Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.779

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (201/2001).

Nos autos de xuízo de faltas 201/2001, con data do 1-3-2002, dictouse a seguinte sentencia cun encabezamento e dictame que son do seguinte teor literal:

«Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2002. José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas 201/2001, seguidos neste xulgado sobre fata de respecto ós axentes da autoridade, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, o denunciado Abraham Goyos López (seguen antecedentes de feito. Feitos probados. Fundamentos de dereito).

Dictamino: que debo condenar e condeno a Abraham Goyos López, como autor dunha falta de respecto ós axentes da autoridade, á pena de multa de dez días, fixando o importe da cota diaria da pena de multa na contía de tres euros, e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para que lle sirva de notificación en forma ó condenado Abraham Goyos López, actualmente en ignorado paradoiro, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o seis de maio de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado