal de domingos.

Informática: un informático a quenda partida.

Microinformática: un microinformático a quenda partida.

Ordenanzas: sen servicios mínimos.

-Servicios médicos:

Plantas de hospitalización: persoal de sábados.

Nefroloxía: persoal habitual.

Consultas ambulatorias: 50% do persoal habitual.

Quirófano e posoperatorio: persoal habitual.

Urxencias-UCO: persoal habitual.

UVI: persoal habitual.

Queimados: persoal habitual.

HADO: persoal habitual.

Clínica de día: persoal habitual.

Laboratorio: persoal de sábados.

Anatomía patolóxica: persoal de sábados.

Farmacia: persoal de sábados.

Radioloxía xeral: persoal de sábados.

Radioterapia: persoal habitual.

Medicina nuclear: persoal habitual.

(Estes servicios foron pactados co comité de empresa do centro).

Vigo, Ourense e Santiago de Compostela.

Centro: MEDTEC, S.A.

ServicioNoite 14 xuñoMañá 15 xuñoTarde 15 xuño

Cardioloxía intervencionista1 médico localizado1 médico1 médico localizado

1 ATS localizado2 ATS1 ATS localizado

1 auxiliar de clínica localizado1 auxiliar de clínica1 auxiliar de clínica localizado

1 auxiliar sanitario

ServicioNoite 14 xuñoMañá 15 xuñoTarde 15 xuño

Cirurxía cardíaca (quirófano)2 cirurxiáns localizados2 cirurxiáns2 cirurxáns localizados

1 ATS instrumentista localizado1 ATS instrumentista1 ATS instrumentista localizado

1 ATS perfusionista localizado1 ATS perfusionista1 ATS perfusionista localizado

1 ATS circulante localizado1 ATS cirulante1ATS circulante localizado

1 auxiliar de clínica localizado1 auxiliar de clínica1 auxiliar de clínica localizado

1 auxiliar sanitario localizado1 auxiliar sanitario1 auxiliar sanitario localizado

1 administrativo (cardioloxía cirurxía)

1 coordinador ATS

Reanimación2 ATS3 ATS3 ATS

2 auxiliares de clínica2 auxiliares de clínica2 auxiliares de clínica

1 auxiliar sanitario1 auxiliar sanitario

Diagnóstico por imaxe1 médico localizado1 médico1 médico

1 técnico localizado1 técnico1 técnico

1 administrativo1 administrativo

1 auxiliar sanitario1 auxiliar sanitario

Medicina nuclear1 auxiliar de clínica1 médico

1 técnico

1 ATS

1 auxiliar sanitario

Medicina nuclear. Ourense1 médico

1 técnico

1 ATS

1 administrativo

1 auxiliar sanitario

Radiofísica2 físicos1 físico

Radioterapia1 médico2 médicos1 médicos

3 técnicos (aceleradores)4 técnicos (aceleradores)4 técnicos (aceleradores)

1 ATS (aceleradores)1 ATS (aceleradores)1 ATS (aceleradores)

1 administrativo1 administrativo

1 auxiliar sanitario1 auxiliar sanitario1 auxiliar sanitario

Estructura administrativa (Vigo)1 administrativo (recepción)1 administrativo (recepción)

1 administrativo (apoio)1 administrativo (apoio)

ANEXO IV

A) Provincia da Coruña.

-Clínica Tilve S.L.:

Persoal facultativo: 3.

Persoal sanitario non facultativo: 5.

-Instituto Médico Cirúrxico San Rafael, S.A.:

Persoal facultativo: 43.

Persoal sanitario non facultativo: 95.

Persoal non sanitario: 70.

-Sanatorio Nuestra Señora de la Esperanza:

Persoal facultativo: 3.

Persoal sanitario non facultativo: 17.

Persoal non sanitario: 14.

-Hospital Santa Teresa:

Persoal facultativo: 21.

Persoal sanitario non facultativo: 67.

Persoal non sanitario: 59.

-Instituto Policlínico La Rosaleda (Santiago de Compostela):

Persoal facultativo: 15+1 localizado.

Persoal sanitario non facultativo: 31.

Persoal non sanitario: 21.

B) Provincia de Lugo.

-Policlínico Lucense, S.A. (Polusa):

Persoal facultativo: 21.

Persoal sanitario non facultativo: 39.

Persoal non sanitario: 17.

-Centro Residencial y Rehabilitador San Rafael:

Persoal facultativo: 3.

Persoal sanitario non facultativo: 22.

Persoal non sanitario: 23.

C) Provincia de Ourense.

-Centro Médico El Carmen:

Persoal facultativo 15+9 localizadas.

Persoal sanitario non facultativo: 37+4 localizadas.

Persoal non sanitario: 13.

C) Provincia de Pontevedra.

-Sanatorio Marescot, S.L.:

Persoal facultativo: 3.

Persoal sanitario non facultativo: 8.

Persoal non sanitario: 6.

-Sanatorio Nuestra Señora de la Merced, S.L.:

Persoal facultativo: 6.

Persoal sanitario non facultativo: 16.

Persoal non sanitario: 21.

-Centro Médico El Castro Vigo, S.A.

Clínica Nuestra Señora del Perpetuo Socorro:

Persoal facultativo: 25.

Persoal sanitario non facultativo: 37.

Persoal non sanitario: 27.

-Hospital Miguel Domínguez:

Persoal facultativo: 21.

Persoal sanitario non facultativo: 61.

Persoal non sanitario: 27.

-Clínica Fátima:

Persoal facultativo: 20.

Persoal sanitario non facultativo: 69.

Persoal non sanitario: 47.

-Centro Médico Pintado, S.L.:

Persoal facultativo: 22.

Persoal sanitario non facultativo: 10.

Persoal non sanitario: 11.

-Fremap Centro de Rehabilitación:

Persoal facultativo: 7.

Persoal sanitario non facultativo: 7.

Persoal non sanitario: 5.