Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.778

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DA POBRA DE TRIVES

EDICTO (44/1998).

María Lapido Alonso, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un da Pobra de Trives e o seu partido, fago saber que nos autos de xuízo de menor contía acumulados seguidos ante este xulgado baixo os números 5 e 44 de 1998, consta a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din:

«Sentencia: na vila da Pobra de Trives, o trinta de novembro de 2001, Marcos Ramón Porcar Laynez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia desta vila e o seu partido, vistos os precedentes autos de xuízo de menor contía sobre partición de augas, seguidos co número 5/1998 ós que se acumularon os números 44 de 1998, por instancia de María Pilar Gómez Vázquez, representada pola procuradora Emilia Enríquez Domínguez, contra Argimiro Gómez Vide representado pola procuradora Mónica Vázquez Blanco e os herdeiros de Carmen González declarados en rebeldía. Dictamino que se estima totalmente a demanda presentada por María Pilar Gómez Vázquez, representada pola procuradora Emilia Enríquez Domínguez, contra Argimiro Gómez Vide representado pola procuradora Mónica Vázquez Blanco e os herdeiros de Carmen González declarados en rebeldía e debo condenar e condeno os demandados a partir coa demandante as augas que regan os seus predios, polo que se procede á partición das augas por horas e días conforme

o informe pericial emitido por Francisco Javier Fernández con data do vintenove de outubro, resultando a seguinte repartición: o prado a nome de Folgoso regará desde o luns ás dez da mañá ata o martes ás vinteúnha horas e trinta e cinco minutos da tarde; o pardo a nome de Canilleiros regará desde o martes ás vinteúnha horas e trinta e cinco minutos ata o xoves ás catro horas e cinco minutos da madrugada; o prado a nome da Veiga regará desde o xoves ás catro horas e cinco minutos da madrugada ata o domingo ás quince horas e dous minutos da tarde; o predio propiedade dos herdeiros de Carmen González regará desde o domingo ás quince horas e dous minutos da tarde ata o luns ás dez horas da mañá. Que se estima parcialmente a demanda reconvencional presentada por Argimiro Gómez Vide contra María Pilar Gómez Vázquez, e debo condenar e condeno a demandada reconvencional a que indemnice a Argimiro Gómez na cantidade de catro mil pesetas. Que se condena a Argimiro Gómez Vide nas custas

causadas pola demanda principal. Notifíquese a presente sentencia, con indicación de que cabe recurso de apelación, que se poderá interpoñer neste xulgado dentro do prazo dos cinco días seguintes ó da notificación e que se tramitará conforme as disposicións da Lei de axuizamento civil 1/2000.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado: Marcos Ramón Porcar Laynez. Consta publicada no mesmo día da súa data».

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación en forma ós demandados rebeldes, herdeiros de Carmen González, ós que se lles fai saber que contra a dita resolución poderán preparar recurso de apelación no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto, que expido e asino na Pobra de Trives o trinta de novembro de dous mil.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA