Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.779

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (114/2001).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo verbal de faltas nº 114/2001 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Procedemento: xuízo de faltas 114/2001.

En Santiago de Compostela o once de febreiro de dous mil dous.

En nome de El-Rei.

Eu, Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza de primeira instancia e instrucción, vista e oída en xuízo oral e público esta causa xuízo de faltas 114/2001, seguida por unha falta de maltrato familiar, na que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, Beatriz Francisca González García, denunciante-denunciada, Carlos Alberto Taboada Castro, denunciado-denunciante e, como denunciada, Margarita González García, pronunciei a seguinte sentencia.

Resolvo que debo absolver e absolvo a Beatriz Francisca González García, a Carlos Alberto Taboada Castro e a Margarita González García, con declaración de custas de oficio.

Esta resolución no é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña -sección sexta, con sede en Santiago de Compostela no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lles sirva de notificación de sentencia a Beatriz Francisca González García e a Margarita González García, ámbalas dúas actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edic

to en Santiago de Compostela o vinteseis de abril de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA