Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.778

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CATRO DA CORUÑA

EDICTO (566/2001).

Luis Pérez Merino, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número catro da Coruña, fai saber que neste xulgado se segue expediente de xurisdicción voluntaria número 566/01-AL por instancia do Ministeiro Fiscal para a declaración xudicial de falecemento de Manuel Rodríguez Montes, nacido o 3 de xaneiro de 1871 na parroquia de Cañás, concello de Carral, A Coruña, fillo de Manuel Rodríguez e Josefa Montes, o cal emigrou a Buenos Aires antes do ano 1920, non se tendo despois desta data ningunha noticia do seu paradoiro.

O que para os fins previstos no artigo 2.042 da LAC se fai público polo presente edicto, para que a persoa que o considere oportuno poida comparecer perante este xulgado para ser oída.

A Coruña, 26 de abril de 2002.

O secretario

Rubricado