Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.664

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (66/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 66/2002 por instancia de Manuel Rosende Alvariño contra Manuel Benito Viloria Fernández sobre despedimento nos que recaeu sentencia con data 23-4-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

Dictamino:

«Que estimando a demanda promovida por Manuel Rosende Alvariño contra Manuel Benito Viloria Fernández debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ó demandante e así mesmo extinguida a relación laboral que unía os litigantes ó día de hoxe, condenando á demandada a estar e pasar pola anterior declaración e o aboamento da cantidade de 5.516,74 euros en concepto de indemnización, e os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata esta resolución, que ascenden á suma de 3.085,13 euros. Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, é indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya,

oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5605, clave 60 a cantidad obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia, debendo consignar ademais a cantidade de 150,25 euros na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Manuel Benito Viloria Fernández, expido e asino esta cédula na Coruña, 29 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado