Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.778

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

CÉDULA de emprazamento (198/2002).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña.

Certifico que nos autos seguidos neste xulgado co número 198/2002-ev, por instancia de María del Rosario Bellas Chao, representada pola procuradora Prego Vieito contra Braulio Piñón Ulfe se acordou o emprazamento do demandado mediante a publicación da seguinte cédula de emprazamento:

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e do seu partido, en resolución desta data, dimanante dos autos de separación contenciosa número 198/2002, seguidos por instancia de María Rosario Bellas Chao, representado pola procuradora Prego Vieito, por medio desta cédula emprázase a Braulio Piñón Ulfe, nacido o día 12-8-1934, en Casares-Cerdido (A Coruña) con DNI nº 32523984, fillo de Manuel e Atilana co fin de que no prazo de vinte (20) días compareza nos autos, representado por procurador e defendido por letrado e conteste a demanda, prevíndoo de que en caso de non verificalo darase por contestada a demanda e seguirá o curso dos autos na súa rebeldía, notificándolle as demais resolucións que recaian nos estrados deste xulgado.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia expido este edicto que asino na Coruña o sete de maio de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DA POBRA DE TRIVES