Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.298

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 16 de maio de 2002 pola que se fixa o prezo de venda ó público de diversas publicacións.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandado e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2002.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

* Xornadas sobre atención farmacéutica. Presente e futuro da atención farmacéutica: 9,15 euros.

* Guía sobre evidencia científica para la evaluación de tecnologías en internet: 15,3 euros.

* Manual de reanimación cardiopulmonar básica en nenos: 6,05 euros.