Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.665

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2002, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información públia o estudio de impacto ambiental do proxecto constructivo de alargamento e acondicionamento do acceso oeste ó Grove. (Clave N-PO-95.6).

Aprobado tecnicamente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Polí-

tica Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, de data 29 de outubro de 1997, o proxecto constructivo de alargamento e acondicionamento do acceso oeste ó Grove, clave: N-PO-95.6, sométese ó trámite de información pública o estudio de impacto ambiental contido neste, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que as persoas que o estimen oportuno, poidan formular por escrito ante o Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, no Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, na Dirección Xeral de Obras Públicas, e na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2002.

Gerardo Pallares Sánchez

Subdirector xeral de Estradas