Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.665

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (864/2001).

Eu, Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous dos de Santiago de Compostela,

Fago saber que neste xulgado do social se segue procedemento nº 864/2001, por instancia de Luis Meijide Viega, en nome e representación de Ramón Javier Meijide Castro, contra Construcciones Covilco, S.L., sobre cantidade, estando o acto de conciliación e xuízo sinalado para o vindeiro día 15 de xaneiro de 2003 ás nove horas corenta minutos, cítase en única convocatoria a empresa Construcciones Convilco 200, S.L., que tivo o seu domicilio na rúa Alfredo Brañas, 18, galerías A Lúa, planta baixa, local 10, e hoxe en paradoiro ignorado, para o que xunto con tódolos medios de proba de que tente valerse compareza neste xulgado, sito na r/ Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á celebración do acto de conciliación e xuízo correspondente. Advírteselle que as sucesivas dilixencias se lle notificarán nos estrados desde xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral e fáiselle saber que a copia da demanda está ó seu dispor na secretaría deste xulgado.

Requírese a Construcciones Covilco, S.L., co fin de que achegue ó acto de xuízo as follas xustificativas de pagamento de salarios, cotizacións á Seguridade Social e libro de matrícula. Cítase, así mesmo, ó representante legal da referida empresa cos apercibimentos do artigo 91.3º da Lei de procedemento laboral, en relación co artículo 304 da LAC, en relación co artigo 292 da mencionada lei.

E para que conste e lle sirva de notificación, citación e requirimento á demandada Construcciones Covilco 2000, S.L., expídese este edicto en Santiago de Compostela, 2 de maio de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA